"Para viaxar lonxe non hai mellor nave ca un libro"                                (Emily Dickinson)    

 

Curso 2021-2022

LETRAS GALEGAS 2022

 

Festexamos o Día das Letras Galegas, adicado a Florencio Delgado Gurriarán, coa publicación do noso primeiro dicionario agrícola. 
 
Grazas á colaboración do noso alumnado e ás familias, que tomaron fotografías das verduras, froitas, apeiros de labranza, dos insectos ou das accións que se levan a cabo na horta, co fin de que non nos esquezamos de nomear na nosa lingua todos os elementos referidos coa horta. Todo enmarcado no Proxecto Documental Integrado “Hortarte” que se está a desenvolver nas aulas. 
 
Podes ver aquí o dicionario en formato dixital e físico na nosa Biblioteca de Ganade ou en cada unha das aulas. 
 
 

8 de marzo

Afondando no traballo de Joseba Muruzábal e as súas súperavoas rurais, dende o EDLG e o Equipo de Biblioteca animamos a cada aula a facer un análise da obra deste artista e realizar un mural no que se dotase a unha muller do rural con superpoderes. 

Para ver o resultado, accede ao seguinte enlace do noso Instagram: 

https://www.instagram.com/p/Ca7eDAasoeC/?utm_medium=copy_link

Entroido

Continuando co traballo que estamos desenvolvendo en torno ás mulleres rurais, o Equipo de Biblioteca e o EDLG lanzamos a proposta de coñecer ao artista Joseba Muruzábal e os seus muráis de “Fenómenos do rural”, onde as avoas convértense en superheroínas dotadas de poderes sobrehumanos. 

Así, decidimos disfrazarnos de superheroínas e superheroes do rural, onde a bata foi o elemento básico dos nosos disfraces. 

 

 

Podedes ver varias fotos do Entroido nas distintas aulas no Instagram e na páxina web do centro: 

 

https://www.instagram.com/p/Ca7eDAasoeC/?utm_medium=copy_link

 https://youtu.be/i8oIXZJLyWs

 

 

AS MANDADIÑAS DA MECA NO ENTROIDO

Coa chegada do Entroido, ao longo de toda a semana, puxemos en marcha unha serie de propostas nas nosas aulas e animámosnos a seguir as divertidas mandadiñas da Meca.

 


 

Para ver algunhas das actividades, podedes ir aos seguintes enlaces do Instagram do noso centro:

https://www.instagram.com/p/Cau4GLdLLu5/?utm_medium=copy_link

 

https://www.instagram.com/p/Cau5VJZLAd1/?utm_medium=copy_link

DÍA DE ROSALÍA

Dende o EDLG animamos a toda a comunidade educativa a que, o 23 de febreiro, se sumase á iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega de agasallar cun libro e unha flor ás amizades.

Sumámonos ao lema #SementedePensamentos, plantamos pensamentos nos nosos patios, a flor favorita de Rosalía, e recitamos os seus poemas.

Aquí podedes ver o pdf da proposta: 

 

No noso Instagram tedes acceso a diversas fotografías das actividades desenvoltas:

 

https://www.instagram.com/p/CaUnXkfscTi/?utm_medium=copy_link

Samaín e Magosto

Para conmemorar o Samaín e o Magosto, dende o EDLG, lanzamos una serie de propostas tendo en conta unha premisa esencial: o respecto.
 
O respecto pola tradición e a cultura galega, polo fomento da creatividade no alumnado, polo uso de materiais naturais da nosa contorna e polos gustos persoais de cada nena e neno.
 
Deste xeito, e continuando coa liña do pasado curso, animamos á cativada a realizar un obradoiro de calacús, a vir disfrazada creando o seu propio disfraz de Samaín a través de roupas vellas e farrapos, e a traer castañas para poder festexar o Magosto.
 
Se queredes ver algunha fotografía das actividades levadas a cabo, podedes acudir ao Instagram do noso centro:
 
 
 
 
 

Día das mulleres rurais

Dende o EDLG e mais o equipo de Biblioteca, queremos conmemorar o Día Internacional das Mulleres Rurais, o 15 de outubro, co obxectivo de recoñecer a súa contribución ao desenvolvemento rural e agrícola, á erradicación da pobreza e, que co seu traballo de labrar a terra e plantar sementes, están a contribuír e asegurar a alimentación das súas comunidades, así como a proporcionar alimentos a nacións enteiras.

Por iso, e partindo da obra “tributo á bata” da fotógrafa artística Lucía Herrero, trataremos de darlles visibilidade ás mulleres que sostiveron e sosteñen, en gran parte, a vida das aldeas, de todas e de todos. Inicialmente, realizarmos un visionado das súas fotografías, conversaremos sobre que nos suxiren, a que mulleres nos lembran, a súa importancia,… Para despois pedirlle ao alumnado e ás familias que fotografíen ás mulleres rurais máis próximas para renderlles así tributo.

https://www.luciaherrero.com/tribute-to-la-bata#2

 

Distribuir contido

Back to top