Escolares
DÍA DA PAZ
Para celebrar o día da Paz os nenos/as do CPI Plurilingüe Virxe do Monte, realizamos un montón de actividades que nos axudaron a reflexionar sobre a necesidade da PAZ nas nosas vidas.
SESIÓN DE CONTACONTOS
A compañía de monicreques Tarabelos presentou na Casa da Cultura para nenos/as de Educación Infantil, 1º e 2º ciclo de Educación Primaria unha versión orixinal dos contos clásicos –Polgarciña e o Gato con botas-. Os rapaces voaron coa imaxinación a un mundo de títeres de boca, de dedo e de sombras xigantes.
A obra correu a cargo de Títeres Tarabelos coa representación de "O gato con botas"