BO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2015

 

Este ano o día da Muller adicámolo a traballar cos xoguetes e o seu uso non sexista, porque os xoguetes non teñen xénero, nin son para nenos ou para nenas, pero ás veces chegan a nos esas mensaxes; non directamente, pero si por medio das cores, das profesións nas que aparecen nenos e nenas, etc. e sobre estas cousas foi sobre o que nos adicamos a reflexionar e traballar.

En Infantil aprendimos novas profesións, a importancia dos xoguetes para desenvolver destrezas para os diferentes traballos e que xoguetes nos poden axudar cando de maiores queremos ser cociñeiros, gandeiras, profes, arquitectas,...  

 

Coa axuda dos alumnos e alumnas de Primaria que prestaron as súas voces preparamos este pequeno vídeo para introducir as actividades e despois pasamos a ver como analizar con lupa e ollo crítico as mensaxes dos catálogos de xoguetes:
 
 

 

 

 E o resumo do día queda neste pequeno álbum de imaxes:

 

ACTIVIDADES PARA ESO

En ESO traballamos coa publicidade e analizamos como é tratada a muller e o que esto supón, aínda que puidemos ver que pouco a pouco hai pequenos cambios e empezamos a ver anuncios onde os homes se responsabilizan das tarefas do fogar, de cociñar, tamén se preocupan polo seu físico, bailan,...; e como nós tamén queremos contribuir nesta tarefa, por gupos elaboramos contrapublicidade cos catálogos de xoguetes sexistas.
Antes tivemos que pasarlle esa lupa crítica aos folletos de diferentes xogueterías e comprobar que segue existindo unha diferenciación de xoguetes para nenas e nenos aínda que non se vexa na primeira ollada e poida pasarnos por alto senón nos paramos a reflexionar.