"Para viaxar lonxe non hai mellor nave ca un libro"                                (Emily Dickinson)    

 

ANPA

ANPA XUNTANZA

in

 

 

 

 

 

QUEN SOMOS?

A Anpa Xuntanza, é unha Asociación de Nais e Pais de Alumn@s do CRA A Picaraña. Tendo en conta as características deste centro, formado por 8 aulas de educación infantil, situadas en distintas parroquias do noso concello: Pías, Ribadetea, San Mateo, Moreira, Parada e Portela (dúas aulas). Polo cal, a formación desta Anpa, baséase na representación de cada unha das aulas nesta asociación, sendo un factor moi importante contar con un ou dous representantes, por aula, e así chegar dun xeito máis directo a cubrir as necesidades de cada unha delas.

 

QUEN A FORMAMOS?

Neste curso escolar 2019/20, a ANPA está contituída do seguinte xeito:

PRESIDENTE

ANXO MANUEL FERNÁNDEZ SABORIDO (Moreira)

VICEPRESIDENTA

ISABEL AMOEDO MARTÍNEZ (Areas)

SECRETARIOS

SAMUEL OTERO BARROS (Parada)

TESORERO

SERGIO DOMÍNGUEZ REPRESAS (Areas)

REPRESENTANTE DA ANPA NO CONSELLO ESCOLAR

SAMUEL OTERO BARROS (Parada)

 

FINALIDADE DA ANPA:

- Asesorar e informar aos pais e nais no que respecta á educación dos fill@s e promover que exerzades os vosos dereitos e deberes.
- Promover a calidade educativa.
- Colaborar co Equipo Docente para o bo funcionamento das aulas.
- Potenciar a participación das familias na vida das aulas.
- Facilitar a representación e participación dos pais/nais dos alumnos ante as Institucións.

 

CANTO É A CUOTA DE SOCIO?

A cuota de socio é de 15 € anuais por familia, é decir, que se hai varios irmáns escolarizados, só pagan unha cuota e beneficiarase toda a familia.
Dita cuota deberase abonar antes do 31 de Outubro.

• PAGANDO A CUOTA DE SOCIO, A QUE TEMOS DEREITO:
- Ao longo do curso fanse varias excursións (teatro, parque, etc.) e a ANPA financia parte do gasto dos nenos socios.
- Como remate do curso facemos unha excursión para pais e nenos. Noutros anos visitamos: Marcelle Natureza, DiverLanhoso, MagikLand,…

Estas excursións están pensadas principalmente para os nenos, ainda que os adultos tamén participamos e nos divertimos. Para axudar ao finanzamento desta actividade fanse rifas.

-  A cada familia socia entrégaselle un Carnet Desconto válido en varios establecementos colaboradores da vila.

-  Tamén por ser socios os nenos benefícianse de descontos nas Actividades Extraescolares.

 

 

Distribuir contido

Back to top