XORNADA DE OCIO E CONVIVENCIA EN NAVIA CO PROGRAMA XOGADE ENTRE OS CENTROS DA COMARCA

Xornada de pimpón en compaña dos centros de Seoane, Cervantes e Navia. Aquí quedan as fotos:

VISITA AOS LUGARES DE INTERESE DA NOSA LOCALIDADE: PEDRAFITA DO CEBREIRO

O venres 13 de marzo o alumnado de Infantil e Primaria visitamos os lugares máis característicos da nosa localidade, que os temos ao lado pero moitos e moitas nunca os visitaramos:

VISITA DA ASOCIACIÓN ENRIQUETA OTERO

Este xoves, 11 de marzo, tivemos a sorte de contar coa colaboración da Asociación Enriqueta Otero de Lugo que se adica a actividades de prevención e loita contra a violencia de xénero. Dúas das súas integrantes pasaron a mañá con nós para falarnos aos nenos e nenas de Primaria das diferenzas entre nenos e nenas que resulta que...NON EXISTEN! polo menos máis aló das carácterísticas físicas propias de cada sexo.

Os rapaces e rapazas de ESO traballaron en torno a dous temas centrais:

SAÍDA AOS SITIOS DE INTERESE DE PEDRAFITA CO ALUMNADO DE PRIMARIA E INFANTIL

13/03/2015 10:30
Atlantic/Bermuda

ENTREGA DE BOLETÍNS DE 2ª AVALIACIÓN E INICIO DAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

27/03/2015 17:15
07/04/2015 10:30
Atlantic/Bermuda

Boas vacacións e vémonos o martes dia 7 no cole!

OBRADOIROS DA ASOCIACIÓN ENRIQUETA OTERO

12/03/2015 10:30
12/03/2015 15:00
Atlantic/Bermuda

  

10:30-11:30 EDUCACIÓN PRIMARIA

11:30-13:00 1º-2º ESO

13:30 - 15:00 3º-4º ESO

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2015-2016

O alumnado que está matriculado no centro ten garantía de permanencia, polo que o cambio de curso, ciclo ou etapa non requerirá un novo procedemento de admisión, agás no caso do alumnado de 4º de ESO ou de cambio de centro educativo.

MESA REDONDA SOBRE O LOBO

O venres 6 de marzo, xunto cos CPI´s de Seoane do Courel, de Cervantes e de Navia de Suarna, participamos como convidados polo CPI de Seoane nunha mesa redonda en torno á figura do lobo na que aparecía representadas todas as posturas:
- Un cazador
- Un gandeiro
- Un representante da Xunta
- Xavier Vázquez Pumariño como ecoloxista
- Jose Vicente López Bao como biólogo e investigador do lobo.

A DIVERSIDADE A NOSA MELLOR OPCIÓN

Materiais realizados polo alumnado durante o obradoiro da Cruz Vermella organizado polo Departamento de Orientación no mes de decembro "A diversidade, a nosa mellor opción".

Distribuir contido