Escolares, Ed. Infantil, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Idioma estranxeiro, Ed. Física, Ed. Musical

DÍA DA PAZ

Para celebrar o día da Paz os nenos/as do CPI Plurilingüe Virxe do Monte, realizamos un montón de actividades que nos axudaron a reflexionar sobre a necesidade da PAZ nas nosas vidas.

WEB QUEST O DÍA DO TEU NACEMENTO

O alumnado de Cuarto curso de Primaria estivo a traballar na elaboración dunha Webquest acerca do día do seu nacemento, onde recolleron diversa información sobre aquelas cousas que aconteceron tanto o día do seu nacemento compo nese mesmo ano.


 


Para ver as Webquest, pinchar sobre os arquivos adxuntos:

CINDERELLA

fotografía de Cinderella

O alumnado de Primeiro Ciclo de Primaria acudiu o pasado martes, día 16 de Novembro, á cidade de Lugo para visionar a obra de Teatro Cinderella, unha adaptación do conto orixinal escrito por Charles Perrault. Como cabía esperar, o alumnado pasouno en grande.

SESIÓN DE CONTACONTOS

A compañía de monicreques Tarabelos presentou na Casa da Cultura para nenos/as de Educación Infantil, 1º e 2º ciclo de Educación Primaria unha versión orixinal dos contos clásicos –Polgarciña e o Gato con botas-. Os rapaces voaron coa imaxinación a un mundo de títeres de boca, de dedo e de sombras xigantes.

A obra correu a cargo de Títeres Tarabelos coa representación de "O gato con botas"

ESCOLAS VIAXEIRAS

OS/AS ALUMNOS/AS DE 6º DE PRIMARIA ESTÁN A PARTICIPAR NA ACTIVIDADE DE "ESCOLAS VIAXEIRAS" NA CIDADE DE SALAMANCA, PERMANECERÁN NESTA CIDADE DENDE O DÍA 3 ATA O 9 DE MAIO.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer