"Para viaxar lonxe non hai mellor nave ca un libro"                                (Emily Dickinson)    

 

"Aliméntate ben" (2017/2018)

OS PESCADORES DE AREAS

Os nenos e as nenas de Areas elaboraron diversos animais mariños. Logo convertéronse nuns trepidantes mariñeiros; pescaron polbos, peixes e mexillóns. Con todas estas especies, e antes de levalas a unha conserveira, puideron xogar a localizalas nun plano coa axuda do Bee Bot. Resultou sen dúbida, unha xornada moi entretida.

CONVERTÉMONOS EN PEIXEIRAS

As nenas e os nenos de Portela A e Portela B convertéronse en pescadoras e pescadores, carrexonas e carrexóns, e peixeiras e peixeiros.

ALMORZO SAUDABLE

No primeiro trimestre organizamos tres interaulas para levar a cabo un almorzo moi saudable. Contamos cunha nutricionista a cal impartiu unha charla informativa e motivadora sobre a importancia do almorzo dunha dieta equilibrada para acadar un desenvolvemento san. Concluíu cunha charla sobre saúde bucodental e sobre técnicas de cepillado. Durante a segunda parte da actividade puxemos en práctica o exposto na charla, degustando un almorzo moi nutritivo para rematar co posterior cepillado de dentes.

A xornada continuou con diversos talleres como a elaboración de galletas de avena e plátano así como manualidades de Outono.

Sorpresa nas aulas!

Este curso escolar participamos no programa Aliméntate ben na modalidade Ponlle pilas ao teu bocata da Consellería de Cultura e Educación. Os nosos alumnos e alumnas recibiron nas aulas as Golfo- bolsas que contiñan unha selección de conservas de produtos do mar e unha carta da nosa mascota de biblioteca Golfo onde animaba aos nenos e nenas a resolver diferentes retos:

  • Que hai nas bolsas...
  • Que podemos facer con iso...
  • De onde saíron...
  • Como chegaron á casa de Golfo...

 

Distribuir contido

Back to top