Skip to Content

Descifrando á tribu hawaiana!!!

Os nenos e nenas de 4 anos xa temos a resposta sobre cal é a tribu hawaiana que están traballando os compañeir@s de 5 anos!!!!

Para dar co nome da tribu fixemos o xogo de conciencia fonolóxica na mesa de luz.  Convertémonos en detectives e desciframos as palabras que se escondían tras os debuxos. Collendo a primeira letra da palabra que representa cada debuxo . 

A TRIBU PERDIDA DE HONOPU!! Qué nome máis raro...

 
 

 

 

Buscamos no atlas do mundo que nos trouxo Bruno ao cole onde estaba Hawai. Tivemos que coller as lupas porque as súas islas son pequenísimas no mapa....contámolas e vimos que están ubicadas no océano pacífico.

 

 

 

 

Ademáis vimos que en Hawai hai moitos volcáns por iso fixemos o experimento que nos propuxeron: LAVA!! Encantóunos....

 

 

 

 

 

Por último, buscamos como vestían :con collares e faldas de flores , polo que fixemos os nosos propios...quedáronnos moi fermosos!!!!

 

Qué reto tan chulo!

Ata pronto:) apertas!!!



 

 

 

 
 

 



page | by Dr. Radut