slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8

SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

  • Do 11 ao 18 de maio de 2020, en horario de 10:00 h  a 12:00 h.

 

  • Pode realizarse presencialmente no centro ou ben de forma telemática en :

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

  • A solicitude pode descargarse no arquivo que achegamos (debe ser asinado por tódolos membros da unidade familiar)

2. Documentación necesaria:

  • Fotocopia do DNI do pai e nai do alumno/a.

  • Fotocopia do libro de familia.

  • Fotocopia do certificado de empadronamento.

 

PROCEDEMENTO A SEGUIR PARA A SEGURIDADE DE TODOS E TODAS:

  • Entrar de un en un no centro.

  • Antes de entrar usar o hidroxel,  situado nunha mesa na entrada.

  • Utilizar mascarilla.

  • Traer as fotocopias necesarias para a admisión.

  • Traer un  bolígrafo.

3º RETO DE MÚSICA

 

Ola nenas/os:

 

Dende a aula de música tamén imos a realizar actividades durante este tempo de confinamento que ogallá non dure demasiado.

 

A miña idea é a seguinte: Cada semana proporei un reto relacionado coa educación musical. Esta actividade vai dirixida tanto ao alumnado de Educación Infantil como ao de Educación Primaria. Este reto teredes para realizalo unha semana exacta.

 

TERCEIRO RETO (DO 01/05 AO 08/05 DO 2020):

 

CANCIÓN: Esta actividade consistirá en escoller unha canción e adicarlla a unha persoa (pode ser un familiar, unha compañeira ou un compañeiro, un membro da Comunidade Educativa... en definitiva a quen queirades).

 

Para realizar este reto podedes envialo a través dun vídeo curtiño ou dunha foto cun cartel ou cartolina onde se vexa a dedicatoria. No caso de que non sexades capaces de enviarmo así poñédesvos en contacto conmigo a través do enderezo electrónico.

 

Unha vez que teñades feita a actividade enviádela a: musicacospeito@gmail.com

 

Sen máis e esperando que todas/os esteñades ben agardo polas vosas creacións.

 

Un saúdo. Miguel Ogaza Rodríguez.

 

SEGUNDO RETO DE MÚSICA

 

Ola nenas/os:

 

Dende a aula de música tamén imos a realizar actividades durante este tempo de confinamento que ogallá non dure demasiado.

 

A miña idea é a seguinte: Cada semana proporei un reto relacionado coa educación musical. Esta actividade vai dirixida tanto ao alumnado de Educación Infantil como ao de Educación Primaria. Este reto teredes para realizalo unha semana exacta.

 

SEGUNDO RETO (DO 24/04 AO 01/05 DO 2020):

 

PERCUSIÓN: Esta actividade consistirá en realizar un vídeo que teña unha duración dun máximo dun minuto onde o alumnado faga ritmos diferentes. Para isto pode empregar o seguinte:

 

- O seu propio corpo

 

-Utensilios de cociña

 

-Cubos, caldeiros, botes de pintura,menaxe, tapas... e o que queirades engadir. Pensade e deixade voar a imaxinación, seguro que sairán cousas espectaculares e sorprendentes. Unha vez que teñades o vídeo feito debedes envialo ao seguinte enderezo de correo electrónico: musicacospeito@gmail.com

 

. Para rematar, déixovos uns enlaces orientativos que poden axudar á realización da actividade.

 

https://www.youtube.com/watch?v=nqzwduRLybg

 

https://www.youtube.com/watch?v=nb7XN_Zw_yk

 

 

 

 

 

Sen máis e esperando que todas/os esteñades ben agardo polas vosas creacións.

 

Un saúdo. Miguel Ogaza Rodríguez.