Complementarias

DIA DA ÁRBORE

Como cada ano a Deputación de Lugo colabora co colexio no Día da Árbore enviándonos unha nova árbore que prantar.

XORNADA DE OCIO E CONVIVENCIA EN NAVIA CO PROGRAMA XOGADE ENTRE OS CENTROS DA COMARCA

Xornada de pimpón en compaña dos centros de Seoane, Cervantes e Navia. Aquí quedan as fotos:

VISITA AOS LUGARES DE INTERESE DA NOSA LOCALIDADE: PEDRAFITA DO CEBREIRO

O venres 13 de marzo o alumnado de Infantil e Primaria visitamos os lugares máis característicos da nosa localidade, que os temos ao lado pero moitos e moitas nunca os visitaramos:

VISITA DA ASOCIACIÓN ENRIQUETA OTERO

Este xoves, 11 de marzo, tivemos a sorte de contar coa colaboración da Asociación Enriqueta Otero de Lugo que se adica a actividades de prevención e loita contra a violencia de xénero. Dúas das súas integrantes pasaron a mañá con nós para falarnos aos nenos e nenas de Primaria das diferenzas entre nenos e nenas que resulta que...NON EXISTEN! polo menos máis aló das carácterísticas físicas propias de cada sexo.

Os rapaces e rapazas de ESO traballaron en torno a dous temas centrais:

MESA REDONDA SOBRE O LOBO

O venres 6 de marzo, xunto cos CPI´s de Seoane do Courel, de Cervantes e de Navia de Suarna, participamos como convidados polo CPI de Seoane nunha mesa redonda en torno á figura do lobo na que aparecía representadas todas as posturas:
- Un cazador
- Un gandeiro
- Un representante da Xunta
- Xavier Vázquez Pumariño como ecoloxista
- Jose Vicente López Bao como biólogo e investigador do lobo.

A DIVERSIDADE A NOSA MELLOR OPCIÓN

Materiais realizados polo alumnado durante o obradoiro da Cruz Vermella organizado polo Departamento de Orientación no mes de decembro "A diversidade, a nosa mellor opción".

ENTROIDO 2015: ADENTRAMONOS NO MUNDO VIRTUAL COS VIDEOXOGOS

Aínda que o tempo puxo difícil esta data, por fin celebramos o entroido. Despois de varios días en que a neve e o estado das estradas nos impediu asistir ao cole, non podiamos perder moito tempo preparando disfraces pero as profes e os profes traballaron moitisimo para que puidesemos ter os nosos disfraces e ao tempo non perdésemos máis clases.

DÍA DA PAZ 2015

Queremos compartir con vós o chulo que nos  quedaron os nosos traballos do día da Paz.Entre todo o alumnado de Infantil e Primaria fixemos carteis coa pomba da paz, coa imaxe de Malala a rapaza premio nobel da Paz 2014, murais con accións que favorecen a paz e as que non e diferentes símbolos da paz.»

Distribuir contido