slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8

DATAS DE INICIO DE CURSO 2020-2021

 Incorporación gradual do alumnado.

1. O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil e 1º, 2º e 3º curso de educación primaria.

2. O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantil e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.

3. O día 16 de setembro incorporarase o alumnado de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria.

4. O día 17 de setembro incorporarase o alumnado de 3º de educación secundaria obrigatoria.

5. O día 18 de setembro incorporarase o alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria. 

 

NOTA: O ALUMNADO DE PRIMARIA E SECUNDARIA DEBERÁN LEVAR UNHA SEGUNDA MÁSCARA DE RECAMBIO NUN ESTOXO OU BOLSA DE TELA.

LIBROS DE 1º EP

Adxuntamos o listado de libros de 1º de EP

preme no  adxunto

LIBROS DE TEXTO CURSO. 2020/21

RELACIÓN LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020/21.

PREMER NO ADXUNTO.

O alumnado de ESO, que solicitou o fondo solidario de libros de texto deberá esperar ao mes de setembro para saber que libros ten asignados.

 

SOLICITUDES COLABORADORES/AS VOLUNTARIOS/AS ATENCIÓN COMEDOR ESCOLAR

Apertura do prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores/as voluntarios/as nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2020/2021.

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

 A quen vai dirixido?

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

  •        Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).
  •           Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
  •  Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

 

Prazo

 

Prazo de presentación: ABERTO

20/05/2020 - 19/06/2020

 

Documentación para a presentación:

 *     Presentar unha única solicitude (aínda que sexan 2 ou máis irmáns solicitantes escolarizados no mesmo centro). ANEXO I

*      ANEXO II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

*     Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno ou alumna e os demais membros computables da unidade familiar

*    En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

ACHEGAMOS O ANEXO I E II PARA DESCARGAR (ao final da páxina) 2 ADXUNTOS

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

 

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O PRAZO REMATA O 19 DE XUÑO.

Horario do centro para as solicitudes: 10:00 a 12:30 h 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer