MESA REDONDA SOBRE O LOBO

O venres 6 de marzo, xunto cos CPI´s de Seoane do Courel, de Cervantes e de Navia de Suarna, participamos como convidados polo CPI de Seoane nunha mesa redonda en torno á figura do lobo na que aparecía representadas todas as posturas:
- Un cazador
- Un gandeiro
- Un representante da Xunta
- Xavier Vázquez Pumariño como ecoloxista
- Jose Vicente López Bao como biólogo e investigador do lobo.

Esta actividade forma parte dun proxecto da Fundación Barrie na que participa o CPI de Seoane do Courel e no que participan outros centros dos Ancares e ao que nos convidan a algunhas actividades. Puidemos escoitar posturas opostas sobre este tema, preguntar as nosas dúbidas, debater sobre un tema polémico como é o lobo,... antes dunha apetitosa comida-buffet á que nos convidou o CPI de Cervantes que foi o anfitrión nesta ocasión.

Despois de calmar a nosa fame, todos e todas os rapaces e rapazas dos 4 centros participamos en xogos cooperativos. Coma sempre, a pena foi ter que marchar!

GALERÍA DE FOTOS