"Para viaxar lonxe non hai mellor nave ca un libro"                                (Emily Dickinson)    

 

Curso 2019-2020

NÓS TAMÉN CREAMOS

As profes Lucía e Sara e o teacher Jaime do C.R.A. A Picaraña de Ponteareas animámonos a  participar no programa do Plan Porxecta: NÓS TAMÉN CREAMOS, trala suxestión da equipa de Biblioteca, e como o noso alumnado gústalle tanto os contos e as curtas de OQO, non dubidamos en animarnos a participar.

O alumnado que se embarca con nós nesta aventura son as nenas e nenos das aulas de Ribadetea e Parada, con 9 cativas cada aula, 18 rapaces e rapazas de 3, 4 e 5 anos. De seguro que ás demais aulas do cole tamén lles apetecía moitísimo participar, pero son máis numerosas, e ao sermos un colexio rural coas súas aulas distanciadas por varios quilómetros, non é tan doado como parece. 

Así que logo das profes embarcarnos nesta aventura, tivemos que comunicarllo ao noso alumnado. Para empezar, nas dúas aulas volvemos a proxectar as diferentes curtas de OQO para familiarizarse co stop motion e dicirlles que Nós tamén participamos neste proxecto e que  se preparen para filmar a nosa primeira curta!

 

 

  Preme na imaxe para poder acceder o contido.

 

SEMANA DAS LETRAS E DA CULTURA GALEGA

PINCHA NA IMAXE PARA ACCEDER A TÓDALAS PROPOSTAS

Distribuir contido

Back to top