VISITA DA ASOCIACIÓN ENRIQUETA OTERO

Este xoves, 11 de marzo, tivemos a sorte de contar coa colaboración da Asociación Enriqueta Otero de Lugo que se adica a actividades de prevención e loita contra a violencia de xénero. Dúas das súas integrantes pasaron a mañá con nós para falarnos aos nenos e nenas de Primaria das diferenzas entre nenos e nenas que resulta que...NON EXISTEN! polo menos máis aló das carácterísticas físicas propias de cada sexo.

Os rapaces e rapazas de ESO traballaron en torno a dous temas centrais:

- A imaxe da muller nos medios de comunicación, especialmente na publicidade, para 1º e 2º de ESO.
- A violencia de xénero dentro da parella con 3º e 4º de ESO.

MOITAS GRAZAS POR COLABORAR CO CENTRO!

Aquí quedan as fotos da mañá: