EXHIBICIÓN NO COLEXIO DA GARDA CIVIL

Hoxe tivemos no patio do cole parte do parque móbil da Garda Civil: as motos do SEPRONA, da Garda Civil de tráfico e algúns dos coches, tanto turismos como todoterreno. Neles puidemos tocar a bocina, poñer as luces e o son das emerxencias, falar pola radio, acelerar (e como soaba!), etc.
Unha ocasión así tiñamos que exprimila todo o posible, especialmente en zonas como a nosa que están un pouco apartadas e que non é tan doado ter estas experiencias, e por iso invitamos ao cole de As Nogais a que nos acompañase. Despois aínda quedamos todos e todas xuntas xogando un ratiño.