Skip to Content

Feliz Nadal a todos !!!

Recreos Residuos Cero

 
https://teachersforfuturespain.org/que-hacemos/recreos-residuo-cero/
No CPI Virxe da Cela, neste curso 2019/20 estamos participando en Recreos Residuos Cero. Este é un programa que consiste en motivar ao alumnado para que nos seus xantares ou merendas non haxa residuo, ou polo menos, o mínimo posible. Para iso deberán usar envases retornables como fiambreiras para sólidos e cantimploras para a auga a fin de eliminar as botellas de plástico e os envases dun só uso como plásticos, papel de aluminio, etc. 

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Parece que todos os días semellan iguais, máis este 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, queremos dun xeito especial, denunciar e levantar á nosa voz contra esta lacra. A violencia contra as mulleres é unha das máis degradantes violacións dos Dereitos Humanos e continúa progresando no ámbito global.
Algo estamos a construír mal nesta sociedade cando non somos capaces de resolver os conflitos coa palabra. Vivimos nun mundo no que cada vez se vai máis rápido e no que o individualismo e o poder é o que conta. Debemos espertar as nosas conciencias ante as inxustizas e o sufrimento. Debemos pararnos e sentir que cada morte, cada acto violento fainos a todos e a todas vulnerables.
É por iso polo que debemos seguir insistindo en campañas de prevención, informando e previndo desde todos os ámbitos da sociedade: desde a familia, cunha educación en igualdade, desde os colexios, cunha coeducación real, desde o traballo e desde os poderes políticos.
No noso centro, o CPI Virxe da Cela o alumnado de ESO tomou a iniciativa de visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa e a toda a  sociedade en xeral  realizando unha exposición de carteis creados  por eles  na que mostran, a través da imaxe, a súa visión sobre esta data.
A exposición, na que tamén se amosan algúns carteis creados polo alumnado do CPI As Mirandas de Ares, co cal colaboramos en diferentes datas, está exposta en ámbolos dous centros.
 
Por último dicir que, a todos os que formamos parte do CPI  Virxe da Cela, encantaríanos que moi pronto, o 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, non haxa nada que celebrar. Porque celebrar este día, deste xeito, non é unha festa, é un toque de atención para que nos demos conta e nos levantemos en defensa dos nosos dereitos e liberdades, porque as mulleres somos iguais aos homes e nada nin ninguén debe someternos. Mentres tanto, desde o noso colexio, seguiremos educándonos na igualdade e loitando pola dignidade de todos e todas.
Finalizamos coas verbas dunha excepcional muller, Clara Campoamor quen dixo:
“ACUSEI AS INXUSTIZAS PORQUE NON QUERO
QUE O MEU SILENCIO AS ABSOLVA”
 
A pesar das nosas diferenzas, compartimos a mesma realidade e estamos unidos na loita para conseguir que o mundo sexa un lugar mellor para todas e todos.
Porque queremos outro mundo, e sabemos que é posible....
CONSTRUÁMOLO ENTRE TODOS!


(Podedes premer na imaxe para velos en grande).
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Manifesto conxunto a favor dos dereitos dos nen@s e en contra da Violencia de Xénero
 

 

 
 
CARREIRA SOLIDARIA 2019
MANIFESTO NO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS
E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
 
Hoxe con esta carreira solidaria queremos  conmemorar dúas datas significativas que cumpre lembrar: por unha banda o Día Internacional dos  Dereitos dos  Nenos e Nenas e por outro O Día Internacional contra a Violencia de  Xénero. Por iso reunímonos aquí para alzar as nosas voces e manifestar o noso compromiso concreto de traballar pola xustiza e a defensa dos Dereitos de todos.
A pesar de que todos os nenos e nenas temos os mesmos dereitos, somos conscientes de que en moitas partes do mundo vense vulnerados e que os gobernos e a sociedade en xeral non fan todos os esforzos necesarios para cambiar esta situación.
É unha sorte ter unha familia que nos ama, recibir educación, estar rodeados de xente en quen poder confiar e de amigos que nos axudan, ter asistencia médica, comida e unha casa. Moitos outros nenos e nenas non poden dicir o mesmo. Por iso, queremos dar as grazas a todos aqueles que se preocupan por nós e que nos axudan para que os nosos dereitos sexan respectados.
 
Pero queremos ir máis aló da nosa contorna máis próxima e manifestar de maneira especial o noso firme rexeitamento a todas as situacións que viven millóns de nenos e nenas cando se vulnera a súa condición humana. Rexeitamos especialmente a guerra e as súas consecuencias, a explotación laboral e sexual, a marxinación polas discapacidades físicas ou psíquicas, o tráfico de nenos e a súa morte, a  mutilación e o tráfico de órganos, a escravitude. Non aceptamos que os nenos e as nenas se instrúan na guerra e maten, ou que se convertan en nenos soldados. Non aceptamos que se incite aos nenos ao odio e á violencia. Unímonos a todos eses nenos e nenas anónimos que pasaron por este mundo sen recibir amor nin protección.
Por iso, pedimos que todos os países se comprometan, que acepten e cumpran os dereitos dos nenos. Que as familias, os centros educativos, os gobernantes, as institucións e a sociedade en xeral recoñezan que os nenos somos persoas con dereitos e deberes, que nos deben respectar e coidar e que temos dereito a ser nenos e a comportarnos así.
 
Nós, esforzarémonos por respectar e axudar aos demais para solucionar os conflitos mediante o diálogo, para coidar da natureza, para valorar a liberdade, para facer feliz ao que temos á beira. En definitiva, comprometémonos a construír un mundo mellor para todos e todas.

Por outra banda, tamén queremos lembrar a todas as mulleres que sufriron violencia de xénero e denunciar e condenar calquera tipo de acto violento exercido contra elas, xa sexan malos tratos físicos, que deixan marca e doen, que humillan e someten; abuso verbal e malos tratos psicolóxicos, que destrúen, anulan e aniquilan a liberdade da muller; e os malos tratos sexuais, que  denigran e afunden ás vítimas.
 
No noso cole tentamos priorizar accións para a igualdade efectiva entre homes e mulleres. Accións que, como no día de hoxe, poñen de manifesto que achegamos o noso gran de area na loita contra esta lacra que fai á nosa sociedade débil ética e moralmente.

A todos os que formamos parte do CPI  Virxe dá Cela, encantaríanos que moi pronto, o día 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, non haxa nada que celebrar. Porque celebrar este día deste xeito non é unha festa, é un toque de atención para que nos deamos conta e nos levantemos en defensa dos nosos dereitos e liberdades, porque as mulleres somos iguais aos homes e nada nin ninguén debe someternos. Mentres tanto, desde o noso colexio, seguiremos educándonos na igualdade e loitando pola dignidade das mulleres.

A pesar das nosas diferenzas, compartimos a mesma realidade e  estamos unidos na loita para conseguir que o mundo sexa un lugar mellor para todos. Porque queremos outro mundo e sabemos que é posible....
 
                                         CONSTRUÁMOLO ENTRE TODOS! 

 
 

CARREIRA SOLIDARIA NO CPI VIRXE DA CELA

 

 

Como en anos anteriores, o venres 22 de Novembro do 2019 (Venres) celebramos  no noso centro a Carreira Quilómetros de Solidariedade  para colaborar coa ONG “Save the Children”, que este ano vai dedicada ás nenas/os do pobo Rohingya.
Pero este ano, a carreira tivo un triple motivo de conmemoración. Tendo en conta que o 20 de Novembro foi o día dos Dereitos dos Nen@s e o 25 de Novembro é o Día Internacional contra da Violencia de Xénero, conmemoramos no mesmo acto estas dúas datas e os valores que representan.
Así que a carreira (a diferencia doutros anos) foi unha carreira de relevos por clases, encabezada primeiro por unha rapaza de cada un dos cursos que, sentada nunha cadeira de cor vermella (símbolo dos millóns de nenos e nenas que non teñen dereito á educación), recolle o relevo simbolizado por un facho de cor morado (símbolo do Día contra a Violencia de Xénero), dando saída a todos os nenos e nenas do seu curso.
Cada clase vestiu unha camiseta facilitada polo Concello, coa lenda Monfero en Negro e o dorsal de “Save the Children”.
Ao remate da carreira Clara e Lucía, alumnas de 4º ESO, leron un manifesto a favor dos Dereitos dos Nen@s e en contra da Violencia de Xénero.
Como final do acto as profesoras de E.F deron aos nenos, nenas e rapaces/as un agasallo e un  diploma pola súa participación.
Dende o noso cole queremos dar as grazas a toda a comunidade educativa pola súa colaboración e solidariedade.

 

Porque un mundo mellor é posible....
 
CONSTRUÁMOLO ENTRE TODOS!
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

Encontro de Ecocomedores

Neste curso estamos participando no proxecto de ecocomedores. O pasado 26 de outubro  de 2019 celebrouse no CEIP Bragade de Cesuras,  un curso de formación chamado "Circuito Corto" a cargo do Proxecto Ecocomedores.
Nesta xornada reuníronse cociñeiros, responsables de comedor, docentes, pais e nais de varios centros participantes no proxecto con distintas asociacións de produtores como  o GDR (Grupo de desenvolvemento rural de Betanzos) ou ALEGA.


 
Coa axuda de Nani Moré, unha recoñecida cociñeira catalana, aproximámonos a contidos tan interesantes como: cantidade de verdura a consumir por un adulto e un neno en cada comida, calcular o prezo do menú, os produtos de cercanía ou elaborar un menú semanal.
Entre todos os participantes no curso, realizouse un menú consistente en: lentellas vexetais, ensalada de col e arroz integral con verduras de tempada. Rematouse o curso ca degustación do menú e a posta en común das opinións dos participantes.

 

 

Samaín e magosto no Virxe da Cela

Aproveitando o ambiente de terror e medo do Samaín, o alumnado de Educación Primaria participou nun espeluznante Escape Room organizado por Ruth Varela (mestra de educación física).

Un ano máis celebramos o Samaín na Biblioteca Castelao. Decoramos a porta como unha mazmorra na que se encerran os tesouros literarios.
 
Tamén expuxemos as cabazas participantes no concurso. Os premios foron entregados no magosto.
 
 

O mércores 30 outubro tivemos a actuación Paco Nogueiras seguido do noso tradicional magosto cas castañas aportadas polas familias. Durante esta celebración fixemos a entrega de premios do Concurso de Portas e do Concurso de Cabazas.

PREMIADOS CONCURSO PORTAS:

4º primaria e 2º ESO
As portas das aulas de educación infantil levaron un diploma e un agasallo de mención especial

PREMIADOS CONCURSO CABAZAS:

  • Cabaza máis divertida: Mario Prieto (5º EI)
  • Cabaza máis orixinal: Tatiana Mosquera (4º EP)
  • Cabaza máis doce: Saray Souto (3º EP)
  • Cabaza máis terrorífica: Marcos Garabana (6º EP)

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

O venres 25 de outubro os máis pequenos desfrutamos o taller ao grande!!!!!!! Un título terrorífico: A festa do Medooooo!!

 

#BEACTIVE. SEMANA EUROPEA DO DEPORTE. O MOVEMENTO É VIDA

 
 
“El Día Europeo del Deporte Escolar 2019 volvió a batir records. Galicia y Comunidad Valenciana compiten por ser líderes en participación.”

“Más de 300 centros inscritos en el Día Europeo del Deporte Escolar 2019 el próximo 27 de Septiembre”.(Fonte Plan Proxecta)

Na semana do 23 ata o 27 de Setembro, no noso cole CPI Plurilingüe Virxe da Cela, celebramos a Semana Europea do deporte, baixo o lema #Beactive. Está é unha campaña que se celebra a nivel europeo, para o fomento do deporte e actividade física, e onde os diferentes centros o celebran facendo actividades diversas. Nós participamos como centro “activo” con diversas actividades e dentro do Plan Proxecta e PDC.
Comenzamos a nosa andaina, a través da explicación que as alumnas/os de 2º de Eso de Promoción de hábitos saudables foron dando clase por clase, sobre o programa #Beactive e as actividades a levar a cabo durante dita semana, as cales foron:
•    Tódolos días e tódolos cursos (dende infantil, primaria e secundaria ), o finalizar cada hora tíñamos que dedicarlle uns minutos a facer algo de deporte entre clase e clase ( 5´ultimos): fixemos unhos estiramentos dirixidos por un alumno/a e facilitados polas profesoras de E.Física, segundo unha ficha.
•    Entregamos un triptico informativo sobre os beneficios, pautas e recomendacions de como e porque facer actividade física e deporte, para levar a casa e entregalo as mamas/papas/titores.
•    O Xoves 26, cambiamos as clases normais por xogos e deportes durante toda a xornada lectiva, coa participación de todo o profesorado e todo o alumnado.

 

Lembrade... #Beactive. (O movemento é vida)
 
 
 

 

 
 
 
 

 

Informe D.A.F.I.S.

DAFIS – DATOS DA ACTIVIDADE FÍSICA PARA A SAÚDE CURSO 2018-19

 

Un ano máis e dentro da programación da materia de Educación Física en Primaria e Secundaria, o noso centro  participa (o igual que anos anteriores)no Plan Proxecta, a través da plataforma  DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física Saudable), enmarcado no Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia e coordinado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

 

Este programa,como xa mencionamos,  aparece para facilitarnos aos profesores a valoración da condición física dos nosos alumnos e no noso CPI estamos a desenvolvelo dentro do Plan Proxecta. Os protocolos de valoración pretenden medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado científicamente que gardan relación coa saúde (forza, resistencia, flexibilidade, axilidade-velocidade) e permite coñecer en qué estado físico se atopa un alumno para decidir cales son os aspectos que necesitan mellorar e cales non. Esta valoración é fundamental para coñecer e facer un seguemento dos seus valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades.

 

A continuación publicamos un documento no que aparecen os resultados por idade e sexo en cada unha das probas físicas e no IMC, e a evolución das mesmas nos nosos alumos/as. As cores verdes indican que os valores se corresponden cunha condición física saudable e as cores vermellas nos avisan que debemos mellorar nesas cualidades físicas. En cada unha das probas podemos comparar tamén os resultados coa mediana en Galicia,aportando información moi relevante para o coñecemento  e mellora e reforzo da condición física  saudable do alumnado e por ende da sua sáude en xeral.

De igual forma, aporta ese coñecemento as familias e os médicos ou pediatras que tratan os nenos, reforzando dobremente os obxetivos da mellora no traballo da saúde das nosas nenas/os, máis ala da propia materia de E.F, buscando como obxectivo que todos os axentes que forman parte da vida do neno/a, interveñan no  correcto desenvolvemento da súa saúde.

 

 

 

PLAN DE TRABALLO-MELLORA DA RESISTENCA AERÓBICA E A CAPACIDADE CARDIORESPIRATORIA : COMO CORRER DE O A 5 KILOMETROS DENDE “0”.

 

Dende o departamento de E.Física de Secundaria,tendo en conta o análisis dos resultados obtidos  no DAFIS e a conclusión de necesidade de mellora de algúns aspectos da vosa c. física e por ende da vosa saúde, e de cara o verán, (no que o noso alumnado vai ter tempo de lecer); vos deixo un PLAN DE TRABALLO que podedes atopar na web:  https://escueladerunning.com/,  para realizar de forma voluntaría a todos aqueles/as que queran mellorar ou ou reforzar a súa condición física saudable; centrado sobre todo, na mellora da resistencia aeróbica ( para mellorar a nosa capacidaded cardio-respiratoria).

 

Van tamén unha serie de recomendacións, que podedes atopar na web: https://escueladerunning.com/ sobre o tipo de calzado a elexir, roupa, técnica, nutrición, etc, que é interesante que leades, non só como información xeral ou para empezar a practicar actividade física adecuadamente, se non para evitar lesións e malos hábitos.

 

O plan de traballo para chegar a correr 5 Km dende 0, establece un reto facilmente conseguible e asequible, xa que alterna andar con correr, ata chegar a carreira continua en 3 sesións semanais de entre 30-45´cada día, o traballo é en días alternos. Esta plantexado non só para os alumno/as, se non para  nais/pais ou familiares e amigas/os que decidan intentalo, sendo o traballo así máis divertido e ameno, e con a idea de motivar a maior número de xente, do voso entorno a practica de actividade física saudable. Parte de “0”,coma si non tiveramos ningunha base física, así que pode acadalo calquera, que esté en condicións de saúde normais ( eso si, sempre revisión médica previa antes de empezar a practicar calquera actividade física ou deporte).

 

Asi que esperando que vos aporte e axude ESE PLAN DE DESAFIO SAUDABLE”, bó verán a todos, e lembrade:

“CORRER E ANDAR, TODO É EMPEZAR”

1º Seman:

 

Día 1

Día 2

Día 3

Calentamiento: 5 minutos andando.
1 minuto corriendo, 3 minutos andando (5 series)
Enfriamiento: 5 minutos andando.
Estiramientos.

Total: 30 minutos

Calentamiento: 5 minutos andando.
1 minuto corriendo, 3 minutos andando (5 series)
Enfriamiento: 5 minutos andando.
Estiramientos.

Total: 30 minutos

Calentamiento: 5 minutos andando.
1 minuto corriendo, 3 minutos andando (5 series)
Enfriamiento: 5 minutos andando.
Estiramientos.

Total: 30 minutos

 

2º Semán:

Día 1

Día 2

Día 3

Calentamiento: 5 minutos andando.
90 segundos corriendo, 3 minutos andando (5 series)
Enfriamiento: 5 minutos andando.
Estiramientos.

Total: 32,5 minutos

Calentamiento: 5 minutos andando.
90 segundos corriendo, 3 minutos andando (5 series)
Enfriamiento: 5 minutos andando.
Estiramientos.

Total: 32,5 minutos

Calentamiento: 5 minutos andando.
90 segundos corriendo, 3 minutos andando (5 series)
Enfriamiento: 5 minutos andando.
Estiramientos.

Total: 32,5 minutos

 

3º Semán:

Día 1

Día 2

Día 3

Calentamiento: 5 minutos andando.
2 minutos corriendo, 2 minutos andando (5 series)
Enfriamiento: 5 minutos andando.
Estiramientos.

Total: 30 minutos

Calentamiento: 5 minutos andando.
2 minutos corriendo, 2 minutos andando (5 series)
Enfriamiento: 5 minutos andando.
Estiramientos.

Total: 30 minutos

Calentamiento: 5 minutos andando.
2 minutos corriendo, 2 minutos andando (5 series)
Enfriamiento: 5 minutos andando.
Estiramientos.

Total: 30 minutos

4º Semán:

Día 1

Día 2

Día 3

Calentamiento: 5 minutos andando.
3 minutos corriendo, 2 minutos andando (5 series)
Enfriamiento: 5 minutos andando.
Estiramientos.

Total: 35 minutos

Calentamiento: 5 minutos andando.
3 minutos corriendo, 2 minutos andando (5 series)
Enfriamiento: 5 minutos andando.
Estiramientos.

Total: 35 minutos

Calentamiento: 5 minutos andando.
3 minutos corriendo, 2 minutos andando (5 series)
Enfriamiento: 5 minutos andando.
Estiramientos.

Total: 35 minutos

 

5º Seman:

Día 1

Día 2

Día 3

Calentamiento: 5 minutos andando.
5 minutos corriendo, 2 minutos andando (3 series)
Enfriamiento: 5 minutos andando.
Estiramientos.

Total: 31 minutos

Calentamiento: 5 minutos andando.
5 minutos corriendo, 2 minutos andando (3 series)
Enfriamiento: 5 minutos andando.
Estiramientos.

Total: 31 minutos

Calentamiento: 5 minutos andando.
5 minutos corriendo, 2 minutos andando (3 series)
Enfriamiento: 5 minutos andando.
Estiramientos.

Total: 31 minutos

6º Semán:

Día 1

Día 2

Día 3

Calentamiento: 5 minutos andando.
8 minutos corriendo, 2 minutos andando (3 series)
Enfriamiento: 5 minutos andando.
Estiramientos.

Total: 40 minutos

Calentamiento: 5 minutos andando.
8 minutos corriendo, 2 minutos andando (3 series)
Enfriamiento: 5 minutos andando.
Estiramientos.

Total: 40 minutos

Calentamiento: 5 minutos andando.
8 minutos corriendo, 2 minutos andando (3 series)
Enfriamiento: 5 minutos andando.
Estiramientos.

Total: 40 minutos

7º Seman:

Día 1

Día 2

Día 3

Calentamiento: 5 minutos andando.
10 minutos corriendo, 1 minuto andando (3 series)
Enfriamiento: 5 minutos andando.
Estiramientos.

Total: 43 minutos

Calentamiento: 5 minutos andando.
10 minutos corriendo, 1 minuto andando (3 series)
Enfriamiento: 5 minutos andando.
Estiramientos.

Total: 43 minutos

Calentamiento: 5 minutos andando.
10 minutos corriendo, 1 minuto andando (3 series)
Enfriamiento: 5 minutos andando.
Estiramientos.

Total: 43 minutos

8 ºSemán:

Día 1

 

Día 2

Día 3

Calentamiento: 5 minutos andando.
15 minutos corriendo, 1 minuto andando (2 series)
Enfriamiento: 5 minutos andando.
Estiramientos.

Total: 42 minutos

Calentamiento: 5 minutos andando.
15 minutos corriendo, 1 minuto andando (2 series)
Enfriamiento: 5 minutos andando.
Estiramientos.

Total: 42 minutos

Calentamiento: 5 minutos andando.
15 minutos corriendo, 1 minuto andando (2 series)
Enfriamiento: 5 minutos andando.
Estiramientos.

Total: 42 minutos

9ª Semana: Plan de trabajo semanal

Esta vez non haberá un plan semanal. Simplemente temos que salir a correr. Frente as duas series de 15 minutos da semana anterior con ese minuto no medio para recuperar,  nesta ocasión simplemente correremos. Saldremos a correr e o faremos durante esos 30 minutos.

 

GRADUACIÓN 2019

O xoves 20 de xuño celebramos a graduación do alumnado de 4º de ESO. Foi un acto emotivo, son moitos os recordos que se acumulan en 13 anos de convivencia, pero tamén  nos divertimos con algunha destas lembranzas. Finalmente desexámoslle a esta promoción tan marabillosa que acaden todos os seus soños, nesta nova etapa que hoxe emprenden.

 
 

 
 
 
 

SAÍDA EUMENATURA XUÑO DE 2019


O Mércores 12 de Xuño do 2019, organizado polo Departamento de E. Física, o alumnado de E.Primaria  e E.Secundaria, acompañadas polo profesorado, fixeron unha saída, dentro das actividades enmarcadas nas U.D de “Actividades na natureza” para ambas etapas. A empresa encargada de levar a cabo a actividade foi “ Eumenatura.” A actividade, abarcou todo o día.
Na  saída, onde se fixeron múltiples actividades de aventura,  comezou cunha  ruta de sendeirismo polos fermosos entornos do Eume e Monfero, para logo continuar, con circuítos de obstáculos, xogos tradicionais,un Castelo inflable e un súper tobogán acuático!!, xantando no mesmo lugar dos xogos, mentres aproveitaban o tempo de lecer.
O alumnado disfrutou do lindo!. Agradecemos o trato a empresa organizadora, esperando o ano que ven repetir experiencias similares.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut