SAÍDA DE FIN DE CURSO DE TODO O CENTRO Á MARIÑA LUCENSE


Para despedir o curso como é tradición no cole dende fai moitos anos, fixemos unha viaxe conxunta todos os rapaces e rapazas dende Infantil ata 4º de ESO. Aínda que polo camiño nada apuntaba a que o día fose bo, cando chegamos á Praia das Catedrais algúns xa tiñamos ganas de meternos na auga pero tivemos que conformarnos cun paseo e coa exploración dalgunha das covas. Despois collemos un barco, que nos deixaron tomar o timón e diriximos o rumbo pola ría entre Ribadeo e Castropol.

Por último comemos na praia dos bloques que é moi tranquiliña e na que os máis pequenos/as nos demos un baño mentras que as rapazas de secundaria tomaban o sol.