Novas nais/pais

Día de Rosalía

Durante o mes de  febreiro, o alumnado do CPI Plurilingüe de Santa Lucía, traballou cos poemas da escritora Rosalía de Castro e aproveitando que en marzo, conmemórase o día mundial da poesía, deixámosvos esta pequena mostra dos seus recitados. 

Esperamos que vos guste!

 

Mandatos do Entroido

Benvidos Entroido!

 

Comezamos a semana máis divertida do ano, a semana do Entroido!

Como queremos pasalo xenial dende o primeiro día, lembrade o que nos di BOTI para animarnos a disfrutar!

Aquí tendes o último mandato de BOTICPI3MO:

                      

                              

REPARTO DE MÁSCARAS FACIAIS – ALUMNADO ESO.

Estimadas familias:

Con data do 13 de novembro foi publicada no DOG a "Orde que regula o acceso ás máscaras de protección que a Xunta pon á disposición do alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato".

Seguindo a Orde anterior, cada alumno/a do noso centro que recibiu a principios de curso a axuda de material escolar da Xunta, recibirá tres máscaras faciais reutilizables, homologadas e certificadas ata 59 lavados. Podedes consultar o Certificado 12903 e o Certificado 19980 das máscaras adquiridas.

A partir do luns 11 de xaneiro repartiranse as máscaras correspondentes ao alumnado de ESO. As máscaras serán entregadas a un dos proxenitores, que poderán recollelas na Secretaría do centro en horario de 09.45h a 12.00h e de 13.30h a 14.00h. 

Nos vindeiros días avisaremos das datas de recollida das máscaras destinadas ao alumnado de primaria.

Un saúdo,

Silvia Padrón

Directora.

Escola de familias - Videoconferencia

Estimada comunidade educativa,

 

Hoxe ás 19 horas levaremos a cabo a videoconferencia sobre o manexo da aula virtual para familias, é dicir, educación a distancia ofrecida polo CFR de Pontevedra.

 

Enlace da videoconferencia (estará dispoñible a partir das 18:45 horas):

                 

                                VIDEOCHAMADA

 

*Lembrade: clicar "únanse desde el navegador",  poñer o voso nome e o enderezo electrónico (nonresponder@edu.xunta.gal) e premer "unirse a la reunión". 

Un saúdo.

 

Equipo TICs.

Mascota escolar

Estimada comunidade educativa,

Xa temos mascota de centro.

A creadora da mascota é Dafne Piñeiro Ballesteros, que ó saír seleccionada recibiu a súa recompensa.

                   

Mascota escolar

Estimadas familias,

Este ano o centro organizou un concurso de mascotas, e éstas son as finalistas.

O venres comunicaremos o gañador ou gañadora.

 

                                      mascota

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Estimadas familias,

Hoxe celebramos o Día Internacional contra a violencia de xénero, e dende o centro quixemos aportar o noso gran de area na loita contra esta lacra social.

 

                                     

Escola de familias - Educación a distancia

Estimadas familias,

O vindeiro venres 4 de decembro do 2020, levarase a cabo a formación ofrecida polo CFR Pontevedra a través do CPI Santa Lucía, dirixida ás familias.

Todos aqueles e aquelas que queirades participar, teredes na páxina web do centro, 30 minutos antes da formación, o enlace da mesma.

Unha vez que cliquedes, tedes que escribir o voso nome (Juan) e no enderezo electrónico (nonresponder@edu.xunta.gal).

Animádevos a participar.

 

Un saúdo.

Equipo Tics.

 

                                          

Powered by Drupal - Design by artinet