"Ninguén tería que ser incluído nun mundo ao que xa pertence"                                 

 

blogue deadmin

3, 2, 1 ... COMEZAMOS!

       

3, 2, 1 ... COMEZAMOS!

RESUMO PLAN PROXECTA: Ponlle as pilas ao teu bocata

Este curso escolar dimos moito a lata. No seguinte vídeo podedes ver o resumo do noso proxecto:

 

Ponlle pilas ao teu bocata from Jennifer Estevez Ruiz on Vimeo.

A SORPRESA DE GOLFO EN PÍAS

As nenas e os nenos de Pías duante este curso escolar, recibiron a súa Golfobolsa chea de conservas de produtos do mar. Con elas descubriron novos sabores e texturas, realizaron talleres de cociña, xogaron a descubrir máis conservas na PDI... resultou unha experiencia moi positiva!

 

...

ONDE ESTARÁS?

XA ESTÁ AQUÍ A REVISTA ESCOLAR 2017-2018

 

"MAXIA" EN MOREIRA

Os nenos e as nenas de Moreira atoparon na aula unhas latas de conservas de produtos do mar, as cales chegaron “maxicamente” acompañadas dunha carta de Golfo, a mascota da biblioteca. Tiveron que investigar nestes trimestres moitas cousas sobre as mesmas. Ademais puxeron a proba os seus sentidos, xa que tiveron que comparar a través do gusto e do olfacto as diferenzas entre as mesmas.

Tamén degustaron numerosas receitas que elaboraron eles mesmos na aula: paté de mexillóns, tostas de atún con pemento do piquillo... 

Aproveitaron as caixas das conservas para o supermercado da aula e coas latas fixeron uns testos moi orixinais para as súas plantas. 

 

 

 

MURAIS E MAPAS CONCEPTUAIS

Ao longo do curso plasmamos o que sabíamos e o que queríamos saber sobre as conservas de produtos do mar e sobre unha alimentación saudable. Todo isto quedou reflectido en diversos murais. Así de chulos quedaron! 

RAP: PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

          Dentro das actividades que se están a levar a cabo, en referencia ao Plan Proxecta no que participamos este curso académico 2017-2018 "Ponlle as pilas ao teu bocata", os nenos e nenas do CRA A Picaraña fomos quen de facer, xunto ao noso profe de música (Miguel García Medraño), unha canción "Ponlle as pilas ao teu bocata" na que se refiren as múltiples variedades de conservas, así como os beneficios do seu consumo para unha dieta equilibrada.

E como colofón, fixemos a gravación do videoclip da canción na que participamos todos e todas os alumnos/as.

DENTRO VÍDEO!!!

AS COCIÑEIRAS E O COCIÑEIRO DE SAN MATEO

As alumnas e o alumno de San Mateo investigaron sobre os beneficios das conservas de produtos do mar ao longo deste curso. Descubriron que teñen moitos nutrientes importantes para a nosa saúde dentro dunha dieta equilibrada e que conservan todas as súas propiedades. Ademais grazas ás conservas que lles deixou Golfo na aula, puideron demostrar as súas dotes culinarias; elaboraron pizza de atún e tostas de paté de mexillón e sardiña. Tamén promocionaron o consumo de conservas entre as súas familias elaborando bolsas de papel co lema “Do mar á lata”.

 

Distribuir contido

Back to top