"Para viaxar lonxe non hai mellor nave ca un libro"                                (Emily Dickinson)    

 

Magostín

OS CALACÚS

O Samaín é unha festa que provén dos nosos antepasados castrexos-celtas, pobos afoutos que viviron en Galicia.

Celebraban unha gran festa para conmemorar o final da colleita, gardar provisións para o inverno e dar a benvida ao

Novo Ano Celta. Tiñan a crenza de que esa noite, as ánimas dos mortos volvían a visitar ás súas familias. Por iso

acostumaban a facer farois con nabos e carbón quente para guiar os espíritos bos de volta aos castros e espantar os

malos (as cabazas foron posteriores, pois importáronse de América).

Co auxe da relixión cristiá, esta antiga festa celta comezou a chamarse Día de Todos os Santos, en inglés All Hollow’s

Eve, pois en Irlanda, Inglaterra ou Escocia, onde habitaron tamén pobos celtas, mantívose a festa do Samaín, e

trasladouse a América coas emigracións, derivando no mundialmente coñecido Halloween.

O feito é que, da antiga festa celta, ao longo dos anos en Galicia mantívose a tradición de celebrar a festa da fin da

colleita mediante os magostos. E en moitos puntos de Galicia tamén se mantivo a tradición de alumear a noite con

farois feitos con nabos ou cabazas para guiar os espíritos. En Xermade, fan farois con remolachas e chámanlle

BONECAS. Nas Rías Baixas, adornan cabazas coas espigas do millo, coma se tivesen cabelo, mais non lle poñen luz

, e chámanlle CALACÚS. En Cedeira chámanlles CALIVERAS de melón. En Ortigueira CALABAZOTES, en Ourense

COLONDROS,…

Dende o EDLG da Picaraña, propoñémosvos a todas as familias que, recuperemos xuntas as

nosas tradicións e para iso realicedes o voso CALACÚ (poden estar baleiros ou non, ao xeito

tradicional), decorados con elementos naturais, como espigas, castañas, landras, noces,

follas,… ou como vos apeteza! 

O día que vos toque visitar Ganade para a celebración do Magostín, traédeo á biblioteca para

que toda a comunidade educativa poda desfrutar da vosa creación.

Carlos de Ekohuerta visita a aula de Moreira

O pasado mes de outubro visitounos Carlos, coñecido agricultor da zona, que conta cunha horta ecolóxica con prantas de tódalas rexións do mundo. Nesta visita falounos dos coidados da horta, de curiosidades e propiedades das prantas, mostrounos a súa horta e inspirounos para seguir traballando no noso horto escolar.

 

Moitas grazas Carlos pola túa visita! Volve pronto!

Período de adaptación

Podedes visualizar máis imaxes no apartado da esquerda "Galería de escolas"

Festa fin de curso 2021/2022

A HORTA DE SIMÓN

Este vídeo amosa ao alumnado interpretando a canción do conto A horta de Simón en lingua de signos, cantada pola profe Eli. Cada aula nas súas hortas, amosando con orgullo todo o traballo deste ano nelas.

Terceiro trimestre

BIBLIOTECA CRA A PICARAÑA

A #bibliopicaraña 

O proceso do cambio da biblioteca foi longo pero, os resultados, falan por si mesmos. Este ano experimentamos que pequenas/os e adultas/os vivenciaramos este espazo e que as propias experiencias nela nos marcaran os cambios que facer, os recursos a utilizar, modificar… e por suposto, seguirá cambiando, seguirá medrando.

Ter entrado no #plambe e co apoio das @bescolaresgal fixo posible a creación do novo espazo, ademais das obras que executou o concello de Ponteareas na escola, xa pechada, de Ganade.

LETRAS GALEGAS 2022

 

Festexamos o Día das Letras Galegas, adicado a Florencio Delgado Gurriarán, coa publicación do noso primeiro dicionario agrícola. 
 
Grazas á colaboración do noso alumnado e ás familias, que tomaron fotografías das verduras, froitas, apeiros de labranza, dos insectos ou das accións que se levan a cabo na horta, co fin de que non nos esquezamos de nomear na nosa lingua todos os elementos referidos coa horta. Todo enmarcado no Proxecto Documental Integrado “Hortarte” que se está a desenvolver nas aulas. 
 
Podes ver aquí o dicionario en formato dixital e físico na nosa Biblioteca de Ganade ou en cada unha das aulas. 
 
 

Segundo trimestre

PODEDES VER MÁIS FOTOS ACCEDENDO O APARTADO DA ESQUERDA "GALERÍAS DAS ESCOLAS"

Distribuir contido

Back to top