Skip to Content

CHARLA PARA AS FAMILIAS: A escola inclusiva: vivindo co síndrome de Asperger

A escola inclusiva: vivindo co síndrome de Asperger

O martes 26 de febreiro invitámosvos a participar nunha charla informativa sobre o síndrome de Asperger que será impartido por persoal da Asociación galega ASPERGA.

Horario: 19:00 h.
Lugar: Aula Usos Múltiples

Logotipo

13 de febreiro, DÍA DA RADIO

 

O pasado venres 8 de febreiro os nenos de quinto de primaria do CPI Virxe da Cela foron de visita ao CEIP Barouta no concello de Ames.
Alí realizaron un programa de radio xunto con outros 10 nenos de dito centro, para conmemorar o Día da Radio, que se celebra en todo o mundo o 13 de febreiro.
 
Neste programa de radio entrevistaron a Gorka Zumeta, famoso xornalista e fotógrafo, e tamén  entrevistaron a Nazaret López, xornalista de Radio Ames.

Para o noso alumnado foi unha experiencia moi importante porque por primeira vez tiveron contacto cun estudo de radio real emitindo en directo por Radio Ames. Ademais  compartiron a experiencia radiofónica con outros nenos e nenas que tamén fan radio no seu cole..

Posteriormente, o mesmo día 13, Sergio Pascual, o noso profesor de radio, mantivo unha conversación con Carles Francino sobre o proxecto de radio CPI Virxe da Cela no programa “La Ventana” da Cadena SER. Neste programa emitiuse tamén a entrevista que os nosos pequenos reporteiros fixeron a Gorka Zumeta, responsable de “La Ventana” no pasado.

 

 

Anxo Fariña no CPI Virxe da Cela

 

 

Este luns 4 de febreiro tivemos o enorme priviliexo de ter connosco a Anxo Fariña. Ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís. A súa obra máis coñecida é a colección de Os Megatoxos, pero tamén é autor das coleccións:
•  Antón e Pompón.
•  Don Quixote e Breogán.
•  As linguas dos animais.
•  O pelelliño …
•  A Monstroescola.
•  Gliz, o pastor de nubes.
Ademais doutras obras soltas, guías de viaxes e libros de texto.

Mirar as caras do noso alumnado xa nos di como acolleron a súa visita. Ollos abertos como pratos para non perderse nada, miradas que ían máis aló do que Anxo nos contaba, quizais soñando xa en vivir as aventuras dos Megatoxos, eses rapaces con poderes especiais..., quizá... vai ti saber...! e se o día de mañá son capaz eu de escribir un libro ou mesmo ilustrar os de outro autor?

Xa vimos como nacen os libros... nacen dunha idea que vai medrando día a día, que ás veces para de crecer e ten que durmir nun caixón durante un tempo ata que está madura.... pero o escritor ten que seguir traballando, vivindo e observando a realidade da que saca as súas historias. Todas esas observacións as garda nunha pequena libreta no seu bolsillo. E sabedes como as plasma Anxo Fariña? Maiormente sen palabras. Ser ilustrador permítelle ter un mundo de debuxos que co tempo se transformarán nun libro.

Foi unha tarde máxica na que Anxo nos deixou un fermoso agasallo... o retrato dun alumno que ficará por anos nun lugar privilexiado do cole: a nosa biblioteca. Pero o máis importante foron as risas e a imaxinación que despertou en nós... Moitas grazas, Anxo... xa te estamos esperando de novo... Non tardes tanto!!!

Por certo, se queredes coñecer algo máis do noso invitado por que non facedes unha pequena viaxe á súa páxina web?


http://www.anxofarina.com/blog/


 
 

 

DÍA DA PAZ

Celebración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia   

          

ONG “TALLER DE SOLIDARIDADE”- PROXECTO “ENTRENO CONCIENCIA”

 

 
O  Xoves 20 de Decembro, organizado polo Departamento de Educación Física de Secundaría e Orientación, e como parte da programación da materia de E. física , a ONG “Taller de Solidaridade” , impartiuse no centro en horario de 9:45-11:15 para 3º e 4º de ESO e de 11:15 a 12:30 para 1º e 2º de ESO, un Obradoiro  dentro do Proxecto de sensibilización e educación para o desenvolvemento “ENTRENO CONCIENCIA”, sobre a educación en valores e Deporte e Comercio Xusto, financiado pola Xunta de Galicia ,no que participan ademais do noso, varios centros educativos da nosa comunidade.
 

O proxecto busca crear conciencia na cidadanía galega , sobre o impacto que teñen os nosos hábitos de consumo sobre o medio e as persoas que producen o que compramos e consumimos, ligado a un acto san e cotián como é a práctica de deporte. Somos conscientes de que o deporte mobiliza emocións e inflúe nas actitudes e comportamentos das persoas, a través dos valores que transmite: esforzo, superación, igualdade, solidariedade, compañeirismo e, sobre todo, respecto por un xogo limpo. Estes son valores que tamén representa o Comercio Xusto Con esta proposta, preténdese contribuír ao desenvolvemento dunha economía social e solidaria, rexida polos valores da cooperación, democracia, cidadanía global, igualdade, solidariedade e medio ambiente, onde as relacións comerciais apóianse nos principios e valores do Comercio Xusto e dunha economía global e solidaria, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
 
 
 O proxecto consta de varios compoñentes :
 
O que levamos a cabo no noso centro e ó COMPOÑENTE EDUCATIVO, dirixido a nenos e nenas de 12 a 15 anos de Centros Educativos das diferentes cidades de actuación. Consta dunha serie de actividades dirixidas a traballar sobre as regras actuais do mercado internacional e como favorecen que nos países fundamentalmente produtores, viólense de maneira sistemática os dereitos humanos, foméntese a explotación laboral (que afecta en gran medida a mulleres e nenos e nenas) e a degradación ambiental, xerando grandes desigualdades sociais que evitan que moitas persoas podan saír do círculo da pobreza. Esta temática traballarase mediante dúas ferramentas, durante o obradoiro:
 
         1. Actividades deportivas
2.  Actividades lúdicas.

Felicitación de Nadal

BO NADAL E QUE SE CUMPLAN TODOS OS VOSOS SOÑOS

 

Postal realizada polo alumnado de Educación Infantil
 

Gañadoras do concurso de postais de Nadal: 

Alejandra Souto Garrido, 3º de EP, 1º Premio de Educación Primaria
 
Candela Campello Fernández, 4º ESO, 1º Premio de Educación Secundaria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Carreira solidaria “Save the Children”

Este venres 23 de novembro celebramos a Carreira solidaria “Save the Children” organizada polo Departamento de Educación Física de Primaria e Secundaria e o Coordinador de deportes do Concello de Monfero e interdisciplinarmente co Dpt. De Orientación, Relixión e Valores 
 
Ás 12:15, O alumnado dirixiuse ao pavillón para a carreira solidaria, cos seus correspondentes profesores. 
 
A carreira é un xesto solidario, que a través da nosa participación e visibilidade como centro, ten como fin, recadar a maior cantidade de cartos para a ONG mencionada, Save the Children traballa para axudar ás nenas e nenos do mundo, Este ano o centra na desprotección deses nenos/as nas zonas en conflito de todo o mundo. Cada un/unha (alumnado, nais/país, familiares, profes, persoal non docente, amigos…) aporta económicamente o que queira e poida.

 

 
 
 
 
 
 
 

 

Finalmente foron recadados 397,18€ que foron ingresados a Save the Children: 
 
 
 
Diploma da nosa participación: 
 

 

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 

Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra o 25 de novembro, o  alumnado dos centros escolares CPI As Mirandas de Ares e CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, realizaron un vídeo para visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa e a toda a  sociedade en xeral, sobre esta data.

Desde os nosos centros adherímonos pois, a todas aquelas iniciativas que suman esforzos e solucións á erradicación da violencia de xénero, na loita contra os malos tratos e no apoio ás vítimas e as súas familias. Apoiamos ás accións que tratan de concienciar ao tecido social e a todas as actividades educativas baseadas na formación en valores para que a sociedade avance no camiño da igualdade, no benestar común e a convivencia que todas e todos queremos.

   
                   

 

Actividades conmemoración día contra a violencia de xénero:
      • Lectura de manifesto (2º ESO)
      • Proxección dos vídeos realizados polo alumnado (Ares-Monfero e 2º ESO da materia Igualdade        de Xénero).
      • Presentación dos diferentes lemas elaborados por cada grupo de alumn@s.
      • Lectura do conto “A cincenta que non quería comer perdices”
      • Presentación do cartel de 3º de ESO e entrega de pegatinas.

CONVIVIR DEPORTIVO: A RADIO GALEGA NO CPI VIRXE DA CELA

 

O pasado martes, 13 de Novembro de 2018 de 12:00 a 13:00 horas, retransmitiuse dende o noso centro, o programa da Radio Galega “Convivir Deportivo”, presentado por Alfonso Pardo. Este acontecemento tan importante tiña como obxectivo principal a difusión do Plan Deportivo que se está a levar no noso centro a través do Departamento de E.Física de Secundaria e Primaria, e a inclusión do mesmo dentro do Plan Proxecta, dentro de Centros activos e saudables.

A gravación do programa foi un recoñecemento ademais do traballo do Departamento de E.Física, tamén por ende o propio centro e a colaboración con outros departamentos como o de Bioloxía e co responsable de deportes do Axuntamento de Monfero, de estes anos pasados e en concreto do primeiro posto acadado o ano pasado entre tódolos centros de Galicia, nunha das categorías dentro do mencionado Plan Proxecta.

Todo o profesorado e alumnado do centro asistiu a gravación do programa.

Formaban parte da mesa de entrevistados as profesoras de E: Física de Primaria e Secundaría: Ruth e Teresa, o profesor de Bioloxía David, o técnico do Concello de Monfero Amando e a Directora do Centro: Camino.

Varias alumnas/os formaron parte activa do programa radiofónico, respondendo as preguntas formuladas polo presentador, Alfonso Pardo sobre as diferentes actividades físico-deportivas feitas durante o ano e sobre aspectos da súa propia práctica deportiva.

A gravación do programa, se pode escoitar de novo, en Radio Galega “ Convivir Deportivo”, premendo na imaxe accederedes á páxina:

Sinalar o noso agradecemento o presentador do programa: Alfonso Pardo e a Radio Galega, polo seu programa, que recoñece o traballo dos centros coma nós, pequenos e do rural, e por contar con nós para un dos seus programas, dándonos visibilidade, recoñecendo o noso traballo.

 Foi unha experiencia gratificante e reforza as nosas ganas de seguir traballando.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

MAGOSTO NO CPI VIRXE DA CELA

O Mércores 31 de Outubro, celebramos no centro o noso Magosto cunha xornada lúdica, coa asistencia de todo alumnado e nais e país e todo o profesorado, Xefatura, Dirección e persoal do centro, organizada polo Departamento de E. Física de primaria a través da súa profesora titular Ruth e coa colaboración do Departamento de E. Física de Secundaria,  a través  do alumnado de Secundaria como  axudantes e colaboradores, xunto co resto de profesorado de infantil, primaria e secundaria.

 

 
A xornada desenvolveuse nas horas da tarde no patio cuberto con un circuíto de xogos populares con temática relacionada co Magosto e as castañas, para os máis pequenos de infantil e primaria, que disfrutaron intensamente dun tempo de lecer divertido e ameno, guiados polos seus compañeiros maiores de Secundaria, que se implicaron de forma moi participativa e polos profesores de ambas etapas. 
 

 
As nosas Xefas de estudos de Primaria e Secundaría: Cristina e Rosalía, entregaron de diplomas polo concurso de portas do Samaín a tódalas etapas educativas.
 
 

 
E a xornada rematou con unha chocolatada feita polos alumnos/as de 3º e 4º co fin de recadar cartos para a excursión de fin de curso.Agradecer a participación a todo o alumnado e os alumnos/as colaboradores, e a todo o profesorado polo seu traballo e implicación.
 

Distribuir contido


by Dr. Radut