Animación á lectura

Inauguración da biblioteca!

O venres, 7 de Outubro inauguramos a biblioteca do cole, que este ano abriu con moitas novidades e cunha organización renovada e mobiliario novo...Esperamos que vos guste tanto coma nos...

CONTACONTOS DE KALANDRAKA: CANTAROLAS DE PACO NOGUEIRAS E VISITA DO CEIP DE AS NOGAIS

Hoxe 1 de xuño de 2016, as profes de infantil e primaria convertíronnos nuns estupendos anfitrións, acollendo aos nenos e nenas do CEIP de As Nogais para unha sesión de contacontos da editorial Kalandraka. Pero antes tivemos a sorte de poder xogar todos xuntos a ping pong, no caso do máis maiores, ou á oca, parchís, pintura con témperas e rodillos, etc. no caso dos máis peques. Ás 12 horas entramos na biblioteca e alí nos esperaba Paco Nogueira, co seu acordeón para contarnos e cantarnos historias de Cantarolas (do recentemente desaparecido Neira Vilas).

DÍA DA BIBLIOTECA 2015

Hoxe celebramos o día da biblioteca no centro e Marga a nosa encargada da biblio preparounos coa colaboración dos demais profes esta estupenda exposición.»

O NOSO PROFE JAVI PREPÁRANOS UNHA XENIAL E COMPLETA EXPOSICIÓN DE CÓMIC MANGA PARA O DÍA DO LIBRO

Aquí quedan fotos dunha pequena parte desta impresionante exposición nos corredores do centro. Grazas Javi!!

Distribuir contido