"Para viaxar lonxe non hai mellor nave ca un libro"                                (Emily Dickinson)    

 

"Aliméntate ben" (2017/2018)

RESUMO PLAN PROXECTA: Ponlle as pilas ao teu bocata

Este curso escolar dimos moito a lata. No seguinte vídeo podedes ver o resumo do noso proxecto:

 

Ponlle pilas ao teu bocata from Jennifer Estevez Ruiz on Vimeo.

A SORPRESA DE GOLFO EN PÍAS

As nenas e os nenos de Pías duante este curso escolar, recibiron a súa Golfobolsa chea de conservas de produtos do mar. Con elas descubriron novos sabores e texturas, realizaron talleres de cociña, xogaron a descubrir máis conservas na PDI... resultou unha experiencia moi positiva!

 

"MAXIA" EN MOREIRA

Os nenos e as nenas de Moreira atoparon na aula unhas latas de conservas de produtos do mar, as cales chegaron “maxicamente” acompañadas dunha carta de Golfo, a mascota da biblioteca. Tiveron que investigar nestes trimestres moitas cousas sobre as mesmas. Ademais puxeron a proba os seus sentidos, xa que tiveron que comparar a través do gusto e do olfacto as diferenzas entre as mesmas.

Tamén degustaron numerosas receitas que elaboraron eles mesmos na aula: paté de mexillóns, tostas de atún con pemento do piquillo... 

Aproveitaron as caixas das conservas para o supermercado da aula e coas latas fixeron uns testos moi orixinais para as súas plantas. 

 

 

 

MURAIS E MAPAS CONCEPTUAIS

Ao longo do curso plasmamos o que sabíamos e o que queríamos saber sobre as conservas de produtos do mar e sobre unha alimentación saudable. Todo isto quedou reflectido en diversos murais. Así de chulos quedaron! 

AS COCIÑEIRAS E O COCIÑEIRO DE SAN MATEO

As alumnas e o alumno de San Mateo investigaron sobre os beneficios das conservas de produtos do mar ao longo deste curso. Descubriron que teñen moitos nutrientes importantes para a nosa saúde dentro dunha dieta equilibrada e que conservan todas as súas propiedades. Ademais grazas ás conservas que lles deixou Golfo na aula, puideron demostrar as súas dotes culinarias; elaboraron pizza de atún e tostas de paté de mexillón e sardiña. Tamén promocionaron o consumo de conservas entre as súas familias elaborando bolsas de papel co lema “Do mar á lata”.

 

OS E AS "CHEFS" DE PARADA

Os nenos e as nenas de Parada, ao longo do curso escolar, convertéronse nuns magníficos cociñeiros. Coa axuda das súas familias elaboraron unha chea de receitas as cales tiñan como ingrediente estrela as conservas de produtos do mar. Despois de cociñar unhas suculentas pizzas, empanadillas... puideron probalas. Resultou sen dúbida, unha experiencia culinaria moi agradable.

Tamén recibiron a visita dunha extraballadora dunha conserveira, a cal lles explicou moi polo miúdo como era o proceso de elaboración das conservas de produtos do mar. Os cativos e as cativas puideron resolver todas as súas dúbidas nun coloquio moi ameno.

 

 

GOLFO SORPRENDE AOS NENOS E NENAS DE AREAS CUNHA CHEA DE CONSERVAS

Os alumnos e alumnas de Areas trouxeron da casa diversos tipos de conservas diferentes ás que lles deixou Golfo na aula, a nosa mascota de biblioteca, na golfobolsa. Puideron  observar as diferenzas entre os envases así como o contido das mesmas. Ademais tamén elaboraron coas súas familias receitas, libros e contos. Con todo isto fixeron un recuncho moi rico e saudable na aula.

 

XOGAMOS COA PDI

Os nenos e nenas de Ribadetea investigaron sobre as conservas. Para isto indagaron na web Ponlle pilas ao teu bocata http://www.ponlleaspilasaoteubocata.xunta.es/ . Ademais atoparon uns xogos moi divertidos os cales realizaron na PDI da aula.

XOGAMOS COAS CONSERVAS

Nas sesións de psicomotricidade os alumnos e alumnas realizaron actividades relacionadas coa alimentación. Xogaron ao pilla das froitas, foron ao supermercado cos ollos tapados e clasificaron ditos alimentos. Tamén saíron a pescar, levaron os peixes á conserveira e clasificaron as latas. Resultaron unhas sesións moi divertidas!

 

OS "CHEFS" DE PORTELA

Os cativos e as cativas de Portela cociñaron uns deliciosos patés de consevas. Gozaron coñecendo as diversas propiedades, sabores e texturas das conservas. Moitos deles non probaran algúns dos produtos e encantoulles experimentar novos sabores.

Ademais de facer unha cata, elaboraron un paté que non deixou indiferente a ninguén. Resultou unha xornada nutritiva e divertida.

Distribuir contido

Back to top