"Para viaxar lonxe non hai mellor nave ca un libro"                                (Emily Dickinson)    

 

Curso 2020-2021

LETRAS GALEGAS 2021

Ao longo de toda a semana dedicada ás Letras Galegas, traballamos á escritora, poeta, editora, tradutora e docente Xela Arias, símbolo de inconformismo e rebeldía da nosa terra. 
Quixemos abordar a súa faceta como tradutora, polo que primero escoitamos fragmentos de contos noutros idiomas e, cando comprobamos que non os entendíamos, afondamos na importancia da tradución para a nosa lingua.
 
“O idioma é o principal signo dunha cultura. Quere iso dicir que un pobo que se alonxa do seu idioma alónxase da súa cultura. Quere iso dicir que a un pobo ó que alonxan do seu idioma alónxano da súa cultura.” XELA ARIAS, 1988.
 
Podes visitar no noso instagram a publicación referente ás Letras Galegas premendo na seguinte ligazón: https://www.instagram.com/p/CO9z_Nflm6I/?utm_medium=copy_link

NO MAIO, LE EN GALEGO

A lectura en galego é unha recomendación para todo o ano, pero especialmente polo maio, mes dedicado ás nosas letras. De forma conxunta, o EDLG e máis a Biblioteca do CRA A Picaraña, temos as seguintes recomendacións para toda a familia, nas que, por suposto, destaca a presenza dos libros da homenaxeada este 17 de maio, Xela Arias:

 

Podes descargalo aquí: 

 

XELIÑA FALA GALEGO

OS MAIOS

Coa chegada da primavera e do quinto mes do ano, desde o EDLG quixemos darlle unha voltiña á celebración dos Maios e enchemos de flores as nosas cabezas.

Se che apetece ver algunhas fotografías de como fixemos esta actividade, preme na seguinte ligazón do noso instagram: https://www.instagram.com/p/COfyfAZFdZe/?igshid=bnuudy4x7tmp

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS (“Podcast”)

Unha das propostas que partiron do Equipo de Biblioteca e que impulsan, ademais do fomento lector e o gusto pola literatura infantil, o uso da lingua galega, son as recomendacións literarias que realiza cada trimestre o alumnado de cada unha das aulas.

Podes escoitalas na páxina da Biblioteca, nesta ligazón: https://crapicaranatics.wixsite.com/biblioteca/events

Anímate a ler os libros recomendados!

DÍA DA POESÍA

Hai que deixar que a poesía saia á rúa, quitala do sillón do lector.”

(Xela Arias, 1990)

 

Como cada 21 de marzo, a Biblioteca, en colaboración co EDLG, impulsou a celebración do Día da Poesía. Desta ocasión, o alumnado representou artísticamente varios poemas de tres poetas galegas: Helena Villar JaneiroAna María Fernández e máis Rosalía. Tivemos moita fortuna, pois o bo tempo acompañounos, de xeito que puidemos sacar as poesías ao exterior e gozar así tamén da primavera. 

 


 

Podes ver máis imaxes no instragam do noso centro: https://www.instagram.com/p/CMwD5-eloUI/?igshid=1mjdzvfwmpu1i

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

Un ano máis conmemoramos a data do nacemento da nosa galega máis ilustre, a pioneira e continua fonte de inspiración. Ademais de convertela na guía da nosa Biblioteca de centro, dende o EDLG propuxemos unha xincana para festexar o aniversario de Rosalía. 

O alumnado tiña que resolver seis probas, se eran quen de facelo con éxito o profesorado dáballes unha pista de onde se agochaba a peza dun crebacabezas que terían que compoñer ao rematar todas as probas.

Dende as seis aulas do CRA gozamos deste día con probas como:

 

Para ver máis imaxes de como festexamos esta conmemoración podes visitar a nosa páxina de instagramhttps://www.instagram.com/p/CLr0JlHFhDm/ e, máis concretamente, o enlace adicado a esta actividade:

https://www.instagram.com/p/CLr0JlHFhDm/?igshid=1a2m25ry5lmm2

ENTROIDO

Partindo dos libros ¨É tempo de Entroido¨ e ¨Non pare a festa¨ de Ramón D.  Veiga e David Sierra da editorial Xerais, elaboramos un ficheiro de tarxetas cos personaxes e as figuras máis representativas do Entroido tradicional galego, para que o noso alumnado tivera a oportunidade de coñecer e, dalgún modo, gozar das diversas e numerosas celebracións que se dan na nosa terra. 


Tamén fixemos en todas as aulas obradoiros de máscaras como os Volantes, Cigarróns e Peliqueiros ou do Entroido máis tradicional da zona de Ponteareas, recuperando as Perriñas, os Mudados e xs Mamarrachxs ou Farrapeirxs. 

Se queres ver un anaquiño máis, podes facelo no noso instagram:

https://www.instagram.com/p/CLWXy28lolc/?igshid=klwnp36twhvp

https://www.instagram.com/p/CLRvfTSFuQP/

https://www.instagram.com/p/CLUNoRSlehc/

https://www.instagram.com/p/CLAYveEl5es/

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Un dos obxectivos do EDLG este curso foi dar visibilidade a mulleres galegas que destacan ou destacaron en diversos eidos de traballo, a través da posta en marcha do ficheiro ¨Galegas que marcan o bo camiño¨.

Así coñecemos a María Xosé Alonso, unha farmacéutica e investigadora galega, nada na provincia de León. Presente en diversos comités e asociacións científicas, e gañadora de múltiples premios polo seu incansable traballo, foi a primeira muller catedrática en farmacia na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente traballa nunha vacina para a COVID-19. 

Co gallo do ¨Día Internacional da muller e a nena na ciencia¨, o alumnado do CRA A Picaraña decidiu preguntarlle a María Xosé polas súas inquedanzas, quen nos respondeu amosando unha inmensa amabilidade, proximidade e amor pola súa profesión, alentando deste modo nas nenas e nenos o interese e a ilusión pola ciencia. 

 

 

Tamén podes velo no instagram do noso centro:

https://www.instagram.com/p/CMZ3q5jltFb/

 

O APALPADOR

Coa chegada do Nadal, o EDLG en colaboración co Equipo de Biblioteca, quixemos que a figura do entrañable Apalpador percorrese todas as aulas a través dunhas caixiñas que contiñan un conto, diversos xogos de madeira e unha carta dirixida ao noso alumnado procedente directamente do Courel, alentando ás nenas e nenos a escribir os seus desexos tras un ano tan duro, no que tivemos que afastarnos de persoas e vivencias tan importantes para nós.

 


No noso instagram podes ver máis:

https://www.instagram.com/p/CI43PEWFWBE/

Distribuir contido

Back to top