HALLOWEEN-SAMAÍN E MAGOSTO

O xoves 7 de novembro celebramos de forma conxunta, como temos costume, o Halloween-Samaín e o Magosto. Iniciamos a xornada co truco ou trato do alumnado de Primaria que levou unha boa enchenta de chuches e co alumnado de infantil que foi exhibindo os seus ósos polo centro. Despois tivemos unha sesión de teatro cos rapaces de 5º e 6º de infantil que nos representaron "Corre, corre cabaciña" deixándonos boquiabertos coa súa interpretación. A profe Melina, ademais, relatounos o seu conto "Hospital de San José que nos puxo "os pelos de punta". Rematamos a sesión de mañá coa canción que os rapaces e rapazas de Primaria e Infantil prepararon coa profe Bea "Os esqueletes" e que acompañaron con música as rapazas de 2º e 3º de ESO e o profe Julián. 

Despois de comer a festa continuou cunha emocionante Gymkana organizada polas profes de Inglés Mari e Sonia e a nosa auxiliar de conversa Abby. Por grupos nos que estabamos mesturados primaria e secundaria intentamos atopar en orde todas as tarxetas, aínda que foi unha ardua tarefa. Este ano non puidemos asar nós mesmos/as as castañas, a neve acompañounos pero grazas á nosa cociñeira María José puidemos degustar igualmente castañas acompañadas de refrescos, bailes e familia.