Skip to Content

OS GRANDES MESTRES DA PINTURA



O pasado día 16 de marzo deste ano, os alumnos do colexio do Toural visitamos a exposición: Grandes Mestres da Pintura, na cidade de Vigo, co obxectivo de coñecer a colección Zanchi, integrada por pezas excepcionais pertencentes ao Renacemento e ao Barroco italiano, así como por pintura flamenga e holandesa dos séculos XVI e XVII.
Co afán de divulgar a arte na comunidade galega, esta exposición mostra corenta pezas (quince obras, entre táboas e lenzos e dúas esculturas) desta colección suíza, catalogadas polo profesor Didier Bodart.
Desde Durero, coñecido humanista do Renacemento alemán e mestre do gravado, ata Turner, autor da Antiga Roma na obra Agripina desembarca coas zinsas de Xermánico, que, co seu romanticismo inglés, anunciou a posterior chegada do Impresionismo, pasando por Tiziano, pintor italiano máis importante na escola veneciana, Luca Giordano, coa súa perfecta armonía de cores, e Van Dyck, co seu Sileno ebrio. Sen esquecer aos grandes mestres, coma Miguel Anxo, coa súa xenial escultura de bronce Átropos, Parmiginiano " o pequeno parmesón ", que aporta elegancia, gracia e serenidade á súa Virxe do pescozo longo; Rubens, coa singular obra Susana e os Vellos e o conmovedor descendemento da Cruz; Mantegna, co cadro relixioso da Virxe e o neno, e Caravaggio, coa Incredulidade de Tomé.
Unha excelente oportunidade para ser testigo do talento innato destes grandes mestres da pintura.
Alba Portela Acuña 2º B



CONTRATOS PROGRAMA

.

Plan de consumo da froita

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Guardar

,

PLAN PROXECTA

.

ARCO

.

page | by Dr. Radut