"Para viaxar lonxe non hai mellor nave ca un libro"                                (Emily Dickinson)    

 

"Móvete+" (2018/2019)

Móvete+

Este ano a nosa participación no Plan Proxecta é através do Proxecto Deportivo de Centro (PDC) na modalidade de Móvete+.

Móvete+ é unha proposta para toda a comunidade do centro educativo. Trátase de promover a actividade física a través dunha acción de carácter lúdico, transversal, divertida e ao mesmo tempo sumar máis cantidade de exercicio físico para achegarnos ao que recomenda a Organización Mundial da Saúde.

O obxectivo principal é fomentar a actividade física a través de actividades con música e movemento. Todo isto quedará reflectido unha coreografía. 

Tódalas actividades do Móvete+ estarán recollidas no noso blog:

Blog: A picaraña móvese+

Distribuir contido

Back to top