"Para viaxar lonxe non hai mellor nave ca un libro"                                (Emily Dickinson)    

 

Biblioteca

BIBLIOTECA CRA A PICARAÑA

A #bibliopicaraña 

O proceso do cambio da biblioteca foi longo pero, os resultados, falan por si mesmos. Este ano experimentamos que pequenas/os e adultas/os vivenciaramos este espazo e que as propias experiencias nela nos marcaran os cambios que facer, os recursos a utilizar, modificar… e por suposto, seguirá cambiando, seguirá medrando.

Ter entrado no #plambe e co apoio das @bescolaresgal fixo posible a creación do novo espazo, ademais das obras que executou o concello de Ponteareas na escola, xa pechada, de Ganade.

Biblioteca 2019/2020

O CRA A Picaraña intégrase no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2019/20, recollido na ORDE do 10 de setembro de 2019 pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería, para o curso 2019/20.

Isto supón un gran paso para o noso centro, xa que nos permite ter unha biblioteca moito máis completa e atractiva para o noso alumnado.

Para iso, todo o noso traballo relacionado coa biblioteca vai quedar recollido nun blog. Para poder acceder só teremos que facer clic na seguinte imaxe:

 

Lendas de Ponteareas

Presentámosvos a nosa recopilación de lendas do noso municipio, na que @s nen@s de cada unitaria recopilaron unha lenda da súa contorna.

 

Información de interese

Día da POESÍA e dos BOSQUES

Que mestura fermosa verdade? Pois eso fixemos nós... POESÍA no BOSQUE. 

Representamos poemas e invitamos a que as persoas que pasaran polo paseo

da MOSCADEIRA en PONTEAREAS colleran o seu poema, para gozar da súa

lectura, no bosque ou en calquera outro lugar.

 

Caixa Rosaliana

En marcha a nosa caixa “Rosaliana” que visitará todas as aulas, permitiranos, dunha maneira visual e participativa, COÑECER e SENTIR a esencia de ROSALÍA.

 

Maleta Viaxeira cargada de poemas e cómics

Escoitar, ver e sentir... LER. Intriga, curiosidade e hipóteses para saber que tiña a maleta que tanto pesaba... 

Nada máis que libros e máis libros... nada menos que libros e máis libros de poesía, máis e máis libros de cómic.

Día do amor

Celebrando o AMOR dende a BIBLIOTECA. 

REPÁRANSE CORAZÓNS❤️ Taller de corazóns. @oqoeditora 

Hoxe fixemos un taller de corazóns recreando e interiorizando o que nos presenta o conto, unha artesanía marabillosa na que non se arranxan zapatos, nin paraugas, ni se restauran mobles ou se zurcen descosidos pantalóns.

REPÁRANSE CORAZÓNS DANADOS. Nós intentamos arranxar uns cantos, para que cada pedaciño roto poida ser coidadosamente pegado.

Festexando o Día da Paz

Distribuir contido

Back to top