Skip to Content

MAIOS 2017

 

O Venres 19 de Maio, no patio interior do Cpi , se levou a cabo as actividades de celebración conxunta do Día das Letras Galegas e os Maios.

As actividades foron realizadas por alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria conxuntamente, consistindo na lectura de textos, elaboración dunha alfombra e decoracións florais e a representación dunha coreografía de baile tradicional galego con unha interpretación músical, enmarcada dentro do programa  Xogade , modalidade Movete+ do Plan Proxecta.

 

 

O traballo da preparación da actividade foi conxunto e  interdepartamental de Infantil, Primaria e Secundaria, foi a través diversos Departamentos tales como  Música, Plástica, Relixión, E.Física, Lingua, Bioloxía, etc e as Dirección e Xefaturas de primaria e secundaria, conxuntamente.

 

DAFIS (CURSO 2016-17)- DATOS SOBRE A VALORACIÓN DA CONDICIÓN FÍSICA SAUDABLE PRIMARIA/SECUNDARIA.

Este curso participamos de novo, e estendendo dita participación a Ensinanza Secundaría, en DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física Saudable), enmarcado no Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia e coordinado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Este programa aparece para facilitarnos aos profesores a valoración da condición física dos nosos alumnos e no noso CPI estamos a desenvolvelo dentro do Plan Proxecta. Os protocolos de valoración pretenden medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado científicamente que gardan relación coa saúde (forza, resistencia, flexibilidade, axilidade-velocidade) e permite coñecer en qué estado físico se atopa un alumno para decidir cales son os aspectos que necesitan mellorar e cales non. Esta valoración é fundamental para coñecer e facer un seguemento dos seus valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades.

A continuación publicamos un documento no que aparecen os resultados por idade e sexo en cada unha das probas físicas e no IMC. As cores verdes indican que os valores se corresponden cunha condición física saudable e as cores vermellas nos avisan que debemos mellorar nesas cualidades físicas. En cada unha das probas podemos comparar tamén os resultados coa mediana en Galicia.

 

En xeral, estamos  contentos cos resultados obtidos polo noso alumnado, aínda que temos que traballar un pouco máis na mellora dalgunha das cualidades físicas, como forza e flexibilidade de cara o curso que ven .Vos animamos a seguir practicando actividade física e deportiva non só no centro, se non nas vosas horas de lecer, fora del, e sobre todo, no fantástico verán que está por vir. Noraboa rapazas e rapaces do Xestal!!!

 

No arquivo adxunto podes ver o informe do centro:

 

APERTURA DO PRAZO PARA AS AXUDAS DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO

  • As familias dispoñen de prazo ata o 23 de xuño para presentar nos centros educativos as correspondentes solicitudes.
  • Poderá acceder ao fondo solidario de libros de texto o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e dos catro cursos de ESO de centros sostidos con fondos públicos
  • O alumnado de 1º e 2º de Primaria e de Educación Especial poderá optar ás axudas da Consellería para a adquisición de libros, que varía entre 90 e 170 euros segundo a renda per cápita no primeiro caso; ou de 250 euros para o alumnado de Educación Especial
  • A maiores establécese un vale de 50 euros para a compra de material escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros

Enlace para máis información

Orde do 16 de maio de 2017

Solicitude

ANDAINA do 26 abril de 2017

 


O mércores 26 os alumnos/as  de secundaria dos centros escolares  dos concellos de Mugardos e Monfero (os CPI Mugardos e  Virxe da Cela)  realizaron unha ruta de senderismo , saíndo do Lugar de O Redondo na parroquia de Queixeiro, pasando pola ponte do Pulín, seguindo o percorrido por enrriba do canle de auga para subir polo antigo camiño Real ata o lugar de Hermida en San Bartolomé. O percorrido continuou polo camiño da Portixola para acadar  mirador de A Pena do Teixo,rematando a ruta, en Sanguiñedo despois de percorrer 11km.
O Departamento de E.Física e o CPI ten que agradecer a organización e colaboración do Concello de Monfero, a través do coordinador de Deportes (Amando), na realización de dita actividade e por darnos a posibilidade de poder participar nela

Programa TEI. Unha estratexia educativa para a mellora da convivencia

Foto de Virxe DA Cela Monfero.

O Equipo Directivo do CPI Virxe da Cela, co fin de mellorar a convivencia no centro, vai a desenvolver o curso 2017-2018 un programa de prevención do acoso escolar: Programa TEI. Titoría Entre Iguais. Para iso é moi importante a formación de toda a comunidade educativa, da que sodes unha parte fundamental. A próxima semana contamos co autor do programa, Andrés González Bellido (Mestre, Orientador educativo, Licenciado en Psicoloxía, e Catedrático en orientación), por este motivo, invitamos ás familias a participar na seguinte actividade:

 CHARLA: “Programa TEI. Unha estratexia educativa para a mellora da convivencia”.

PONENTE: Andrés González Bellido

DATA: 25 de abril de 2017

HORA: 20 horas

LUGAR: CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Sala de usos múltiples)

CHARLA DE XURXO MARIÑO

 

 

 

O pasado martes 18 de abril tivemos a grata visita do científico e divulgador Xurxo Mariño.

O deserto do Kalahari; os San e a súa complexa linguaxe (chamados bosquimáns polos europeos); o deserto de Atacama en Chile; o volcán Kilauea en Hawai; tartarugas, lobos mariños e iguanas das Illas Galápagos; a contraste entre o río Amazonas e o río Negro; raposos voadores; rúas de Hanoi invadidas polas motos…”Ciencias, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo”, título que da nome á charla impartida por Xurxo Mariño para todo o alumnado da ESO e que nos fixo viaxeiros por un anaco gracias ao entusiasmo do seu relato e ao saber acumulado despois de once meses de percorrido arredor do mundo.

Saúdos dende Tenerife

O alumnado de 3º e 4º da ESO está en Tenerífe ca viaxe de fin de etapa, dende alí envíannos saúdos e algunhas fotos para compartir:

 

 

 

O noso alumnado visita a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela

O alumnado de 5º e 6º de primaria explica en Ciencias da Educación a súa experiencia na utilización das tecnoloxías como recurso de aprendizaxe

 

 Aquí vos deixamos  reportaxe fotográfica da xornada

 

               

 

A VAQUIÑA POLO QUE VALE

 

Logo gañador, autora: Alba Rodríguez Purriños

 

Este ano temos no centro un proxecto interdiscilinar sobre a vaca e o leite, o seu título éA Vaquiña polo que Vale.

Toda  a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela participa no mesmo dun xeito ou doutro. Este proxecto xurde da colaboración  ca Universidade da Coruña e as ongs  Solidariedade Internacional Cooperación Galega co obxectivo de analizar como introducir o paradigma da Dimensión Global da Educación para o Desenvolvemento de xeito transversal nas nosas materias e asignaturas.

Desde a asignatura de Educación Plástica estivemos traballando como darlle visivilidade ao proxecto e levamos a cabo dúas propostas a primeira foi o deseño dun logotipo para o proxecto e a segunda foi un traballo de creatividade partindo da mesma silueta dunha vaca, cada alumno do noso centro desde Infantil a 4º de ESO fixo a súa proposta.

Aquí podedes ver uns vídeos cos traballos que fixeron os nosos nenos:

 

 

 

 

 

CAMBIO DE XORNADA

Informamos de que iníciase o proceso de votación do sector de pais, nais ou titores legais para o cambio de xornada de partida (que temos agora) a xornada mixta, segundo a Orde de 29 de maio de 2008 (DOG nº 109, 6 de xuño de 2008).

Informamos da proposta de actividades extraescolares para o curso que ven:

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA O CURSO 2017/18

 

SEN CAMBIO DE HORARIO

LUNS

MARTES

MÉRCOLES

XOVES

VENRES

PATINAXE

BADMINTON

FUTBOL SALA

 

PSICOMOTRICIDADE

INICIACIÓN ATLETISMO

 

PROPOSTA HORARIO NOVO

LUNS

MARTES

MÉRCOLES

XOVES

VENRES

PATINAXE/

BADMINTON

FUTBOL SALA/

PSICOMOTRICIDADE

FUTBOL SALA

9-12 ANOS

FUTBOL SALA

13-16 ANOS

INICIACIÓN HABILIDADES

ATLETISMO

 

PISCINA

Dependendo de como transcorran as actividades pódense facer cambios cada trimestre, incorporando outras modalidades como mini-basket, orientación, voleibol, etc. No último trimestre pódense facer algunhas competicións como de fútbol sala 3x3, tenis de mesa, xadrez, etc.

 

Tamén, no taboeiro da entrada de administración, atópanse as listaxes do censo para a súa consulta e corrección de erros, de ser o caso.

A proposta de cambio de xornada é a mesma que se fixo o curso pasado, sería para reducir o horario os mércores, xoves e venres, nos que o alumnado salería ás 15:35 horas (55 minutos antes). Os luns e martes o horario de entrada e saída sería o mesmo que agora. Estes cambios non afectarían aos servizos de comedor e transporte, que seguirían funcionando cos cambios de horario pertinentes.

Así mesmo,  informamos que o venres 21 de abril haberá a votación do sector de pais, nais ou titores legais para aprobar este cambio na xornada. O mércores 19 de abril faremos unha reunión informativa.

Saúdos,

 

A dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut