Xeografía e Historia

Unha tarde de outono

A tarde era azul. Ou negra. Ou azul e negra.

Estabamos atentos, ensimesmados, case sumidos no hipnotismo. 

 

Ficheiros adxuntos

OS GRANDES MESTRES DA PINTURA



O pasado día 16 de marzo deste ano, os alumnos do colexio do Toural visitamos a exposición: Grandes Mestres da Pintura, na cidade de Vigo, co obxectivo de coñecer a colección Zanchi, integrada por pezas excepcionais pertencentes ao Renacemento e ao Barroco italiano, así como por pintura flamenga e holandesa dos séculos XVI e XVII.
Co afán de divulgar a arte na comunidade galega, esta exposición mostra corenta pezas (quince obras, entre táboas e lenzos e dúas esculturas) desta colección suíza, catalogadas polo profesor Didier Bodart.

O BOSQUE E A PONTEVEDRA MONUMENTAL

O pasado día 1 de Febreiro, os alumnos de 1º e 2º de ESO do Toural trasladámonos a Pontevedra para ver a exposición " O Bosque ", na Alameda, onde nos explicaron as diversas funcións que teñen as árbores na Natureza. A escasos metros, atópanse as ruínas de santo Domingo, antigo templo, agora convertido en Museo Arqueolóxico. Logo , visitamos a zona monumental, acompañados por dúas mestras do centro e Dna. Pepi Clavijo, que fixo de guía.
Primeiro pasamos pola Catedral Basílica de Santa María A Maior, onde descubrimos que a patrona de Pontevedra é María de la O e non a Virxe Peregrina, como se cría. Baixando por unha rúa chegamos á Praza das Cinco Rúas, cun interesante cruceiro situado diante da que fora a casa de Valle Inclán. A continuación, pasando polo Liceo Casino, está a Praza do Teucro.
Deseguido, atopámonos coa Praza de Méndez Núñez, presidida pola estatua de bronce de Valle Inclán e a casa na que viviu e morreu o almirante Méndez Núnez. Tamén visitamos a Praza de Abastos, tamén coñecida como Praza do peixe; moi preto, atópase a praza da Pedreira, antiga praza da Herba.

Historia

A saida sera aVigo

historia

Salida de los alumnos de 2º ESO el dia 16 de Marzo

MARCHANDO EN VALORES

Departamento de historia e tecnoloxía

Distribuir contido