ANPA

VISITA DO APALPADOR AOS CENTROS DA MONTAÑA

Esta semana estamos "a tope" co Nadal e tras a visita ao belén de Becerreá, recibimos a visita no centro do apalpador grazas á ANPA que nos organizou esta actividade. 

MÚSICA NO NADAL

Este ano empezamos cedo a preparar o Nadal, e contamos coa ANPA para poder facelo. Grazas ao seu traballo contamos coa “Música no Nadal” que nos trouxo a Branca e Pablo ao cole e con eles pasamos unha tarde chea de cancións tradicionais de Nadal, de bailes que moveron a rapaces, rapazas e profes e, por suposto, de moitas risas e aplausos.

PEDRAFITA EN HOY POR HOY DE CADENA SER

ENLACE PARA ESCOITAR O PROGRAMA no que as nosas rapazas falan da vida en Pedrafita con motivo da feira do gando vacún anual do concello.

SEMANA DA ÁRBORE E DA AUGA

Aínda que nos queda pendente a nosa tradicional actividade de prantar unha árbore, este ano toca ameneiro, porque a neve non nolo permitiu por agora, non nos esquecemos de que esta semana está dedicada ás árbores e a auga. O luns tivemos un pequeno obradoiro sobre a mel no que nos falaron dos tipos de abellas, cómo se extrae o polen das colmeas, con que traxes,...e ata cata de mel cun pequeno recordo para a casa.

FESTIVAL DE NADAL 2016

Como cada curso chegamos a estas datas con moitas ganas de empezar o descanso que nos dan as vacacións de Nadal, pero non sen antes facerlle unha despedida como se merece ao longo primeiro trimestre: o noso festival de Nadal. Empezamos enviando lonxe os nosos desexos, que esperamos ver cumpridos moi pronto. O noso carteiro sempre nos visita cuns agasallos para facilitarnos esta labor.

APRENDEMOS PRIMEIROS AUXILIOS GRAZAS A ANPA

Dende este curso contamos por primeira vez en anos con ANPA e tivemos a sorte de que nos organizara unha interesante actividade como é aprender a realización dos primeiros auxilios (RCP ou reanimación cardiopulmonar, posición lateral de seguridade e a maniobra de Heimlich para os atragantamentos). Grazas a Inés e Teresa xa podemos empezar a salvar vidas. Moitisimas grazas a elas e a ANPA.

Distribuir contido