Escolares
3º e 4º de primaria visitan Vilalba
Os alumnos de 3º e 4º de Primaria van a Vilalba o mércores, 24 de febreiro. Nesta viaxe os nenos visitarán a Queixería Prestes e a Imprenta Junor. Esta actividade axudaráos a coñecer o entorno e a comprender mellor como é o traballo nunha industria.
DÍA DO LIBRO - 23 DE ABRIL DE 2015
O día 23 de abril de 2015 festexamos o Día do Libro no CPI Plurilingüe Virxe do Monte lendo fragmentos do Quixote nas aulas. Ademais os nenos de Infantil e Primaria presenciaron e participaron nunha divertidísima sesión de Contacontos con Ana Carreira.
NADAL NO CENTRO DE DÍA
Nenos e nenas do CPI Plurilingüe Virxe do Monte e usuarios de Centro do Día compartiron uns momentos para celebrar o Nadal. Fóra atopábase o buzón onde entregar as cartas para os Reis Magos, e dentro colaboraron todos na decoración da árbore de Nadal.