"Ninguén tería que ser incluído nun mundo ao que xa pertence"                                 

 

blogue deadmin

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2021

Estimadas familias:

Informámosvos que nestas datas iníciase o proceso para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar; órgano de participación na vida do centro.

O calendario será o seguinte:

O día 29 de outubro ás 09:30 h realizarase o sorteo público na sede do CRA (Ganade)  para designar os membros da Xunta Electoral que estará formada pola dirección do centro, unha mestra ou un mestre e unha nai ou pai ou representante legal. Algunhas das competencias da  Xunta Electoral son:

- Aprobar e publicar censos electorais.

- Ordenar o proceso electoral.

- Admitir e publicar candidaturas.

O día 2 de novembro constitución da Xunta Electoral.

O día 8 de novembro procederase á publicación dos censos electorais.

Ata o 15 de novembro ábrese o período de reclamacións ó censo.

Do 9 ao 16 de novembro prazo de presentación de candidaturas.

O 17 de novembro procederase ao sorteo público das nais e pais compoñentes da mesa electoral. Este sorteo terá lugar na sede do centro (Ganade) ás 09:30. Este día tamén se procederá á publicación de candidaturas.

O día 22 de novembro exposición das candidaturas definitivas.

O día 23 de novembro terán lugar as eleccións dos membros do Consello Escolar; nais/pais e mestras/mestres.

 

Seguirémosvos informando, esperando contar coa vosa participación.

O equipo directivo.

 

A NOSA BIBLIOTECA

Temos moita ilusión e traballo depositado na posta en funcionamiento da nova biblioteca do CRA A Picaraña, se ben non foi un camiño fácil coa covid presente e coincidindo coa creación da nosa biblioteca física, por fin podemos contar cun espazo destinado en exclusiva á biblioteca. 

Hoxe os nenos e nenas verana por vez primera e invitarémolos a que pronto pasen unha xornada nela.

Estamos desexando que interactúen con ela sen a distancia de por medio.

 

  

A NOSA BIBLIOTECA

Período de adaptación

 Podedes ver máis fotos accedendo en cada aula no apartado da esquerda "Galerías das escolas".

O día 9 de setembro volvémonos a ver.

Festa de fin de curso 2020/2021

LETRAS GALEGAS 2021

Ao longo de toda a semana dedicada ás Letras Galegas, traballamos á escritora, poeta, editora, tradutora e docente Xela Arias, símbolo de inconformismo e rebeldía da nosa terra. 
Quixemos abordar a súa faceta como tradutora, polo que primero escoitamos fragmentos de contos noutros idiomas e, cando comprobamos que non os entendíamos, afondamos na importancia da tradución para a nosa lingua.
 
“O idioma é o principal signo dunha cultura. Quere iso dicir que un pobo que se alonxa do seu idioma alónxase da súa cultura. Quere iso dicir que a un pobo ó que alonxan do seu idioma alónxano da súa cultura.” XELA ARIAS, 1988.
 
Podes visitar no noso instagram a publicación referente ás Letras Galegas premendo na seguinte ligazón: https://www.instagram.com/p/CO9z_Nflm6I/?utm_medium=copy_link

NO MAIO, LE EN GALEGO

A lectura en galego é unha recomendación para todo o ano, pero especialmente polo maio, mes dedicado ás nosas letras. De forma conxunta, o EDLG e máis a Biblioteca do CRA A Picaraña, temos as seguintes recomendacións para toda a familia, nas que, por suposto, destaca a presenza dos libros da homenaxeada este 17 de maio, Xela Arias:

 

Podes descargalo aquí: 

 

XELIÑA FALA GALEGO

OS MAIOS

Coa chegada da primavera e do quinto mes do ano, desde o EDLG quixemos darlle unha voltiña á celebración dos Maios e enchemos de flores as nosas cabezas.

Se che apetece ver algunhas fotografías de como fixemos esta actividade, preme na seguinte ligazón do noso instagram: https://www.instagram.com/p/COfyfAZFdZe/?igshid=bnuudy4x7tmp

Distribuir contido

Back to top