Skip to Content

Educación física

XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS

Durante a xornada lectiva do 31 de outubro tivo lugar no CPI Virxe da Cela a celebración do Magosto 2017. Iniciamos a xornada con xogos e actividades deportivas populares e tradicionais para o alumnado de EI e EP. Todas elas se celebraron no patio interior do colexio e na aula de Psicomotricidade en horario de mañá (despois do recreo). Houbo xogos que se adaptaron para que a castaña pasara a sen un aspecto importante dentro deles (como por exemplo a culler-castaña) e outros “clásicos” como as carreiras de sacos. Para o desenvolvemento delas, contouse coa colaboración do alumnado de 3º da ESO.

  

   

                                

Visita do alumnado da ESO á Serra de Forgoselo

O pasado martes 17 de novembro ao alumnado da ESO foron de Excursión á Serra de Forgoselo, situada entre ois concellos de A Capela e As Pontes.
 
 
 
 
 
Durante esta actividade o alumnado traballou varios aspectos relacionados co currículo educativo:
 
En esta visita tiña como unha das finalidades valorar diversos aspectos ecolóxicos da zona. Como son as distintas paisaxes que podemos observar como as zonas de brañas, modelaxes graníticas e a peculiaridade desta Serra na que a explotación semiextensiva de gando equino e vacún, conxuntamente á explotación forestal, fai que se desenvolva un ecosistema de pastoreo característico no que destaca a ausencia en moitas zonas de monte baixo que engade ao valor paisaxístico unha protección fronte aos lumes.
 
 
Aspecto dunha das zonas de brañas. A intensa seca deste ano fai que zonas que antigamente nesta época do ano estaban encharcadas poidan ser agora transitables.
 
 
As formacións graníticas da zona engaden  un alto  valor paisaxístico a zona
 
 
 
A presenza de gando en réxime semiextensivo, ademáis do valor deste tipo de explotación, engade o valor de  axudar ao control da maleza e protexer contra a expansión dos incendios.
 
 
Outro dos atractivos que ademais da un valor engadido a este terreo é a presenza de cogomelos nesta época.
 
 
Non obstante tamén puidemos observar en certas zonas impactos sobre estes ecosistemas, como proliferación de eucaliptos, colonización dos toxos nas brañas moi ligado á progresiva seca das brañas polo cambio climático.
 
Nalgunhas zonas a proliferación de eucaliptos e toxos comeza a ser excesiva, poñendo en perigo o valor natural deste ecositema.
 
 
Tamén a resaltar  como esta Serra está moi ligada coa produción enerxética. Primeiro coa proximidade da antiga escombreira da mina de carbón de As Pontes, actualmente en proceso de rexeneración forestal; e actualmente co establecemento de parques eólicos nas proximidades. 
 
Ao fondo antiga escombreira da mina de carbón de As Pontes en proceso de rexeneración
 
Transitando pola serra co parque eólico ao fondo
 
Ademais a actividade serviu para traballar outros aspectos como desenvolver actividades físicas na natureza mediante a realización dun percorrido de 7 km pola Serra traballando ademais o manexo do mapa e orientación sobre o terreo, para o cal para a realización da ruta marcouse un percorrido nun mapa da zona.

VISITA A MONDOÑEDO "AS COVAS DO REI CENTOLO"e SEMANA DA BICICLETA

O día 26 de setembro o alumnado de 3º e 4º da ESO visitaron a localidade de Mondoñedo. Dita visita tiña como obxectivo coñecer unha das paisaxes máis peculiares do territorio galego, como é unha das pequenas franxas de terreo calcáreo que temos na nosa comunidade. Este tipo de terreo ten a peculiaridade de ser facilmente erosionado pola auga formando cavidades subterráneas e outro tipo de formacións características que en conxunto denomínase paisaxe cárstico. 

 Así o alumnado realizou unha actividade de espeleoloxía percorrendo durante hora e media aproximadamente 400 m dos 7km que ten a cova. Durante a visita puideron observar diferentes formacións típicas deste tipo de relevo como estalactitas e estalagmitas, así como percorrer galerías, túneles e observar un pequeno lago subterráneo.

Ademais a xornada aproveitouse para visitar a localidade de Mondoñedo, antiga capital de provincia de Galicia, onde puidemos valorar o seu extenso patrimonio arquitectónico e histórico, entre o que cabe destacar a súa catedral.

                                                                        

 

 

 Semana da bicicleta no CPI Virxe da Cela

 
 
Co gallo da Semana Europea da mobilidade e aproveitando  a organización polo Concello de Monfero e Irixoa o día 7 de outubro do paseo en bicicleta,  o noso centro ten programado a celebración da semana da bicicleta. A Semana Europea da Mobilidade, celebrada todos os anos entre o 16 e 22 de setembro é unha campaña dirixida a sensibilizar sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche, tanto para a saúde pública como para o medio ambiente, e os beneficios do uso de modos de transporte máis sustentables como o transporte público, a bicicleta e as viaxes a pé.
 
Durante a primeira semana de outubro o alumnado poderá traer as súas bicicletas ao colexio e participar de diferentes actividades nos tempos de lecer do recreo e mediodía.
Os obxectivos desta actividade son:

-         

Fomentar o uso responsable da bicicleta como elemento lúdico no tempo de lecer

-         

Perfeccionamento no manexo da bicicleta e nocións básicas de mecánica

-         

Educación vial

 
 
 
 
Para isto realizamos no patio do colexio  distintas actividades e percorridos coa bicicleta no que engadimos diversas sinais de tráfico. Tivemos ademáis a visita de Francisco López Costoya, profesor de Educación  Física do IES As Mariñas de Betanzos e contrastado deportista no mundo da bicicleta na modalidade de orientación e  con varios títulos a nivel nacional e internacional que impartiu 2 sesións técnicas sobre manexo e seguridade na bicicleta.  
 
 
 
 
 
 
 

ENTREGA TROFEOS TORNEOS ESCOLARES E DIPLOMAS DELEGADOS/AS, SUBDELEGADOS/AS E DIPLOMAS COLABORACIÓN CURSO 2016-17.

O día 23 de Xuño do 2017, dentro do último día de clase, no Pavillón Polideportivo do Concello, tras un ano escolar de competicións deportivas da ESO, fixemos a entrega dos merecidos trofeos os equipos participantes ( detallados xa na nota sobre as competicións da páxina web e no Departamento de E.F) e o mellor xogador/ra (Adrián Mosquera de 4º ESO), mellor porteiro/ra( Pablo Maroño de 2º ESO) e o xogador/ra que máis se superou ( David Castrillón de 1º ESO), elixidos por todo o alumnado.

Ademais, a todo o alumnado participante se lle entregou un diploma de participación.

 

No mesmo acto, se entregaron tamén os diplomas os delegados/as-subdelegados/as de cada clase por parte de Dirección e Xefatura de estudos, e os de voluntariado por parte das profesoras de Relixión e C. Sociais, o curso de 4º de ESO.

VISITA AO RESTAURANTE “CASA SOLLA” DO COCIÑEIRO PEPE SOLLA (unha estrela Michelín)

VISITA AO RESTAURANTE “CASA SOLLA” DO COCIÑEIRO  PEPE SOLLA (unha estrela Michelín)

PROGAMA "EDUMOTIVA". 22 DE XUNIO DE 2017

Os alumnos/as de 1º e 2º de ESO, xunto coas profesoras Mª Jesús Puchares do Departamento de Orientación e Mª Teresa Blanco profesora de E.Física e Promoción de Hábitos saudables de Secundaria, fumos a visitar este día 22 de Xunio de 2017, o Restaurante “Casa Solla” en Poio, do prestixioso  e galardonado cociñeiro Pepe Solla, que ten concedida unha estrela Michelín.

A visita foi solicitada  e organizada polo Departamento de E.Física, a través da súa profesora, enmarcada  na programación da asignatura de Promoción de Hábitos saudables dentro do programa “Edumotiva”, que organiza e coordina a Xunta de Galicia, e que trata de achegar persoas  importantes e destacadas de diferentes ámbitos e profesións (Deportes, ciencia, restauración, investigación, etc..) da comunidade galega, o alumnado, para mostrarles o seu traballo, traxectoria e logros e motivar así, os alumnos, dandolles ademáis a fantástica oportunidade de acceder a elas e os seus coñecemntos, que de outra forma, sería menos doado.

O noso centro, neste caso, tivo o privilexio,  este ano de ser seleccionado para esta visita-obradoiro, entre numerosos centros de Galicia .

A visita  ( de 10 a 11:30) consisteu nunha charla-coloquio con Pepe Solla sobre a súa vida, e traxectoria profesional, ata chegar a donde está e a obtención da estrala Michelín, e unha visita guiada polo seu restaurante da súa man, coñecendo todos os aspectos que moven o funcionamento dun restaurante de alta cociña e as partes de que está composto, así como a posibilidade de ver de primeira man o funcionamento real, xa que puidemos ver a preparación dos pratos  para o menú do día,e o traballo de todo o seu persoal, a súa coordinación, profesionalidade e eficiencia.

Temos que sinalar, que se mostrou  unha persoa dunha gran calidade humna,   moi cercana e afable que nos atendeu moi ben, e cun grande sentido cívico e ecolóxico, no plantexamento do seu negocio contestando ademáis, a tódalas preguntas que lle fixeron os rapaces/as. E moi importante sinalar tamén, o que lle remarcou os rapaces con respecto os productos da terra, a súa valoración a boa elaboración e traballo ,a calidade  e a adquisición deles a través de a mayoría de productores locales. O noso sinxelo agradecemento.

Os nosos nenos/as, comportáronse estupendamente, sendo moi participativos e facéndolle preguntas moi interesantes; así  que coidamos que a visita foi positiva e moi constructiva, dado o interese que a maioría mostrou.

 Rematamos a xornada, con unhas horas de lecer en San Xenxo e a súa Praia de Silgar, que tamén o merecían os nenos. Voltamos sobre as 16:00 o centro, despois dun día moi gratificante.

XORNADA XOGOS POPULARES. SAMAÍN - MAGOSTO. 29/10/2016

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA PRIMARIA E SECUNDARIA

 O día 29 de Outubro do 2016, celebramos no centro, as actividades de Samaín e o Magosto. Dentro das actividades programadas, se entregaron os premios do concurso de decoración de portas por clases, do Samaín e tivemos una xornada de Xogos populares organizados polo Departamento de E. Física de Primaria  coa colaboración do Departamento de E. Física de Secundaría ( a través da participación dos alumnos/as no desenvolvemento dos xogos e control dos alumnos de primaria e infantil) e enmarcada dentro das actividades de Xogade do Plan Proxecta. Así, os máis pequenos participaron en múltiples xogos relacionados co Magosto e o seu producto estrela: as castañas. Os nenos/as do centro( así como nais/país e profes), disfrutaron dunha xornada lúdica e divertida, na que tamén os/as que quixerón, forón caracterizados con maquillaxe pola Directora do centro, que exerceu de maquilladora de efectos especiais,  sendo ademáis a xornada endulzada co chocolate que fixeron  os alumnos/as de 3º-4º para recaudar para a súa excursión de fin de curso.

 

 

 

CHARLA IGUALDADE A TRAVÉS DO DEPORTE

O luns 22 de Maio de 2017, de 10:35 a 11:20, tivemos a charla sobre “ Igualdade a través do deporte”, enmarcada no Proxecto  do mesmo nome, que leva a cabo a Xunta de Galicia e dentro das actividades previstas polo Departamento de Educación Física de Secundaria. A charla, que como sinalei, foi para todo o alumnado de Secundaría e  se extendeu a 5º e 6º de Primaria, pola importancia dos valores traballados.

 

A Xunta, no desenvolvemento de dito programa,  trata de plantexar esta campaña ensalzando a igualdade no deporte, buscando acabar cos esterotipos de deportes masculinos e femininos, xa que o deporte é saúde, educación, aprendizaxe, disciplina, hábitos, superación , esforzó…, e estes adxectivos, non entenden de sexo, pero si nos fan crecer como personas, homes e mulleres, que tanto uns coma outros, están capacitados física e psíquicamente para realizar calquer deporte, tan só se necesitan cualidades humanas: ESFORZO, TRABALLO E PAIXÓN.  Valores intrínsecos, todos eles, a asignatura de Educación Física, que pretendo non solo desenvolver a través do Deporte e a Actividade Física, se non ademáis reforzar e instaurar nos nosos alumnos/as e que  forman parte  tamén, da propia filosofía do CPI Virxe da Cela, e do que día a día pretende lograr o conxunto do profesorado. 

Así, os obxectivos que pretendía acadar a actividade foron:

-Educar en valores.

-

-Poñer en valor a muller no deporte.

-

-Enaltecer a paridade de homes e mulleres no deporte. 

 

A actividade consistiu nunha charla, coa proxección dun video (dunha duración de 4 minutos, que podedes ver na páxina web do Cpi, na páxina principal ou en Departamentos-Educación física- actividades extraescolares), onde se insertaron imaxes dos éxitos deportivos das mulleres, como por exemplo:

-Final Champions League de Vero Voguete

-Final Olímpica de Teresa Portela.

-A medalla de Bronce de Begoña Fernández en London 2012

-Imaxes dos xogos olímpicos de Tamara Echegoyen.

-O Mundial de Susana Rodríguez.

Tamén, entre estas imaxes aparecen mensaxes dos mellores deportistas do mundo de esas modalidades, e que ademáis son galegos, como:

-Lucas Perez (RDC: Deportivo) e Sergio (Real Club Celta)

-- David Cal (Piragüismo, campión olímpico)

-Pablo Cacheda (internacional español)

-Antón Paz (Vela, campión olímpico)

-Javier Gómez Noya (Triatlón)

Todo o material audio-visual e carteis, podedes velos na páxina web do Cpi, e na etiqueta de Departamentos-E.Física-Actividades extraescolares.

 

 

ORIENTACIÓN NO COLE: MERCORES 8 DE MARZO. DÍA DA MULLER TRABALLADORA

CORRER E PENSAR NO CPI VIRXE DA CELA

Alumnos do IES de Mugardos y do noso colexio celebraron o mércores 8 unhas xornadas deportivas de carreira de orientación a pé, dentro do recinto escolar do noso CPI, coincidindo co Día da Muller. 

 

A carreira de orientación realizada enmárcase dentro do programa Xogade do plan proxecta da Xunta de Galicia, e é organizada conxuntamente polo departamento de  Bioloxía a través do seu titular, David Casado e o departamento de Educación Física, a través da súa profesora Mº Teresa Blanco , dentro da Xornada de celebración que se celebra no centro polo Día da Muller.

 

A actividade consistiu na búsqueda de balizas, sobre un plano do centro, tratando de acadalas todas, de forma individual e saído en quendas de 30”, no menor tempo posible, con o obxectivo de facer unha xornada de convivencia e traballo en igualdade e así mesmo, de preparación para a carreira de orientación provincial en Acia Dama, na que participaremos próximamente.

 

Igualmente, os alumnos de primaria a través do departamento de E.Física e o seu titular Antonio Rodriguez, realizaran un recorrido alternativo de forma xogada, sen competir.

 

 

XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR “ XOGOS NA PRAIA: DEPORTE NAÚTICO PRAIA DE ARES CURSO 2017

Este Xoves 18 de Maio, todos os cursos da ESO coa profesora de E. Física Mº Teresa Blanco Martinez e o profesor de Bioloxía David Casado, e dentro das actividades extraescolares, contempladas na programación da materia de E.F, a través do Coordinador de deportes do Axuntamento de Monfero, sendo organizadas pola SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA, CONCELLARÍAS DE DEPORTES DOS CONCELLOS DE ARES E MUGARDOS, WINDSURFZONA NORTE, C.MARÍTIMO DE REDES, CNAÚTICO RÍA DE ARES,  participamos nas actividades acuáticas que tiveron lugar na praia de Ares. O día 16 de Maio, tamén os alumnos de 6º de Primaria, igualmente, realizaron ditas actividades, acompañadas pola profesora de E.F

Foi non só unha xornada de práctica físico-deportiva, se non tamén de convivencia xa que demáis do noso colexio, participaron tamén: Colexio As Mirandas, Unión Mugardesa, Santiago Apóstolo, Loyola  e Instituto de Mugardos.

A xornada tivo lugar na zona da praia de Ares,  na contorna da Rampa Grande ( a situada enfronte á Cafetería Avenida), en horario de 10:30 a 13:30. 

RESUMO DA PROPOSTA DE XORNADA:

Desenvolverase unha xornada deportiva e lúdica, na que plantexaremos nove estacións nas que participarán cada colexio na súa totalidade durante un tempo estimado de 15-20 min. E a continuación rotarase a outra estación de forma que ao final da xornada todos os participantes teñan pasado por todas as actividades propostas, a saber: 

-          Cachibol praia( 6º de Ed. P.) e volei praia ( 1º e 2º da ESO).

-          Zona de fútbol praia.

-          Zona de balonmán praia.

-          Zona de balocesto na praia.

-          Zona de carreiras e xogos na praia de habelencias.

-          Zona de kaiak.

-          Zona de táboa de vela.

-          Zona de padel surf.

-          Zona de vela.

CAMPIONATOS INTRAEXCOLARES DEPORTIVOS EDUCACIÓN SECUNDARIA CURSO 2016-17. CPI VIRXE DA CELA.

 

Durante este curso escolar 2016-17 , e dentro das actividades intra e extraescolars, previstas polo Departamento de E.Física,se levou a cabo pola profesora de dito departamento e Xefa do Seminario, MªTeresa Blanco Martinez, na hora de lecer dos Venres, (dende 14:00 a 14:40), os torneos deportivos intraescolares, con todo o alumnado de Educación Secundaria.

 

As competicións que fixemos, (como xa sabedes)foron:  torneo de baloncesto no primeiro e  metade do segundo trimestre e fútbol-sala na  segunda metade do segundo trimestre e terceiro trimestre. Tiñamos previsto unha terceira actividade físico-deportiva: o brilé, pero non foi posible, debido a causas de falta de tempo, e cambios pola realización doutras actividades e saídas diversas, así como festivos.

 

Os torneos se xogaron no Pabellón Polideportivo do Concello de Monfero, que está pegado o centro e o que temos acceso dende o mesmo, tanto de instalacións como de material, e do que se nos permite facer total uso, tanto para as clases de E.F e actividades varias, como para os torneos. En cada Xornada xogaronse 2 partidos de 15 minutos (a decisión foi condicionada polo tempo dispoñible da hora de lecer), a tempo corrido (sen descanso, só con cambio de campo), salvo excepcións como as semifinais e finais, e algunha ocasión por faltar algun equipo por outra actividade o sáida.

 

 

A elección de ditos deportes foi consensuada previa votación, por todo o alumnado de ESO, antes do comenzo dos torneos, nunha reunión previa ( 21 de Outubro). De igual forma, os propios alumnos/as escolleron os equipos dos que ían formar parte (salvo algunha excepción, no que por falta de decisión, a profesora, os inclueu nun equipo, de forma aleatoria, tratando de equilibralos).

 

Todo o alumnado da ESO, participou nos torneos ( incluídos os exentos, aínda que for a con colaboración nas mesas ou arbitraxes), xa que ademáis, forma parte da práctica da asignatura de E.F As únicas condicións impostas pola profesora de E.F, foron que os equipos tiñan que ser mixtos, e de 5 xogadores/as en pista,( tendo que xogar todos/as un tempo e rotando no xogo), e non máis de 2 cambios. A todo o alumnado, se lle ofreceu tamén a opción de colaboración no arbitraxe e colaboración dos torneos, e algúns alumnos ofreceron a súa axuda.

 

A normativa aplicada foi a que esta regulamenada nos correspondentes regramentos oficiais da Federación de Baloncesto e F.Sala. O arbitraxe dos partidos, foi levado a cabo pola propria profesora de E.F e por alumnos colaboradores, como árbitros secundarios, e as veces, só por eles mesmos. De igual forma, houbo alumnas/os colaboradores na mesa de anotación dos resultados e control do tempo, que se ofreceron voluntarios/as para dita función.

 

As competicións comenzaron a finais de Octubro, con 2 reunións previas, (como xa se mencionou) Comenzamos primeiro con Baloncesto e logo F.Sala :

 

-1ªReunión (Venres,14 de Outubro 2016): Explicación das actividades:desenvolvemento e condicións dos torneos e normativa básica. Consenso co alumnado para levalas a cabo. Preguntas e aclaración de dúbidas.

-2ª Reunión ( Venres, 21 de Outubro 2016): Elección dos deportes e formación de equipos. Comunicación de calendario e modificacións posibles. Preguntas e aclaración de dúbidas.

 

·        

Venres 4 de Novembro: Comenzo dos torneos.

·        

Venres 19 Maio 2017: Final dos torneos e de F.Sala. Fotos de grupo.

·        

Venres 23 Xunio: Ceremonia Entrega de Trofeos e premios: 1º-2º-3º  Equipos Clasificados en cada deporte.Mellor xogador/ra do torneo ( elección entre todo o alumnado). Mellor porteiro/ra (elección entre todo o alumnado). Mención especial o xogador/ra que más se superou( elección entre todo o alumnado) Diploma participativo a tódolos/as participantes. Mención honorifica a colaboradores nas actividades e torneos. Foto de grupo.

 

Conclusións finais:

Tendo en conta, que foi un primer ano de inicio  tanto para a actividade, como para a profesora de E.F que é nova no centro, así como de relación cos alumnos/as, as conclusións  finais son positivas, e os obxectivos previstos  os considero  de forma xeral, acadados, xa que os que me plantexei foron sinxelos:

 

- Aproveitamento efectivo da hora de lecer, orientada a realización de actividades-físico-deportivas, con intención de mellora da condición física xeral do alumnado ( máis en concreto da capacidade cardio-respiratoría, e en consecuencia aeróbica; da forza e flexibilidade, que e relación co informe Dafis de valoración da condición física que fixen a todo o alumnado de Secundaria, e quizais os aspectos que necesitan máis mellora) para acadar un reforzo positivo na  mellora efectiva da sáude dos nenos/as do centro.

 

Esto penso se acadou, na medida en que fixeron máis de media hora máis a semán de actividade física, en xeral da que facian. (Incluso algúns, nin eso facian)

 

·        

Afianzar e mellorar o traballo en grupo a través dos xogos colectivos ( “todos sumamos, todos somos importantes”), e por ende  o traballo de valores como autonomia, autoestima,  a capacidad de toma de decisións,  a colaboracións, o  apoio o outro o recoñecemento das propias cualidades positivas e as propias limitacións e  o respecto das dos compañeiros.., etc establecendo  redes sociais entre iguais (alumnos/as) que se crean para conseguir unha meta común:  xogar para acadar un fin.

 

Este tamén foi conseguido na medida, en que tódolos alumnos/as, estiveron en un equipo e xogaron, uns máis outros menos, pero todos, inclusive xente que de forma habitual (aínda que con algunha protesta, non o facía).

 

·        

Fomentar a integración a través do deporte, como ferramenta fundamental,especialmente para aqueles alumnos/as que lles poida costar máis socializar ou integrarse.

 

Este obxectivo penso que o que máis foi acadado, xa que alumnos/as que non era habitual que xogaran ou participaran nos recreos nos xogos, si o fixeron (aínda que o principio foi conducido pola profesora, despóis non se saltaron ningún partido e cumpliron, incluso algúns mellorando moitisimo a súa participación e integración. Aínda que tamén hai que dicir, que outros o deporte non vai moito con eles, os que menos, pero participaron)

 

 

·        

E por último, e moi importante ou quizáis o que máis, intentar que a través da práctica deportiva desarrollen o sentido lúdico: que disfruten e se divertan, porque si o fan, repetiran  sen necesidade de sentirse obrigados ou condicionados.

 

.

Por todo o anterior, como xa dixen,  foi un traballo positivo como 1º ano, con ganas ,reforzo e ideas para reafirmarme e continuar o seguinte.

 

Sinalar de xeito moi remarcable o meu agradecemnto  a todo o alumnado de forma xeral, a súa participación e colaboración, así como o seu respecto , tanto a min, como no xogo entre vós ( os alumnos/as), que foi exemplar a maíoria das veces,   como na axuda no arbitraxe e anotación os alumnus/as colaboradores..

 

ISTO MOTIVA PARA CONTINUAR!.

 

 

EQUIPOS COMPETICIÓNS ESCOLARES CURSO 2016-17

                                          DEPARTAMENTO EDUCACIÓN FÍSICA

 

EQUIPO A

 

David Rodriguez  2º ESO

Borja Martinez     3º ESO

Rubén Cainzos      2º ESO

Sara Golpe             3º ESO

Verónica García    2º ESO

Gael Merino           3º ESO

 

EQUIPO B

 

Ainhoa Novo 2º ESO

Hector Pérez 1º ESO

Diego Bao      3º ESO

Sara Otero   3º ESo

Victor Gómez 3º ESO

Martín Fernández 3º ESO

Aldara Pita   3º ESO

 

EQUIPO C

 

Alba Rodriguez 4º ESO

Laura  Río            4º ESO

Andrea Brage    4º ESO

Ana Pena             4º ESO

Alex Couceiro     1º ESO

Jorge López         2º ESO

 

EQUIPO D

 

CarlosCastro   3º ESO

Lucía López      1º ESO

Daniela Pereira 1º ESO

Leonor Vázquez 1º ESO

Clara Brage      1º ESO

Sonia Bouza     1º ESO

Roberto Uzal    3º ESO

 

EQUIPO E

 

Zito Gómez 3º ESO

Kevin Sanjurjo 3º ESO

Laura Ares    2º ESO

Cintia Vidal  2º ESO

Diego Golpe 1º ESO

Candela Campello 2º ESO

Jairo  Castrillón 2º  ESO

 

EQUIPO F

 

Tanía Grueiro 4º ESO

Pablo Maroño 2º ESO

Angel Varela 4º ESO

Adrián Mosquera 4º ESO

Sergio García 4º ESO

 Ana González 4º ESO

Raquel Suárez 4º ESO

 

EQUIPO G

 

Pablo Vila 1º ESO

Alex Fernández 3º ESO

Sergio Torrado 3º ESO

Laura Vila 3º ESO

David Castrillón 1º ESO

Raúl Rodríguez 3º ESO

  

Clasificacións EQUIPOS torneos intraescolares baloncesto e f.sala curso 2016-17

Baloncesto:

1º CLASIFICADO:

-        

EQUIPO A: David rodriguez 2º eso.

                  Borja Martínez 3º eso

                  Rubén cainzos 2º eso

                 Sara golpe 3º eso

                Verónica García 2º eso

               Gael merino 3º eso.

2º clasificado:

-        

Equipo d: carlos castro 3ºeso

                 Lucía López 1º eso

                Daniela Pereira 1º eso

               Leonor Vázquez 1º eso

              Clara brage  1º eso

             Sonia bouza 1º es0

            Roberto uzal 3º es0

3º clasificado:

-        

Equipo f: Tanía grueiro 4º eso

                 Angel varela 4º eso

                Sergio García 4º eso

               Ana González 4º eso

              Adrián mosquera 4º eso

             Pablo maroño 2º eso

             Raquel Suárez 4º eso

F.sala:

1º clasificado:

-        

Equipo a: David rodriguez 2º eso.

                  Borja Martínez 3º eso

                  Rubén cainzos 2º eso

                 Sara golpe 3º eso

                Verónica García 2º eso

-        

               Gael merino 3º eso

2º clasificado:

-        

Equipo f: Tanía grueiro 4º eso

                 Angel varela 4º eso

                Sergio García 4º eso

               Ana González 4º eso

              Adrián mosquera 4º eso

             Pablo maroño 2º eso

           Raquel Suárez 4º eso

3º clasificado:

-        

Equipo b: Ainhoa novo 2º eso.

                 Héctor Pérez 1º eso

                Diego bao 3º eso

               Sara otero 3º eso

             Victor Gómez 3º es

            Martín Fernández 3º eso

Distribuir contido


by Dr. Radut