Skip to Content

VISITA AO RESTAURANTE “CASA SOLLA” DO COCIÑEIRO PEPE SOLLA (unha estrela Michelín)

VISITA AO RESTAURANTE “CASA SOLLA” DO COCIÑEIRO  PEPE SOLLA (unha estrela Michelín)

PROGAMA "EDUMOTIVA". 22 DE XUNIO DE 2017

Os alumnos/as de 1º e 2º de ESO, xunto coas profesoras Mª Jesús Puchares do Departamento de Orientación e Mª Teresa Blanco profesora de E.Física e Promoción de Hábitos saudables de Secundaria, fumos a visitar este día 22 de Xunio de 2017, o Restaurante “Casa Solla” en Poio, do prestixioso  e galardonado cociñeiro Pepe Solla, que ten concedida unha estrela Michelín.

A visita foi solicitada  e organizada polo Departamento de E.Física, a través da súa profesora, enmarcada  na programación da asignatura de Promoción de Hábitos saudables dentro do programa “Edumotiva”, que organiza e coordina a Xunta de Galicia, e que trata de achegar persoas  importantes e destacadas de diferentes ámbitos e profesións (Deportes, ciencia, restauración, investigación, etc..) da comunidade galega, o alumnado, para mostrarles o seu traballo, traxectoria e logros e motivar así, os alumnos, dandolles ademáis a fantástica oportunidade de acceder a elas e os seus coñecemntos, que de outra forma, sería menos doado.

O noso centro, neste caso, tivo o privilexio,  este ano de ser seleccionado para esta visita-obradoiro, entre numerosos centros de Galicia .

A visita  ( de 10 a 11:30) consisteu nunha charla-coloquio con Pepe Solla sobre a súa vida, e traxectoria profesional, ata chegar a donde está e a obtención da estrala Michelín, e unha visita guiada polo seu restaurante da súa man, coñecendo todos os aspectos que moven o funcionamento dun restaurante de alta cociña e as partes de que está composto, así como a posibilidade de ver de primeira man o funcionamento real, xa que puidemos ver a preparación dos pratos  para o menú do día,e o traballo de todo o seu persoal, a súa coordinación, profesionalidade e eficiencia.

Temos que sinalar, que se mostrou  unha persoa dunha gran calidade humna,   moi cercana e afable que nos atendeu moi ben, e cun grande sentido cívico e ecolóxico, no plantexamento do seu negocio contestando ademáis, a tódalas preguntas que lle fixeron os rapaces/as. E moi importante sinalar tamén, o que lle remarcou os rapaces con respecto os productos da terra, a súa valoración a boa elaboración e traballo ,a calidade  e a adquisición deles a través de a mayoría de productores locales. O noso sinxelo agradecemento.

Os nosos nenos/as, comportáronse estupendamente, sendo moi participativos e facéndolle preguntas moi interesantes; así  que coidamos que a visita foi positiva e moi constructiva, dado o interese que a maioría mostrou.

 Rematamos a xornada, con unhas horas de lecer en San Xenxo e a súa Praia de Silgar, que tamén o merecían os nenos. Voltamos sobre as 16:00 o centro, despois dun día moi gratificante.



page | by Dr. Radut