"Para viaxar lonxe non hai mellor nave ca un libro"                                (Emily Dickinson)    

 

blogue deadmin

Equipo CRA A PICARAÑA 2020-2021

Mans limpiñas

Xa estamos de volta!!!

Graduación curso 2019/2020

NÓS TAMÉN CREAMOS

As profes Lucía e Sara e o teacher Jaime do C.R.A. A Picaraña de Ponteareas animámonos a  participar no programa do Plan Porxecta: NÓS TAMÉN CREAMOS, trala suxestión da equipa de Biblioteca, e como o noso alumnado gústalle tanto os contos e as curtas de OQO, non dubidamos en animarnos a participar.

O alumnado que se embarca con nós nesta aventura son as nenas e nenos das aulas de Ribadetea e Parada, con 9 cativas cada aula, 18 rapaces e rapazas de 3, 4 e 5 anos. De seguro que ás demais aulas do cole tamén lles apetecía moitísimo participar, pero son máis numerosas, e ao sermos un colexio rural coas súas aulas distanciadas por varios quilómetros, non é tan doado como parece. 

Así que logo das profes embarcarnos nesta aventura, tivemos que comunicarllo ao noso alumnado. Para empezar, nas dúas aulas volvemos a proxectar as diferentes curtas de OQO para familiarizarse co stop motion e dicirlles que Nós tamén participamos neste proxecto e que  se preparen para filmar a nosa primeira curta!

 

 

  Preme na imaxe para poder acceder o contido.

 

Listaxe provisional de alumnado. Admisión curso 2020/2021

Debido á Lei de Protección de datos as listaxes estarán expostas no taboleiro de Secretaría do centro desde o luns 8 de xuño. Tamén podedes chamar ao teléfono do mesmo para poder consultálas (886 11 05 88) en horario de 9:00 a 14:00.

Ao mesmo tempo serán accesibles electrónicamente para a cidadanía a través da aplicación web admisiónalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)de xeito que as familias poden acceder aos seus datos e consultar o estado da súas solicitudes a través do menú SOLICITUDES > ADMISIÓN > RECUPERAR.

SEMANA DAS LETRAS E DA CULTURA GALEGA

PINCHA NA IMAXE PARA ACCEDER A TÓDALAS PROPOSTAS

REAPERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN

EU TAMÉN QUEDO NA CASA

Presentámovos a nosa nova web "EU TAMÉN QUEDO NA CASA", coa finalidade de aportar unha serie de propostas de actividades e recursos para estas semanas.

Nela atoparedes, en primeiro lugar, unha imaxe da páxina oficial do SERGAS referida ó coronavirus. Ó premer nela, redirixiravos a dita páxina e poderedes consultar información actualizada así como numerosos consellos.

Posteriormente, veredes varios apartados destinados a aportar propostas de actividades e diversos recursos.

Para poder acceder á páxina "EU TAMÉN QUEDO NA CASA", preme na seguinte imaxe.

 

Permaneceremos pechados

Distribuir contido

Back to top