Complementarias

OS BOLECHAS VISITAN UN ANO MÁIS O CPI UXIO NOVONEIRA

Por segundo ano consecutivo recibimos a visita dos Bolechas, bueno, concretamente de Braulio que nos veu a preguntar o que sabiamos sobre os medios de comunicación e cremos que se foi moi sorprendido de todo o que aprendeu con nós.

FESTIVAL 2018-2019


Abrimos esta última entrada do período lectivo coa pequena homenaxe aos nosos tres alumnos que este curso nos deixan para irse a outros centros: Marcos, Martín e Rubén. Desexamos que todo vos vaia fenomenal. Foi un pracer facer parte do camiño xuntos/as.

Cuns presentadores e presentadora iniciándose para o seu paso a secundaria, Javi abriu o festival falándonos das orixes do teatro.

Distribuir contido