VISITA AOS LUGARES DE INTERESE DA NOSA LOCALIDADE: PEDRAFITA DO CEBREIRO

O venres 13 de marzo o alumnado de Infantil e Primaria visitamos os lugares máis característicos da nosa localidade, que os temos ao lado pero moitos e moitas nunca os visitaramos:

- Centro de Control de túneles coa sorte de que ese día puidemos ver moi de cerca unha das súas máquinas quitaneves.
- Oficina de Correos, onde o noso carteiro nos explicou o recorrido que fan as cartas e os paquetes ata chegar ás nosas casas.
- Queixería O Castelo, onde nos explicaron o proceso de fabricación do queixo do Cebreiro e probamos o queixo con marmelo, que nos gustou moito, bueno, a case todos.
- O Edificio do Concello, onde visitamos as diferentes dependencias e nos explicaron o proceso de rexistro dos nenos e nenas que nacen no Rexitro Civil; como os nenos e nenas de 4º e 6º están estudando o tema da demografía aproveitaron para facer interesantes preguntas sobre o crecemento demográfico en Pedrafita.

Foi unha intensa pero interesante e aproveitada xornada. Todo o que aprendemos sobre o que temos ao noso redor!