Skip to Content

O NOSO CENTRO NAS XORNADAS " CONTRATOS PROGRAMA, UN PLAN PARA CADA CENTRO"

O venres 23 de febreiro celebráronse en Santiago as Xornadas “Contratos programa, un plan para cada centro”, convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. As xornadas, nas que estiveron presentes uns 600 profesores e responsables dos equipos directivos de centros galegos, serviron para divulgar as boas prácticas, identificadas no desenvolvemento dos programas nos diferentes centros, para que poidan servir de modelo de referencia na organización e xestión doutros centros. E alí estivo a nosa directora Camino Pereiro intercambiando a experiencia do noso cole coa de outros centros participantes.

 Nela explicou como implementamos no Virxe da Cela  as distintas modalidades de Contratos Programa coas que contamos e que levamos a termo a través dos distintos proxectos:  

·                Proxectos de coeducación, igualdade, convivencia e voluntariado
·         Proxectos de desenvolvemento endóxeno sustentable
·         Proxectos de mellora da convivencia e das relacións comunitarias
·         Proxectos de compensación das desigualdades
·         Proxectos para unha vida saudable
·         Proxectos de desenvolvemento da competencia STEAM,
·         Proxectos de formación e investigación e mellora da calidade educativa.
 


 

ZONA DE LECER ACTIVO: MÓVETE CON FUNDAMENTO

 

 
O noso centro, a través do Departamento de Educación Física, inaugura esta semana a nosa “ZONA DE LECER ACTIVO: MÓVETE CON FUNDAMENTO” , dentro do noso Plan deportivo de centro e coa finalidade de fomentar a práctica físico- deportiva con obxectivo de  contribuír a mellora da nosa condición física saudable e a nosa saúde cardiovascular, a través do aproveitamento das horas de lecer no noso centro dunha forma lúdica e activa .
Buscamos ademais traballar actitudes e contidos multidisciplinares importantes para a formación integral do alumnado do Centro, como o respecto a os demais e o noso entorno, o coidado do noso material, a responsabilidade, a interacción social, a colaboración, cooperación , e traballo de igualdade a través do emprego de dito material  utilizando como vehículo o xogo.
É importante sinalar tamén no que ten que ver coa práctica da Educación Física, que a través do xogo co material dispoñible, o alumnado descubre prácticas físico- deportivas novas e non tan habituais no seu entorno como: tiro con arco, golf, deportes de raqueta, xogos con material alternativo, pelota vasca,  etc, que lle facilitan o coñecemento e acceso as mesmas, que de outra forma non terían.
Pretendemos en conclusión, a través do Departamento de E. Física, ademais dos obxectivos sinalados, recuperar o gusto polo xogo, o goze dun tempo de lecer en movemento con nosos compañeiros/as e as risas no patio:
!!!MOVERNOS CON FUNDAMENTO¡¡¡¡
 
 
O alumnado dispón de variado material deportivo, para o uso libre nas horas de lecer, que se atopa na zoa especial para iso sinalada ( o lado da porta de saída de Secundaría, o lado da Sala de profesores), sendo o seu uso regulado por alumnas/os colaboradores e a profesora de E. Física e  sempre tendo en conta a normativa, que a continuación detallamos.
 

 

 

 
 
NORMATIVA DE USO DO MATERIAL DEPORTIVO-RECREATIVO  PARA AS HORAS DE LECER

1.     

O material deportivo- recreativo estará a disposición de tódalas/os alumnas/os do centro, para o uso e disfrute nas horas de lecer dos recreos / de 11:30-12:00 para Primaria e 12:15-12:35 para secundaria ( no caso de secundaria, poderán facer tamén uso nas horas de lecer de despois de xantar).

 

2.     

Este material foi mercado polo Departamento de E. Física e  a materia de Promoción de Hábitos saudables de Secundaria, dentro do Plan Deportivo de Centro e o fomento de “Hábitos de vida activa e saudable” con a idea de facilitarlle o alumnado opcións variadas de ocio e deporte, para aproveitar de xeito activo o tempo de lecer, para pasalo ben, xogar cos compañeiros/as e coñecer actividades físico- deportivas diferentes.

 

3.     

Todo o material poderá ser usado por Primaria e Secundaria, xa que os recreos non coinciden.

 
 

4.     

O material se poderá atopar nun espazo destinado para el, chamado “ZONA DE LECER ACTIVO: MOVETE CON FUNDAMENTO”, situada a carón das portas de saída de Secundaria ( o lado da Sala de profesoras/es), onde tamén estarán situados os cuadrantes de prestamos onde os alumnos/as colaboradores, apuntarán incidencias e nomes de préstamo.

 

5.     

Para empregalo , ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE SE PODERÁ FACER, A TRAVÉS DE SOLICITARLLO OS ALUMNO/AS RESPONSABLES DO MESMO ( NON A NINGÚN PROFESOR OU OUTRO ALUMNO), que son os que concederán o permiso e aos que haberá que devolvelo. Polo que, ningún alumno/a poderá coller o material sen a comunicación e permiso de ditos alumnos.

6.     

O material de Infantil, só o poderá usar infantil e corresponderalle ás profesoras/es o adxudicalo.

7.     

Os alumnos/as responsables, en caso de solicitar varios alumnos un mesmo material, concederán por orden de chegada dito material, e controlarán o tempo de xogo, para poder disfrutar todos, e só lles corresponde a elas/eles conceder ou non e como, o material.

8.     

O-As alumnos/as que pida calquera material, son os mesmos que teñen que devolvelos , e non o poden prestar ou deixar a outros, sen comunicarllo os alumnos/as responsables. Así mesmo, o material, deberá quedar recollido, tal como se atopou, ( non deixalo no patio, ou fora das caixas, ou pezas soltas, etc)

9.     

As alumnas/os que soliciten material para xogar no recreo, son responsables do seu uso adecuado e si dito material sofre algún dano por mal comportamento ou mal uso( emprego inadecuado, golpes, etc), SERÁN RESPONSABLES  DE PAGAR UN NOVO E TENDRÁN UNHA SANCIÓN O RESPECTO DO DANO OCASIONADO, ASÍ COMO NON PODERÁN VOLTAR A UTILIZALO ATA NOVO AVISO.

10. 

Calquera dubida, preguntar os alumnos responsables ou a profe de E. Física de Secundaria: Mª Teresa Blanco .

11. 

E UN MATERIAL DE TODOS E PARA TODOS, TENDO A SORTE DE QUE O NOSO CENTRO NOS FACILITE DISPOÑER DEL, ASÍ QUE  XOGUEMOS ATOPANDO NOVAS FORMAS DE APROVEITAR O NOSO LECER, PASEMOLO BEN E RESPETEMONOS E RESPETEMOLO.

¡¡¡¡ DISFRUTADE!!!!
 
 
 
ALUMNAS/OS COLABORADORES RESPONSABLES DE PRESTAR O MATERIAL:
PARA SECUNDARIA:
DIEGO BAO.
 
 
PARA PRIMARIA:

-         

MARCOS.

-         

IKER

-         

PABLO

-         

BRAIS VARELA.

-         

AARÓN.

 

TORNEOS DEPORTIVOS CURSO 2017-18. EDUCACIÓN SECUNDARIA

 

Como o curso anterior, este ano estamos a levar a cabo, durante todo o ano os torneos escolares

Os torneos xogaranse sempre na hora de lecer dos Mércores, de 14:00 a 14:40 en 2 partidos de 15 minutos de duración a tempo corrido (con cambio de campo os 7 minutos e medio).

A regras a seguir, son as oficiais para cada deporte, según as federacións de cada un deles.O incumplimento das mesmas de forma grave ou con perigro para os demáis durante o desenvolvemento de cada partido o una estancía no Pavillón, o calquera actuación no CPI ( tanto en horario de clase como en horas de lecer)que supoña unha conducta disrruptiva grave, levará implícita a non participación provisional ou definitiva no torneo (dependendo da falta e da sanción imposta).

O arbitraxe o fai como árbitro principal a profesora de E.Física e como secundarios, alumnas/os colaboradores. A mesa de anotación está composta por alumnos/as colaboradores.

Cada alumno/a ten a responsabilidade e obrigación de presentarse co seu equipo 10´antes do seu partido ( o tempo de xogo é limitado). Se non hai un mínimo de xogadores/as (4) para o desenvolvemento do partido os 5`da hora prevista, a ese equipo se lle dará o partido por perdido.Puntuación: Partido ganado: 1 punto. Partido perdido:0 puntos. Non presentado: 0 puntos.

Na primera ronda de enfrentamentos ( fase de selección), todos xogan contra todos, pasando (dependendo do nº de equipos cada ano) os 4 equipos que máis puntos teñan. En caso de empate, pasa o que teña maior nº de goles a favor. Logo cuartos de final, a partido de ida e volta. Semifinales e a final 1º-2º posto e 3º e 4º.

Os deportes elexidos este ano por consenso de todo o alumnado ( previa reunión e asamblea) son:

1º Trimestre: F. Sala

2º Trimestre: Baloncesto

3º Trimestre: Bádminton en dobres.

 O Comenzo dos mesmos foi no mes de Outubro, ata final de curso. Os días nos que os partidos previstos nese día, que por motivo de outras actividades, saídas varias, festivais, días festivos, etc, non se xogue,se aplazarán para o seguinte Mércores.

Os equipos serán mixtos (polo menos unha rapaza en cada equipo) e hetereoxéneos ( un xogador/ra de 1º-2º ESO polo menos en cada equipo).

LISTADO EQUIPOS PARTICIPANTES:
Equipo A:              Equipo B:                Equipo C:          Equipo D:      Equipo E:      Equipo F:                                      
Diego Bao             Pablo Maroño        Borja                  Cristina V.      Lucía             Sergio
Héctor                   David Rodríguez     Sara O.              Cristian          Clara             Candela
Sara Golpe            Roberto Uzal           Martín               Hugo             Verónica       Gael
Diego Golpe          Kevin                        Alex C.               Marta F.        Rubén R.      Víctor
Zito                          Laura (3º)               Ainhoa              Rubén F.          Nerea            Sonia
                                 Daniel                     Rubén               Cintia                 Ariadna       Laura V.
                                                                 Andrea               Daniela            David C.
 
 
Iniciamos a competición con F. Sala, que rematou o Mercores 21 de Febreiro, e os resultados foron os seguintes:
 
CALENDARIO DE COMPETICIÓNS:
 
                        TORNE F.SALA CALENDARIO 2017-18
 
1º  VOLTA
DIA PARTIDO
 
EQUIPOS
RESULTADO
Mércores 18 Outubro
 
A-C
B-F
3-3
5-1
Mércores 25 Outubro
 
E-D
C-F
1-7
4-1
Mércores 8 Novembro
 
A-B
E-F
2-1
0-5
Mercores 15 Novembro
 
B-C
D-A
 
1-4
0-3
Mercores 22 Novembro
 
F-.A
E-B
0-5
2-6
Mercores 29 Novembro
 
C-D
E-A
2-0
1-7
Mercores 13 Decembro
 
B-D
E-C/D-F
0-0
0-4/0-4
         
 
Finalizada a 1º volta os equipos que pasan a 2º Volta( tendo en conta os partidos gañados) son:
Equipos A, B, C e F.
 
 
 
As datas da 2º volta onde se xogou 3º-4º posto e a final, foron:
 
 
                        TORNE F.SALA CALENDARIO 2017-18
 
2º  VOLTA
DIA PARTIDO
 
EQUIPOS
RESULTADO
Mércores 17 Xaneiro
 
A-F
B-C
3-0
1-1
Mércores 31 Xaneiro
 
F-B (3º e 4º Posto)
4-5
Mércores 7 Febreiro
 
A-C :FINAL
2-6
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
CLASIFICACIÓN FINAL- RESULTADOS:
 
4º POSTO: EQUIPO F: Sergio,Candela, Gael, Victor, Sonia, Laura V.
 
3º POSTO: EQUIPO B: Pablo M., David Rodriguez, Roberto Uzal, Kevin, Laura, Daniel, Jairo.
 
2º POSTO: EQUIPO A: Diego Bao, Héctor, Sara G., Diego G.,Zito, Alex 4º.
 
1º CLASIFICADO: EQUIPO C: Borja, Sara O., Martín, Alex C., Ainhoa, Rubén, Andrea.
 

 

!!!!!PARABENS A TODALAS/OS PARTICIPANTES ¡¡¡¡¡

 

NOTA: Daremos comenzo ao torneo de baloncesto na próxima xornada cos mesmos equipos.

ROSALÍA DE CASTRO NO CPI VIRXE DA CELA

A poeta galega máis universal, Rosalía de Castro, estaría de aniversario este sábado, día 24 de febreiro, unha xornada a celebrar festexando a nosa autora. Así, no marco deste evento, quixemos celebrar o Día de Rosalía intentando vencellar lectura e competencia dixital realizando un pequeno vídeo no que destacamos a actualidade reivindicativa que a obra de Rosalía segue a ter nos tempos actuais xa que, dende sempre, ela asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento.

 

Coa lectura do manifesto  “Abride a fiestra” escrito por María Reimóndez os alumnos e alumnas de 1º de ESO homenaxean así a Rosalía.
 

             

Tamén a partir do lema deste ano, #AbrideAFiestra,  penduramos na parte interior dos vidros e en distintos paneis diversos debuxos iconográficos de Rosalía para lles dar luz desde as fiestras e tentar facelos visíbeis socialmente. 
 
 
Ademais realizamos chapas que repartimos entre a comunidade educativa e fixemos unha mostra expositiva da obra rosaliana que podedes consultar na nosa biblioteca.
 
 
 

 

 


E como non podía faltar a música, os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria continuando co Proxecta Donas de sí, homenaxean a Rosalía no seu día, no seguinte vídeo co poema "Adiós ríos, adiós fontes".


Entroido no CPI Virxe da Cela

Este ano o Entroido estivo dedicado maioritariamente ao mar, aínda que tamén houbo outras actuacións moi divertidas que para iso é o Entroido. a continuación podesdes ver unha selección de imaxes e vídeos do que foi este día:

Mural cedido pola familia Walter Dobson para decorar o festival de Entroido. Dende aquí queremos agradecer a súa colaboración co centro.

 

 

 
 

 

 

 

Suspensión do transporte escolar: hoxe mércores 7 de febreiro de 2018

AVISO

Debido ás inclemencias meteorolóxicas queda suspendido o servizo de transporte escolar así como a xornada escolar no día de hoxe mércores 7 de febreiro de 2018

30 de xaneiro, Día da Paz

 
     Comezamos esta xornada conmemorativa da Paz e da Non Violencia (martes 30 de xaneiro de 2018) coa visita do alumnado de 4º da ESO do CPI Virxe da Cela a todas as aulas do noso cole, repartindo entre profes e nenos/as os tradicionais adhesivos “Paz 18” e os folios vermellos que recollían o Manifesto Pola Paz, así como o símbolo da Paz. 
      Estas follas serían utilizadas pola tarde para recrear este impresionante círculo vermello “O Reto do Botón da Paz”, un pequeno xesto moi visual que pretende frear o conflito entre as grandes potencias EEUU e Corea do Norte. Esta acción foi o broche final a un acto no que todos os alumnos/as e profesores/as do centro reivindicamos o dereito á Paz Mundial a través da lectura dun manifesto e de varias poesías de poetas galegos: 
        Poema 1.- “Cantarola dos nenos”, de Xosé neira Vilas 
        Poema 2.- “O neno xabarín”, de Xosé Lois García 
       Poema 3.- “Ventos”, de Antonio García Teijeiro 
      Poema 4.-“Teño un corazón senlleiro”, de Celso Emilio Ferreiro 
   
 

                    
   
    Dentro desta conmemoración tamén levamos a cabo un pequeno mural entre toda a comunidade educativa titulado: Choiva de desexos
    Cada alumno e alumna preparou unha pinga de auga na que debuxou e/ou escribiu o seu desexo de paz para unilo á choiva do Virxe da Cela:

 

 
Outra actividade que tamén se levou a cabo foi un programa de radio, feito polo alumnado de 1º de ESO.  Premendo no seguinte enlace poideredes escoitalo:
 

      En resumo, esta xornada que estivemos a conmemorar baséase no principio de que todos –sen distinción de raza, ideoloxía, nacionalidade, lingua ou relixión- somos iguais, cidadáns da mesma terra e en consecuencia estamos e sentimos a chamada a ser máis humanos, a vivir a non-violencia e a traballar pola paz.

“Monfero en clave feminina”.Proxecto anual de investigación, 2º Eso

Dentro da materia de Igualdade de Xénero e en colaboración co Departamento de Orientación e O Concello de Monfero, o alumnado que cursa a materia de Igualdade de Xénero, vai a realizar ao longo do ano, para concluílo e presentalo no último trimestre ao Concello e á propia comunidade educativa, un proxecto de investigación, que a parte de constituír o 50% da nota global da materia, acerca a realidade e o papel da muller no concello onde residen: Monfero. O proxecto ten como obxectivos os sinalados anteriormente na materia pero ademais, mostrar e visibilizar a realidade das mulleres no entorno real dos alumnos e alumnas: os seus roles, as súas actividades de vida diaria, profesións, educación e formación, aspiracións, papel na familia, a valoración pola súa familia, parella, xefas e xefes, contorna, os estereotipos predominantes, as posibles situacións de trato e violencia, de discriminación ou non, etc. E propoñer ademais o final da investigación como obxectivo e conclusión, melloras ou posibles alternativas, solucións ou reforzos, a aqueles aspectos que se detectaran como discriminativos, inxustos ou nocivos, resaltando tamén os positivos, a través dunha charla- exposición- presentación ao propio concello, no Centro escolar, con asistencia das familias e comunidade educativa, das conclusións acadadas polos propios alumnos e alumnas tras a súa investigación de campo.
 
 
 
O traballo, que se vai estruturar en  3 bloques ou fases que coinciden cos tres trimestres do curso:
- 1º bloque: de investigación de campo (información varia: estatísticas e enquisas, etc. no centro, casa, contorna, concello).
- 2º bloque: volcado de datos e análise da información
- 3º bloque: elaboración de conclusións e propostas de mellora e presentación final.
 
Reunión no Concello de Monfero
 
Dentro do traballo do 1º bloque, entra a nosa visita o Concello de Monfero, e a entrevista  a Maica, (traballora social do Concello)que ademais  de atender pacientemente e amablemente as  nosas preguntas e aportarnos moita información, nos facilitou  o II Plan de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres, para poder traballar sobre el, e que nos facilita un amplo coñecemento sobre a realidade da temática que tratamos en relación o noso concello. Tamén pasou a saudar e deixarse entrevistar  o Alcalde do Concello de Monfero, (, feita polos alumnos da materia de Igualdade de Xénero, de 2º de ESO: Daniela, Hector Bouzeta e David Castrillón.
Os nosos alumnos/a exerceron de pequenos repororteiros, con actidude critica e responsable, facendo non só pregreguntas axeitadas, se non tamén aportacións e opinións moi positivas e interesantes., que nos fixeron sentir moi orgullosas, sendo a experiencia moi positiva en canto a o seu comportamento e a opinión que nos transmitiron, sobre todo por coñecer de primeira man a realidade na súa contorna e de primeira man, a situación das mulleres. 

PROXECTO CIBERMANAGERS PARA A IGUALDADE

 
O Departamento de Orientación e a Profesora da materia de Igualdade de Xénero, dentro do Progama “ 365 días de Igualdade” do Plan Proxecta avalado pola Consellería de Igualdade da Xunta de Galicia, pon en marcha o proxecto “Cibermanagers”, baseado na aprendizaxe servizo solidario ,  a través do departamento de psicoloxía de PantallasAmigas*( Entidade sen ánimo de lucro, co obxectivo de fomentar o uso seguro e saudable das tecnoloxías e o fomento da cidadanía dixital responsable na infancia e na adolescencia, así como en todas as persoas involucradas na súa educación.). motivadas ademais,  polo alto índice de machismo na nosa sociedade e o incremento do mesmo entre os adolescentes
É un proxecto intensivo que se realiza ao longo dunha semana e que consta de catro fases desenvoltas polo equipo de PantallasAmigas:
 


Fase 1. Formación xeral para os grupos de 2º e 3º de ESO durante dúas horas consecutivas (Luns 29 de xaneiro, 2ª e 3ª hora todo o alumnado de 2º e 3º ESO).

Fase 2: Capacitación do grupo de voluntarios e voluntarias. Dos cursos 2º e 3º ESO elixirase un grupo de voluntarios e voluntarias que recibirán 6 horas de formación específica en materia de xénero, así como de habilidades para a xestión de grupos e solución de conflitos. (Martes, 30 xaneiro 4ª e 5ª hora, mércores, 31 xaneiro 5ª e 6ª hora e xoves, 1 de febreiro a 4ª e 5ª hora. Só alumnado voluntario de 2º e 3º ESO, o resto quedará co profe na aula).
 

 Fase 3: Servizo en 5º e 6º de Educación Primaria: o grupo de voluntarios e voluntarias, acudirá ás clases dos seus compañeiros/as máis novos ao longo de dúas clases consecutivas a realizar unha formación teórico-práctica previamente preparada. (venres 2 de febreiro a 1ª e 2ª hora. Alumnado voluntario de 2º e 3º ESO e alumnado de 5º e 6º de Primaria).

Fase 4: Sesión teórica para as familias do centro educativo. O alumnado de 5º e 6º de Primaria realizará unha sesión conxunta coas súas familias, dirixida polo equipo de PantallasAmigas e o equipo de voluntarios e voluntarias (Aún sen data).

Actuación de Xoan Curiel e Jara

O luns 18 de decembro tivemos a visita de Xoan Curiel e Jara que nos fixeron un percorrido por diferentes estilos musicais. Xoan co ukelele e a guitarra aprendeunos a diferenciar o blues, reggae, rock ou a bossa nova e Jara iniciounos nas distintas formas de tocar a pandeireta, con ela escoitamos a muiñeira, a jota ou a rumba. Despois tocaron xuntos unhas pezas e algúns compañeiros axudáronlles no escenario a preparar a coreografía. Pasámolo fenomenal!!!

 

 

 

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut