MENÚS COMEDOR 2º TRIMESTRE

12/30/2021 13:58
Africa/Addis Ababa

MENÚS DO 2º TRIMESTRE:

 

-Xaneiro 2022

-Febreiro 2022

-Marzo 2022

 

UN SAÚDO

A DIRECTORA

MARÍA FERNÁNDEZ FERRO

Lecturas recomendadas para o Nadal

Bo Nadal!

Estimadas familias,

 

Dende o CPI Plurilingüe Santa Lucía, queremos desexarvos un marabilloso Nadal e un ano 2022 que veña cargado de boas novas.

Compartimos con vós este precioso agasallo feito con moita ilusión por todas as persoas que formamos parte desta comunicade educativa.

Bo Nadal e Feliz Aninovo!

 

                                                                              Lipdub

MERCADO SOLIDARIO

Esperámosvos no mercado solidario que se levará a cabo na biblioteca do centro o luns 20 de decembro!

Pica na imaxe para ver o cartel.

 

*As máscaras que se entreguen deberán vir no seu correspondente embalaxe.

 

 

MERCADO SOLIDARIO

OBRADOIRO PREVENCIÓN DO ABUSO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS DENDE A FAMILIA

12/09/2021 12:14
Africa/Addis Ababa

Estimadas familias:

Informamos de que o próximo martes 14 de decembro se levará a cabo un Obradoiro de Prevención do Abuso das Novas Tecnoloxías dende a familia.

Está destinado ás familias do alumando de ESO. As indicacións para conectarvos e máis detalles, tédelos no seguinte enlace.

IMPORTANTE: CAMBIO DE HORA!!! SERÁ ÁS 19:30

 

Obradoiro novas tecnoloxías ESO

 

Un saúdo

A directora

María Fernández Ferro

Información de interese para o curso 2021/22

Documentos de interese para o curso 2021/22:

Teléfono móbil de contacto. Habilitado unicamente para informar sobre sospeita ou confirmación dun caso de COVID.

649467094

Enderezo electrónico. Habilitado unicamente para solicitar información sobre o protocolo de actuación e as medidas de prevención, hixiene e promoción da saúde implantadas no centro.

infocovidcpisantalucia@gmail.com

 
 

Seguimento de casos de Covid 19

na comunidade educativa do CPI Plurilingüe Santa Lucía

Casos positivos activos confirmados

2

Data de actualización

04/05/22

 
 
 

Resultado do cribado realizado polo Sergas no centro o día 20/05/21

Probas PCR realizadas

392

Positivos confirmados

0

 
 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


 

LISTAXE PROVISIONAL ALUMNDO ADMITIDO NO PROCESO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS NO CURSO 2021-2022

11/30/2021 15:46
Africa/Addis Ababa

Publicada a listaxe provisional de  alumnado admitido e excluído no proceso de distribución de máscaras no taboleiro de anuncios do noso centro.

Tal e como indicaban as instrucións da orde de convocatoria, todo aquel alumnado ao que se lle concedeu a axuda de material neste curso 2021-2022 doi beneficiario desta prestación.

 

Un saúdo

A directora

María Fernández Ferro

Zapatos vermellos

 
 
No CPI Plurilingüe Santa Lucía tinguimos os nosos zapatos de vermello en mostra de todo tipo de violencia contra as mulleres.
Para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, inspirámonos na artista mexicana Elina Chauvet, e na súa obra "Zapatos rojos" onde os zapatos simbolizan as que xa non están, a dor, e o noso rexeitamento cara actitudes contrarias á igualdade e a privación de liberdades.
 
 

 

INVITACIÓN Á PRESENTACIÓN DO LIBRO VIOLETA DOS HOMES E MULLERES DE MORAÑA

11/24/2021 13:21
Africa/Addis Ababa

PRESENTACIÓN LIBRO VIOLETA DOS HOMES E MULLERES DE MORAÑA

Dende o Concello convídannos a asistir á presentación do "Libro violeta dos homes e mulleres de Moraña" feito polos nenos e nenas do noso centro e as súas nais.

A súa presentación será o venres 26 de novembro no auditorio do edificio Multiusos de Moraña.

 

Un saúdo

A dirección

 

Invitación

Powered by Drupal - Design by artinet