Física e química

III CONGRESO CIENTÍFICO DA MONTAÑA

Vai pola 3ª edición deste Congreso Científico entre os colexios da montaña de Lugo. Este ano participamos 5 escolas: Courel, Cervantes, Becerreá, Mondoñedo e Pedrafita. Entre as 5 escolas, o alumnado presentou un total de 23 proxectos de investigación. Ademáis, uniuse nalgunha das sesións a escola de Navia e unha representante da USC de Xuvenciencia.

Este foi o programa

SEGUNDA SESIÓN DE ENTREVISTAS DE CIENCIA NA ESCOLA

Os rapaces e rapazas de 4º a 6º de primaria entrevistaron a Laura  sobre as plantas. Laura respondeu a todas elas e fíxolles varios experimentos para explicar algunha das cuestións dun xeito máis práctico e visual.

1° sesión de "Entrevistas de ciencia na escola"

Os rapaces e rapaza de 1º, 2º, e 3º de primaria fixeronlle unha entrevista a Carla de 3º de ESO sobre cuestions q viron en ciencias: os osos, a sua dureza, osteoporose.. Sobre a auga, os cambios de estado, a sua orixe na Terra, a sua potabilizacion.
Carla foilles explicando mediante diferentes experimentos coma: osos descalcificados en vinagre, disolucion de rochas con acido, filtro potabilizador de area, etc.

COCIÑA MOLECULAR

ç
Todo o alumnado de secundaria participamos nuns talleres de Cociña Molecular que seguimos en streaming mentres tratamos de replicar as receitas que nos iban explicando: esferificacións de zume, cocacola, iogurt e chocolate, e ravioli de agar-agar

UN VÍDEO PARA ACERCARNOS A TODOS E TODAS ESTES DÍAS


A proposta do Gabriel, o profe de Física e Química, acabamos creando este vídeo entre todos e todas que empezou como unha tarefa do alumnado de ESO e que acabou sendo unha pequena colaboración con consellos e saúdos dos profes e unha mensaxe de ánimo de parte do alumnado para todos e todas. A ver se vos gusta! 

Distribuir contido