Skip to Content

Educación Infantil

Día do libro

Día do libro; 23 de abril

Os nenos e nenas de infantil durante esta semana estivemos traballando co conto" Esto non é unha selva" de Rocío Bonilla.

Foi unha actividade pensada para conmemorar o día do libro, facendo referencia ao noso proxecto " A selva" e cun conto que lles encanta aos peques.

Con toda a súa creatividade fixeron os debuxos e relataron a parte do conto que lles tocou por grupos colaborativos, quedaron xenial!

Logo co Kamishibai puideron narrar a historia tendo como base os seus propios debuxos, fixérono moi ben. Todo un reto, tendo en conta que tiveron que facer un dobre esforzo por mor da mascarilla.

Velaquí o tedes.

Estamos moi contentos co resultado, e por iso fixemos unha exposición no colexio cos nosos debuxos para que os demais poidan coñecer este conto e a súa protagonista, Paula.

Nós gozamos cada día coa hora do conto...esperamos facervos pasar un bo rato co noso relato!

Sempre é bo momento para coller un conto e mergullarse na súa historia e se aínda por encima lle engadimos:

un toque artístico, os nosos debuxos

unha pizca de personalidade, cos nosos relatos

e un puñado de ganas e motivación saen cousas tan chulas como esta.

A gozar moito dos contos!

Boa fin de semana a todos.

CARREIRA SOLIDARIA

Comezamos a semana mostrándovos o vídeo da carreira solidaria que celebramos o 8 de abril no colexio.

É unha carreira que organiza Save de Children, nesta ocasión, polos dereitos dos nenos e nenas da República do Congo.

Queremos dar as grazas a todas as familias que fixeron a súa doazón para que os nenos e nenas do Congo melloren as súas vidas. E como non, aos nenos e nenas do colexio que correron con toda a súa enerxía para colaborar na iniciativa.

Un ano máis, a carreira solidaria no CPIP Virxe da Cela.

Ata moi pronto familias!

Bonecos crece pelo

Ola! Como estades familias?

Nós gozando deste bo tempo para facer actividades ao aire libre.

Desta vez decidimos facer os bonecos crece pelo.

Para dar a benvida á primavera que mellor que experimentar coas sementes. Esperemos ter sorte e os nosos bonecos teñan un pelo ben mesto para poder cortar, peinar, recoller...e cada un darlle o aspecto que queira.

Pero para iso temos que esperar uns días, e por suposto coidalos moito: regalos para que teñan a suficiente humidade, poñelos ao sol para que teñan unha boa temperatura as sementes, vixiar que non queden á intemperie e poidan ter demasiada auga...

Queda un longo traballo por diante!

Polo de agora, aquí podedes ver o proceso que levamos a cabo para crear os nosos bonecos...neste momento estamos personalizando cada un deles para darlle o toque persoal que precisan.

 

En nada, teredes novas dos nosos nosos pelóns.

Ah!! por certo, sabedes onde fixemos esta actividade? Xa estamos gozando deste novo espacio...

Ata moi pronto!

Unha aperta

Día Mundial da Síndrome de Down

Boas, estamos de novo polo noso blogue para ensinarvos o que andivemos facendo.

O 21 de marzo é o Día Mundial do Síndrome de Down, ao ser fin de semana, na escola celebrámolo hoxe.

Fai uns cantos anos, unha nena británica comezou a poñer calcetíns desparexados como símbolo da riqueza da diversidade, facendo ver o importante que é mostrarnos tal e como somos e gozar da diversidade, ninguén é igual, e iso é o máis bonito! A alguén lle preocupa iso? A nós, nada de nada.☺ Nós tamén nos unimos a esta iniciativa!! Non íamos ser menos, loitamos por ser DIFERENTES E IGUAIS Á VEZ. Polo que hoxe, todos con calcetíns desparexados...

E non estivemos con eles todo o día...ocurriusenos pintar os pés. Menuda, pegadas amarelas e azuis por todo o papel...que sairá diso...

Un par de calcetíns do máis colorido! E que diferentes...non si?

Que vos parece? Ao final pasamos un moi bo rato pintando cos pés, vaia risas coas cóxegas, e ademais sumámonos a unha iniciativa que dende logo loita polo que nos pensamos:

SOMOS TODOS IGUAIS PESE AO DIFERENTES QUE POIDAMOS PARECER.

CONVIVINDO COS YANOMAMI

 Boa tarde familias, 

Onte foi un día especial xa que conectamos con Xabier Ares, un aventureiro que viaxou a Brasil a visitar a tribu dos Yanomami!

Contounos a súa experiencia, resolveunos dúbidas e ensinounos fotos chulísimas... Mirade algunhas!! 

 

 

 
E con isto damos por rematada a nosa investigación sobre as tribus da selva! 
 
Mil gracias Xabier! 
Gustounos moito e pasámolo moi ben! 
Temos moi en conta o teu lema: 
"A PASALO BEN SEN MOLESTAR A NINGUÉN". 
 
Apertas e ata pronto! 
 

 

 

 

Periodo de admisión para o curso 2021/22

 

Ola a todos e todas,

O periodo de admisión para o curso 2021/22 será desde o 1 ata o 20 de Marzo.

 

Este ano, por motivo da pandemia, non podemos celebrar unha xornada de portas abertas e contar coa vosa presencia nin ca presencia dos peques tal e como nos gustaría.

 

Aínda así, non queremos que vos quededes sen coñecer o cole e sen ver un anaco do noso mundo e de como traballamos en Educación Infantil.

 

Aquí tedes un vídeo que resume un pouquiño a nosa metodoloxía e forma de traballar.

Para nós o principal é que os nenos e nenas veñan ao cole contentos e creando un clima de afecto e confianza.

 

 

 

Estamos desexando coñecervos!!!

Resposta aos nenos e nenas de 5 anos!

A clase de 3 anos xa demos coa tribu que están traballando os compis de 6º EI.

Non era doada!

Temos que dicir, que tivemos algunha pista a maiores... Temos "topos" na clase de 5 anos jejeje

Gustóunos moito coñecer esta tribu hawaiana, e máis saber a orixe da súa illa. Non puidemos resistirnos a facer o experimento que nos propuxeron: todo o que sexa xogar con líquidos, facer mesturas, remecer, coñecer novos olores...sempre é divertido!

Neste vídeo podedes ver como nos foi co experimento...

 

Tamén investigamos o HULA, xa que vimos que os hawaianos lles gusta o baile.

 Hai un montón de cánticos!

E para rematar, e aproveitando que estamos na semana do Entroido e estivemos confeccionando accesorios, hoxe tocou unha COROA HAWAIANA

Moitas gracias compis por compartir con nós todo o que investigásteis desta tribu.

Deica logo, boas vacacións de Entroido.

Descifrando á tribu hawaiana!!!

Os nenos e nenas de 4 anos xa temos a resposta sobre cal é a tribu hawaiana que están traballando os compañeir@s de 5 anos!!!!

Para dar co nome da tribu fixemos o xogo de conciencia fonolóxica na mesa de luz.  Convertémonos en detectives e desciframos as palabras que se escondían tras os debuxos. Collendo a primeira letra da palabra que representa cada debuxo . 

A TRIBU PERDIDA DE HONOPU!! Qué nome máis raro...

 
 

 

 

Buscamos no atlas do mundo que nos trouxo Bruno ao cole onde estaba Hawai. Tivemos que coller as lupas porque as súas islas son pequenísimas no mapa....contámolas e vimos que están ubicadas no océano pacífico.

 

 

 

 

Ademáis vimos que en Hawai hai moitos volcáns por iso fixemos o experimento que nos propuxeron: LAVA!! Encantóunos....

 

 

 

 

 

Por último, buscamos como vestían :con collares e faldas de flores , polo que fixemos os nosos propios...quedáronnos moi fermosos!!!!

 

Qué reto tan chulo!

Ata pronto:) apertas!!!



 

 

 

 
 

 

Temos a resposta!!

Ola familias, como está resultando este traballo de investigación? A nós estanos gustando un montón.

Encontramos a tribu do Amazonas!!

Xa temos a resposta...

"..coa Y: Tribu da que están a falar os nenos e nenas de catro anos: YANOMAMIS"

Velaquí vos deixamos o noso traballo con esta tribu:

Comezamos buscando algunha semellanzas cos pigmeos, atopamos os collares.

Logo debuxamos as cousas que máis nos chamaron á atención desta tribu: os palillos que levan na cara e un dos animais que cazan que é o tapir.

Pasámolo xenial descubrindo tribus e coñecendo as súas formas de vida...esperamos novos retos.

Ata moi pronto!

Tribu Hawaiana e resposta á tribu dos Yanomamis!

 

Bo día familias!

Hoxe tócanos aos nenos e nenas de 5 anos lanzar o reto para adiviñar cal é a nosa tribu polo que aquí tedes o vídeo coas pistas necesarias para dar con ela

 

 

 

ANIMÁDEVOS A FACER O EXPERIMENTO COA LAVA, FOI MOI DIVERTIDO!

 

 

Tedes un pequeno xogo de conciencia fonolóxica para axudar a resolvelo... cal é a primeira letra de cada imaxe??

Os nenos e nenas de 3 anos podedes buscar as vogais que faltan :)

 



 

E os nenos e nenas de 4 anos atopar todas as letriñas 

 

 

 

Veña que é moi doado :)

 

 

Por outra banda, damos resposta ao reto que lanzaron os nenos e nenas de 4 anos co seu xogo de Pasapalabra, foi moi divertido!!!!

 

O primeiro que fixemos foi buscar o Amazonas no noso mapa mundi… vimos que estaba en América do Sur, na selva do Amazonas, no Brasil… e ata vimos o Río Amazonas!!!! É enorme!!!

 

 

 

 

Despois vimos como vivían e recreamos o seu poboado con arcilla e unha vez secas decorámolo

 

 

 

 

Tamén vimos como vestían: con guaiucos! Quixemos facer a nosa propia versión dun guaiuco e quedaron así de chulos

 

 

 

Ademáis, buscamos como eran os tapires que cazaban e comían!!! Que animal tan bonito :)

 

 

 

Por último fixemos un xogo de letras por equipos, a profe poñía diferentes palabras do vocabulario que aparecía no vídeo de Pasapalabra e nós tiñamos que adiviñar e intentar ler o que poñían. Unha vez feito iso tiñamos que recrear a palabra coas nosas letras, o equipo que máis rápido acabara gañaba un punto!

 

 

 

Tras toda esta investigación e coas pistas coas que contamos… pensamos que a tribu dos nenos e nenas de 4 anos é a dos…

 

 



 

Ánimo, esperamos que adiviñedes a nosa tribu e o pasedes ben investigando a súa lenda :)

Saúdos e apertas!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut