Skip to Content

Saída ao Museo de Pontevedra

O día 24 de abril, o alumnado de 1º ESO, fomos de visita ao Museo de Pontevedra, organizado polo Departamento de Xeografía e Historia, como actividade complementaria da asignatura.

 

VER FOTOS

SAÍDA A PONTEVEDRA

O día 21 de marzo, os alumnos da ESO fomos a Pontevedra para visitar o Salón do libro. Disfrutamos da exposición, A toda máquina,acompañados dunha guía que nos explicaba os diferentes inventos e contestaba as nosas curiosidades.

Tamén disfrutamos dos numerosos contos e traballos que expoñían os diferentes Colexios, incluído o noso.

Á saída fixemos un percorrido polo casco antigo de Pontevedra. Comezando na ponte do Burgo, sobre o río Lérez e rematamos na Basílica de Sta. María. As profesoras que nos acompañaban, ían explicándonos algo da súa historia, mentres camiñabamos polas rúas.

 

 

 

VER FOTOS

 


Visita de Ana Alonso

O pasado día 20 de marzo visitounos a escritora Ana Alonso que nos presentou  La llave del tiempo: unha serie de 8 libros traducidos a varios idiomas e escritos por ela e o seu home Javier Pelegrín. Estes son: La torre y la isla, La esfera de Medusa, La ciudad infinita, El jinete de plata, Uriel, La puerta de Caronte, El palacio del silencio, El viaje de Zoe.

Ana Alonso naceu en Terrasa no 1970, creceu nunha casa rodeada de libros o que contribuíu a desenvolver a súa afección pola literatura. Xa de moza escribía pequenas historias en cadernos pero non foi ata que gañou un concurso de poesía cuxo premio era a publicación dun libro, cando comezou a desenvolver a súa actividade literaria de forma pública. Estudou Ciencias Biolóxicas na Universidade de León. No 2006, publicou: La torre y la isla -primeiro libro escrito con Javier Pelegrín. Actualmente ela exerce de bióloga e tradutora e el de profesor de lingua nun instituto. Pero ambos seguen desenvolvendo a súa actividade literaria.

2ª SEMANA DA FROITA

Por segunda semana neste curso , producíuse o reparto de froita variada á hora do recreo.


 

 

VER FOTOS

A princesa do Caurel

Os nenos e nenas de 6º de Alternativa de 6º preparamos un conto para representárllelos aos nenos de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria.

O conto titúlase A princesa do Caurel.

Nós mesmos fixemos os disfraces e o decorado. Foi o primeiro venres despois das vacacións de Pascua. Pasámolo moi ben e aplaudíronnos moito.

 

 

Ver fotos

EXCURSIÓN FIN DE CURSO -4º ESO-

Este ano  os alumnos de 4º de ESO do CPI do Toural realizaron a viaxe de final de curso a Londres durante a penúltima semana de marzo. Alí disfrutaron das visitas aos lugares e monumentos máis relevantes desta inmensa capital.

Algunha destas actividades foron de carácter mais tradicional , coma as visitas aos museos (véxase a foto no British) , rúas e monumentos  de renome internacional; e outras de carácter máis lúdico coma a cea no primeiro Hard Rock Café do mundo, a viaxe na noria London Eye, o cruceiro polo Támesis…..

Malia o  frío e a choiva, aquí podedes disfrutar dunhas fotos ben simpáticas.

ENTROIDO 2013

                       caretas feitas pol@s alumn@s de 6º de Primaria


VER FOTOS

CONCURSO DE POSTRES DO ENTROIDO

Día da Paz

      Segundo unha lenda xaponesa, o teu maior desexo farase realidade, se constrúes 1000 grúas de papel. E iso foi o que fixemos todos os alumn@s e profesor@s para celebrar o día da Paz e a No violencia, encher de grúas os corredores do colexio , facendo papiroflexia durante dúas semanas.

      O mesmo Día da Paz, o 30 de xaneiro, cantamos todos xuntos baixo as grúas, a canción "Paz, Paz, Paz" de Juanes.


EDUCACIÓN SECUNDARIA ( en renovación)

           
1º ESO A   1º ESO B        
 

MAGOSTO 2012

O venres 9 de novembro, celebramos o Magosto. Divertímonos moito cos xogos populares, escoitamos pezas tradicionais que tocaron os nosos compañeiros , e  sobre todo, comemos castañas...

Preme na imaxe para ver as fotos do Magosto

                                     

 

 

HÁBITOS SAUDABLES PARA O MEDIO Blog

                     ImageShack, share photos, pictures, free image hosting, free video hosting, image hosting, video hosting, photo image hosting site, video hosting site                       ImageShack, share photos, pictures, free image hosting, free video hosting, image hosting, video hosting, photo image hosting site, video hosting site       PREME NAS IMAXES

Co obxectivo de concienciar aos nosos alumnos e alumnas sobre o

Distribuir contido

CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.