"Para viaxar lonxe non hai mellor nave ca un libro"                                (Emily Dickinson)    

 

Curso 2020-2021

SAMAÍN

Coa finalidade de recuperar as nosas tradicións galegas, dende o EDLG propuxemos a realización dun obradoiro de calacús en cada aula e, xunto co Equipo de biblioteca, elaboramos un conto para achegar de xeito especial esta celebración ás nenas e nenos. 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para visualizar o conto que fixemos, preme na seguinte ligazón:

https://crapicaranatics.wixsite.com/biblioteca/contada-de-sama%C3%ADn

 

E no instagram do centro podes ver as diferentes actividades que puxemos en marcha co gallo do Samaín:

https://www.instagram.com/p/CG-h1DyF3hz/

https://www.instagram.com/p/CHAaAL7lUbZ/

https://www.instagram.com/p/CHC9zunlBch/

https://www.instagram.com/p/CHC-fpcl07_/

https://www.instagram.com/p/CHLvDdcF7qk/

GALEGAS QUE MARCAN “O BO CAMIÑO”

Outro curso máis, o noso centro participa no programa de Voz Natura, que este ano ten por título “Coidar a nosa contorna é o bo camiño”, motivando a defensa dos espazos naturais do Camiño de Santiago. 

Ademais de, por suposto, impulsar a preservación dos espazos naturais, servíndonos deste título, dende o EDLG, quixemos tamén aproveitar para dar visibilidade a mulleres galegas que destacan ou destacaron nos seus eidos de traballo e que, en moitas ocasións, quedaron escasamente visibilizadas en comparación cos seus iguais masculinos. Mulleres que abriron camiño, deixando unha pegada que merece non ser borrada da nosa historia colectiva, marcando o paso para que as nosas pequenas e pequenos, cos seus intereses, valores, cualidades e inquedanzas, poidan empezar a percorrer “o bo camiño”. 

Preparamos unha caixa cun ficheiro de diversas mulleres galegas do ámbito da cultura, do deporte ou da ciencia, como son Lara Lars, Verónica Boquete, Xoana, Ledicia Costas, Lucía Freitas, María Xosé Alonso e Rosalía de Castro. Deste modo, durante o primeiro trimestre cada aula tivo a oportunidade de achegarse á biografía de cada unha destas mulleres, para profundar nunha delas durante o segundo trimestre e investigar sobre unha nova muller galega destacada no terceiro, incrementando así as pegadas neste camiño. 

 

 

 

 

Distribuir contido

Back to top