slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8

Ansiedade e estrés.

Técnicas e consellos para reducir o estrés e a ansiedade.

Video explicativo que atoparás na sección de Orientación.

FICHAS DE SEMANA SANTA (RELIXIÓN) PARA 3º E 4º EP

         

         

 

     

   

 

    

         

                                                                
 

 

Orde de axuda ás familias usuarias do COMEDOR.

 

 

Axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19.

ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B)

  •    Beneficiarios

A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas ás familias do alumnado que posúe a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.

  •    Importe das axudas.

O prezo máximo para satisfacer en concepto de compensación por materias primas é de dous euros e cincuenta céntimos (2,50 €), nos casos de gratuidade total, e dun euro e cincuenta céntimos (1,50 €) nos casos de gratuidade que teñen a obriga de satisfacer un euro (1 €) pola prestación do servizo

  • Que días compensará ?.

Respecto dos seus efectos temporais, esta orde compensará os días lectivos correspondentes aos primeiros 14 días naturais de suspensión acordados polo Consello da Xunta de Galicia, que para os efectos educativos comezaron o día 16 de marzo e que totalizan 9 días lectivos. Inclúe tamén os 15 días de prórroga autorizados polo Congreso dos Deputados e que rematarían ás 00.00 do día 12 de abril e que se corresponden con 2 días lectivos de marzo e 3 días lectivos do mes de abril ata o comezo das vacacións de Semana Santa. Eventualmente, para o caso dunha ulterior prórroga do estado de alarma, calcúlanse os 14 días lectivos ata o 1 de maio de 2020.

 

  •  Solicitudes. Lugar e prazo de presentación.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo en que se escolarizan as/os súas/seus fillas/os colaboren na formalización da solicitude.

As solicitudes para atender o pagamento das compensacións que comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o 6 de abril, ambos os dous incluídos.

 

 

Os equipos directivos que deban axudar ás familias nesta tramitación terán que solicitar -por vía telefónica e/ou correo electrónico- os seguintes datos:

a) DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)

b) Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería

c) Nome e apelidos do titor/a; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas

d) Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.

 ACHEGAMOS NO ARQUIVO A ORDE DE AXUDAS ÁS FAMILIAS

TELÉFONO DO CENTRO : 982.870.262

CORREO ELECTRÓNICO: cpi.virxemonte.cospeito@edu.xunta.es

 

Cualificacións da 2ª avaliación. Acceso mediante a aplicación ABALARMÓBIL.

O venres día 3 de abril estarán publicadas as cualificacións da 2ª avaliación. É necesario para poder acceder ao boletín, descargar a través do MÓBIL ou TABLET a aplicación ABALARMÓBIL.

A descarga desta aplicación faise dende Apple Store (IOS) ou Play Store (Android).

Para máis información:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/actualizacion-das-guias-do-portal-espazoabalar

Enviar mail para consultas ou dificultades : cpi.virxemonte.cospeito@edu.xunta.es

 

POEMA APORTADO POLA PROFESORA DE RELIXIÓN DE EP

 A profesora de Relixión aporta este poema da Semana Santa 2020. Trátase dunha visión Cristiá da tremenda situación. Vai dirixido a alumnos de 5° e 6°

Entrega de material sanitario

Hoxe puxemos a disposición do Centro de Saúde de Cospeito, material sanitario: luvas, alcohol 96º, aerosol desinfectante, xeles hidroalcohólicos....

Xuntos e xuntas venceremos !!! Risa

#stopcoronavirus

 

Recomendacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

Na sección do Departamento de Orientación hai unha nova entrada onde podedes ver varios consellos para toda a comunidade educativa !

 

ACTIVIDADES DE REFORZO PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA QUE TRABALLA CO AL E COA PT

Informarvos a estes alumnos/as de que, na sección do Departamento de Orientación deste blog educativo, atoparedes as actividades de reforzo a realizar durante este período de suspensión das actividades lectivas.

En cada entrada tedes especificado as tarefas a realizar así como a súa temporalización. Estas irán cambiando ao longo dos días.

Para calquera dúbida ao seguinte correo de orientación:

 orientación.cpivirxedomonte@hotmail.com

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer