slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8

AVISO URXENTE COMEDOR ESCOLAR

Rematou o prazo para solicitar praza no Comedor Escolar.

O alumnado que non presente a solicitude esta semana na Secretaría do Centro, NON SERÁ BENEFICIARIO do servizo.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR.

            Libros de texto | CEIP Francisca Santos Melian

 

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

 A quen vai dirixido?

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

  •        Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).
  •           Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
  •  Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

 

Prazo

 

Prazo de presentación: ABERTO

21/05/2021 - 22/06/2021

 

Documentación para a presentación:

 *     Presentar unha única solicitude (aínda que sexan 2 ou máis irmáns solicitantes escolarizados no mesmo centro). ANEXO I

*      ANEXO II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).Asinado por todos os membros da unidade familiar.

*     Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno ou alumna e os demais membros computables da unidade familiar

*      No caso de que o pai/nai ou titores ou titores legais carezan de DNI: certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais onde resida a familia.

*    En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

ACHEGAMOS O ANEXO I E II PARA DESCARGAR (ao final da páxina) 2 ADXUNTOS

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

 

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O PRAZO REMATA O 22 DE XUÑO.

Horario do centro para as solicitudes: 09:15 a 14:30h.

 

SOLICITUDES ADMISIÓN

TODAS AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PRESENTADAS PARA O VINDEIRO  CURSO RESULTARON ADMITIDAS.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer