CONTACONTOS DE KALANDRAKA: CANTAROLAS DE PACO NOGUEIRAS E VISITA DO CEIP DE AS NOGAIS

Hoxe 1 de xuño de 2016, as profes de infantil e primaria convertíronnos nuns estupendos anfitrións, acollendo aos nenos e nenas do CEIP de As Nogais para unha sesión de contacontos da editorial Kalandraka. Pero antes tivemos a sorte de poder xogar todos xuntos a ping pong, no caso do máis maiores, ou á oca, parchís, pintura con témperas e rodillos, etc. no caso dos máis peques. Ás 12 horas entramos na biblioteca e alí nos esperaba Paco Nogueira, co seu acordeón para contarnos e cantarnos historias de Cantarolas (do recentemente desaparecido Neira Vilas). Aínda nos quedou un rato para xogar antes de comer todos xuntos e despois de despedir a profes e alumnado de As Nogais tivemos unha relaxante sesión de cine na biblioteca. Tan ben o pasamos que nos esquecimos de que mañá había cole de novo!!