Escolares, Ed. Infantil, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Idioma estranxeiro, Ed. Física, Ed. Musical

3º e 4º de primaria visitan Vilalba

    Os alumnos de 3º e 4º de Primaria van a Vilalba o mércores, 24 de febreiro. Nesta viaxe os nenos visitarán a Queixería Prestes e a Imprenta Junor. Esta actividade axudaráos a coñecer o entorno e a comprender mellor como é o traballo nunha industria.

DÍA DO LIBRO - 23 DE ABRIL DE 2015

 O día 23 de abril de 2015 festexamos o Día do Libro no CPI Plurilingüe Virxe do Monte lendo fragmentos do Quixote nas aulas. Ademais os nenos de Infantil e Primaria presenciaron e participaron nunha divertidísima sesión de Contacontos con Ana Carreira.

NADAL NO CENTRO DE DÍA

Nenos e nenas do CPI Plurilingüe Virxe do Monte e usuarios de Centro do Día compartiron uns momentos para celebrar o Nadal. Fóra atopábase o buzón onde entregar as cartas para os Reis Magos, e dentro colaboraron todos na decoración da árbore de Nadal.

5º e 6º de EP en MONDOÑEDO

Os nenos e nenas de 5º e 6º de EP viaxaron a Mondoñedo para realizar unha visita guiada pola vila. Despois realizaron un taller de cantería.

Podedes ver as fotos en Galerías, ou picando na imaxe inferior.

OBRA DE TEATRO "TROYA"

Os neno/as de 5º e 6º de Primaria acudiron ao Auditorio de Lugo para asistir á representación da obra teatral "Troya".

Trátase dunha reflexión sobre os perigos dos fraudes tecnolóxicos: duplicación de tarxetas SIM, cobro por incrementar a calidade de videoxogos gratuitos, ...

 

VISITA Á FUNDACIÓN TIC DOS ALUMNOS DE 1º ESO

Estas visitas teñen por obxectivo abrir as portas da TIC á sociedade e achegar o uso das novas tecnoloxías ós máis novos dun xeito lúdico. Os destinatarios son nenos e mozos que, deste xeito, poden coñecer o traballo que desenvolve a TIC así como os ciclos de Realización e Produción que imparte a Escola de Imaxe e Son (EIS), o único centro da provincia con ensinanzas superiores da rama audiovisual.

 

 

Para acceder á Galería de fotos, premer aquí.

 

CANTAMOS O SAMAÍN

O xoves 27 de outubro tivemos a actuación de Luis Vallecillo. A actuación titúlase "Cantamos o Samaín" e acudiron os nenos de Infantil e Primaria.

 

 

MAGOSTO

O 27 de Outubro os nenos de Infantil e Primaria celebraron o Magosto. Por suposto houbo castañas e moitos xogos.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer