Polo Nadal, dende o EDLG, animamos a impulsar a figura do Apalpador nas nosas aulas.
Por tanto lanzamos dúas propostas a levar a cabo co alumnado, en torno a este personaxe tradicional da nosa terra.
Unha delas consistía en vestir ao Apalpador con retais de tea, simulando a vestimenta que tanto o caracteriza.
A outra proposta era a creación dun espazo para que as nenas e nenos elaborasen os seus propios xoguetes con paus, madeira e cartóns, baseándonos na mensaxe de respecto pola natureza que el representa.
Se queres ver algunha fotografía máis destas actividades, podes acceder ao noso Instagram do centro, nos seguintes enlaces: