SAIDA DE 2º E 3º A VIGO


Este xoves, venres e sábado as rapazas de 2º e 3º presentaron os seus proxectos en no 9º Foro Cooperativo de investigacións xuvenís en Vigo e aproveitamos para visitar o Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC e as Illas Cies en compañía dos rapaces e rapazas de Courel. Diante doutros centros de Portugal, Alemaña, Cataluña e Galicia as nosas rapazas presentaron os seus traballos de Investigación sobre o Sistema Solar e sobre a dieta en Pedrafita. Foi toda unha experiencia poñerse diante de semellante auditorio! Unha gran aprendizaxe que se recompensou cos bos momentos que pasamos logo visitando Vigo e cruzando en barco ata as Cíes.